A praza do Souto, en San Miguel de Reinante, acolleu o pasado sábado dous espectáculos dentro do programa Vive o Camiño, da Xunta de Galicia

A praza do Souto, en San Miguel de Reinante, acolleu o pasado sábado dous espectáculos dentro do programa Vive o Camiño, da Xunta de Galicia. O grupo Cantata Vernácula con Cantata e Isla Letriska con Letriska Inmobile deleitaron aos asistentes a esta cita, na que o bo tempo tamén foi protagonista.
A actividade enmarcouse no programa Vive o Camiño, que percorre os concellos polos que atravesa o Camiño Norte e que inclúen teatro, maxia, música, novo circo, contacontos e monicreques.
110716 Foto Cultura Camiño Barreiros 2 110716 Foto Cultura Camiño Barreiros 1