A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) VOLTA O MARTES 4 DE SETEMBRO  Á ENTRADA PRINCIPAL DO HOSPITAL

A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS (UMAR) VOLTA O MARTES 4 DE SETEMBRO  Á ENTRADA PRINCIPAL DO HOSPITAL.

 Desde a Plataforma Sanitaria anuncian tamén que a UMAR retoma a súa actividade en Atención Primaria o terceiro martes de setembro,  despois do descanso estival.

A Mariña 31 de agosto de 2018. A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións  (UMAR)volverá colocarse o vindeiro martes 4 de setembro na entrada  principal do Hospital da Mariña. A mesa informativa colocarase no seu horario habitual, de 11 a 13 horas, para proporcionar información a usuari@s , profesionais e colectivos en materia de derivacións e  agardas , e mesmo prestarán axuda para redactar reclamacións e para a súa presentación no rexistro.

A Plataforma Sanitaria informa tamén de que a actividade da UMAR en Atención Primaria retomarase, tras un período de descanso estival no Centro de Saúde de Viveiro. Será o  terceiro martes de mes, o día  18 de setembro de 11 a 13 horas.

  A maior parte das reclamacións respaldadas pola UMAR foron resoltas en tempo record.

O colectivo sanitario amosa a súa  total satisfacción e cataloga como un éxito a implantación destas mesas informativas, polas que pasaron numeros@s mariñás e mariñaos  demandando información, manifestando o seu malestar pola deriva da sanidade pública e  presentando reclamacións. A maior parte das reclamacións respaldadas por esta Unidade Móbil foron resoltas case de inmediato pola dirección do hospital , o cal da unha idea da incompetencia  xestora  da  Xerencia ,  máis tamén  revalida a importante función social que está a desenvolver este dispositivo móbil , totalmente instalado na comarca da Mariña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *