A UNIDADE MÓBIL DE AXUDA COAS RECLAMACIÓNS ( UMAR ) IRÁ AO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADEO O VINDEIRO MARTES.
A Mariña 14 de Abril de 2018. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ( UMAR ) posta en marcha pola Plataforma Sanitaria e que se estrenou o pasado día 3 de abril na entrada do hospital, con gran aceptación entre @s veciñ@s , anuncia que o próximo destino da mesma será o Centro de Saúde de Ribadeo.
Dita unidade consiste nun punto ou mesa informativa que se colocará na entrada do Centro de Saúde de Ribadeo, e que en horario de 11 a 13 horas , informará @s profesionais e veciñ@s das dúbidas que poidan ter en canto a tempos de agarda , derivacións e tamén prestará axuda a [email protected] [email protected] que desexen facer unha reclamación. Desde a Plataforma Sanitaria animamos ás veciñas e veciños de do Concello de Ribadeo a que se acheguen ate o centro de saúde se teñen calquera dúbida por resolver porque alí serán informados e prestaráselles axuda .