A PROPOSITO DO GASODUTO

En datas pasadas recibimos o fallo do Tribunal Superior de Justicia de Madrid en relación co procedemento Contencioso Administrativo presentado no seu día polo Concello de Barreiros en contra da aprobación do proxecto do gasoduto “Ramal a la Mariña Lucense”.

Dende o propio Concello e dende a Plataforma lamentamos profundamente que o citado Tribunal non soio non haxa considerado os razoamentos expostos na demanda senón que mais ben haxa buscado xustificación a cada unha das actuacións das partes demandadas para rematar desestimando o recurso.

Sabíamos dende o principio que esta era unha loita difícil; sabíamos tamén que non era unha loita entre iguaís pero tamén estábamos convencidos (e así o manifestamos en máis de unha asemblea) de que soio se perden as guerras nas que non se participa.

De calquera maneira esta guerra non a damos todavía por perdida, esta é soio a primeira batalla e xá os avogados están a preparar o correspondente recurso de casación e así continuaremos recurríndo ata donde sexa necesario, ata o final.

Queremos en primeiro lugar transmitír a tódolos compoñentes da Plataforma o agradecemento por estes anos de traballo en común, en segundo lugar pedírlles que non decaigan no ánimo e agóra que ¡por fin! están a recibír as Follas de Aprecio coa valoración pola ocupación das súas fincas que fagan as alegacións correspondentes porque o Xurado de Expropiación esta multiplicando as indemnizacións ofertadas por Gas Natural.

PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO GASODUTO