A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros recadou 2.565 euros para a Asociación Ring 14 España

A Rede de Voluntariado Local do Concello de Barreiros recadou 2.565 euros para a Asociación Ring 14 España, na cea do VI Día Solidario, celebrada o pasado venres no restaurante A Ribeira, en San Pedro de Benquerencia. Fíxéronlle entrega da recadación o alcalde, Alfonso Fuente, e as voluntarias da Rede a Lucinda Amor, en representación da asociación e como integrante da mesma.
entrega recadación
Desde a Rede de Voluntariado Local do Concello agradecen “a colaboración de todas e todos e dos distintos establecementos que fixeron posible este VI Día Solidario, tanto no desfile benéfico como na cena-baile”.