A SESIÓN TEATRAL EN BENEFICIO DA ASOCIACIÓN RING 14 ESPAÑA

O GRUPO PICO DO CASTRO LEVA A SUA OBRA O CONSULTORIO O DÍA 13 DE DECEMBRO AO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BARREIROS. A SESIÓN TEATRAL VAI EN BENEFICIO DA ASOCIACIÓN RING 14 ESPAÑA.

Barreiros, 4 de decembro de 2015. O grupo teatral Pico do Castro ofrece o vindeiro 13 de decembro ás 19 horas no Centro Sociocultural de Barreiros unha sesión teatral en beneficio da asociación Ring 14 España. A obra escollida para a ocasión é O consultorio e a entrada custa 3 euros.

As entradas están a disposición dos interesados nos locais Cervecería Abadía (Mondoñedo), Bar O Pipote (Lourenzá), Bar Lozano (Celeiro de Mariñaos), Cafetería Centro Social (Barreiros), Bar El Último Cuplé (San Miguel de Reinante), Restaurante El Huerto (Ribadeo), Hostal O Norte (Foz) e Bar O Chícaro (Foz).

Esta sesión de teatro está organizada pola asociación Ring 14 España, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da asociación cultural Pico do Castro.

Teatro Barreiros