A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) VOLVERÁ Á ENTRADA DO HOSPITAL O PRÓXIMO MARTES 7 DE AGOSTO.
A mesa informativa para [email protected] , profesionais ou colectivos colocarase na entrada principal en horario de 11 a 13 horas.
O vindeiro martes día 7 de agosto a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ( UMAR ) volve a estar na entrada principal da Mariña en horario de 11 a 13 horas para atender todas aquelas dúbidas que poidan xurdir en temas de agardas, derivacións ou outras , tanto a [email protected] como a profesionais ou colectivos. Do mesmo xeito, ofrécese tamén para axudar na redacción de reclamacións a quen precise e mesmo na súa entrega no rexistro.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animamos a [email protected] [email protected] veciñ@s que queiran reclamar por considerar que hai atrasos para facer unha proba diagnóstica, para unha consulta ou unha intervención cirúrxica que se acheguen ate a entrada do hospital e contacten con nós.
A Plataforma Sanitaria quere recordar tamén que durante o mes de agosto só funcionará a UMAR no hospital , aplazándose a UMAR que o terceiro martes de mes tería que estar nun centro de saúde ata setembro.