A  UMAR  ATENDE  NO CENTRO DE SAÚDE DE LOURENZÁ AS DEMANDAS QUE,  DE FORMA MASIVA SE TRANSFORMARON EN RECLAMACIÓNS POLA  FALTA DE COBERTURA DA PEDIATRA

A  UMAR  ATENDE  NO CENTRO DE SAÚDE DE LOURENZÁ AS DEMANDAS QUE,  DE FORMA MASIVA SE TRANSFORMARON EN RECLAMACIÓNS POLA  FALTA DE COBERTURA DA PEDIATRA.

En menos de dúas horas a mesa informativa recolleu unhas trinta reclamacións , formándose colas para   denunciar públicamente a súa indignación pola negativa  do Sergas  para substituir  á pediatra.

Un grupo moi numeroso de veciñas e veciños acudiron o pasado martes ao  centro de saúde de Lourenzá, onde se ubicou a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR), para reclamar a cobertura plena e estable da pediatra que ate o día de onte se atopaba en situación de baixa laboral e sen substituir, xerando  por elo serios problemas de asistencia nas localidades donde desenvolve a súa acitividade profesional.

A incorporación da pediatra ao seu posto de traballo non impediu que as nais,pais ,avoas, avós e veciñ@s deste concello quixeran deixar constancia expresa do seu rexeitamento a esta negativa do Sergas para cubrir calquera ausencia xustificada da profesional, como está a ocurrir nos concellos de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo , xerando agardas para exames de saúde e consultas ordinarias de case tres meses. Según manifestaron @s numeros@s veciñ@s alí congregad@s  “ ainda que a pediatra se incorporou da súa baixa nuns días voltamos a estar igual pois vai coller vacacións e ,se o Sergas non quixo cbrir unha baixa médica con menos motivo cubrirán as súas vacacións, co cal a situación de desamparo que temos voltará nuns días”– dicían algunhas nais visiblemente preocupadas.

Desde a Plataforma Sanitaria engaden que “ esta situación é totalmente esperpéntica e o Sergas non fai máis que dar excusas  moi pouco cribles e que nos levan a pensar que as súas políticas recortadoras chegaron xa a un punto no que se está a volver contra eles ; agora mesmo cremos que se estan a sentar por riba dun polvorin a punto de estoupar”.

 

 

 

O feito de que en menos de dúas horas se redactaran  unhas trinta reclamacións en demanda dun servizo de pediatría estable, independentemente dos permisos que poida solicitar a titular, “ danos unha aproximación do grado de malestar social que hai na comarca e que a pouco que o Sergas manteña a súa actitude desencadenará novamente movementos de contestación social masivos”– conclúe a coordinadora do colectivo sanitario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *