A V CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS TERÁ LUGAR EN BARREIROS O 28 DE MAIO

A V CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS TERÁ LUGAR EN BARREIROS O 28 DE MAIO. ESTE ANO ESTREASE UN NOVO PERCORRIDO PARA OS ADULTOS. A PROBA FOI PRESENTADA.190417 Foto carreira praias Barreiros

Pincha para ampliar foto

Barreiros, 19 de abril de 2017. Presentada en Barreiros a V Carreira Popular das Praias, proba que terá lugar o 28 de maio ás 11:15 para carreiras infantís, e ás 12:30 para adultos.

Ao acto de presentación acudiu o alcalde, Alfonso Fuente Parga, membros da organización e varios corredores da zona, que despois aproveitaron para facer o percorrido a modo de adestramento.

Este ano como novidade estrease un novo percorrido para adultos. A saída será dende a praia de Arealonga e recorreranse todas as praias de mar do concello,  Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Así mesmo pasarán polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, “algo que fai desta carreira algo especial”, segundo a organización. Os participantes contarán con servizo de traslados (a partires das 11:45 horas) dende a zona de meta ata a saída antes da carreira, as carreiras infantís serán na praia de Altar.

O prazo para inscribirse remata o 25 de maio e pode formalizarse dende a web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *