A PRAIA DE AREALONGA, EN SANTIAGO DE REINANTE, ACOLLERÁ O VINDEIRO MÉRCORES UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE CASTELOS NA AREA

Álbum fotos Castillos de Arena

La imagen puede contener: una o varias personas y texto

Concello de Barreiros

21 h

A PRAIA DE AREALONGA, EN SANTIAGO DE REINANTE, ACOLLERÁ O VINDEIRO MÉRCORES UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE CASTELOS NA AREA

O vindeiro mércores, 25 de xullo, terá lugar unha nova edición do Concurso de Castelos na Area. Celebrarase a partir das 11:30 da mañá na praia de Arealonga, na parroquia de Santiago de Reinante. O evento está organizado polo Concello de Barreiros.

Estableceranse diferentes categorías e a inscrición para participar deberá facerse de 10:00 á 11:00 horas a carón do posto de socorrismo que hai nese areal.

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “a marea baixa está prevista para as dez menos cuarto da mañá, de aí que a partires das 11:30 dará comezo este tradicional Concurso de Castelos na Area, no que se poderán ver auténticas obras de arte, como ven sendo habitual”.

O rexedor anima “a participar nesta cita, na que haberá diferentes premios para os gañadores e gañadoras desta edición”.

BASES

Inscricións: 10:00 a 11:00 horas

Categorias:

– Categoria especial grupo : 10 nenos + 1 monitor

– Categoria peques: 3-6 anos( acompañados dun adulto ata 4 participantes)

– Categoria infantil: 7-12 anos ( ata 4 participantes)

– Categoria xuvenil: 13-17 anos( ata 4 participantes)

– Categoria adultos : Ata 4 participantes por grupo

Competición: Ata ás 13:00

Premios ás 13:15

1 por categoria.

Xurado composto por 1 monitor de inscricións, 1 monitor, 1 socorrista, 1 representante do Concello de Barreiros

Barreiros, 23 de xullo de 2018. O vindeiro mércores, 25 de xullo, terá lugar unha nova edición do Concurso de Castelos na Area. Celebrarase a partir das 11:00 da mañá na praia de Arealonga, na parroquia de Santiago de Reinante. O evento está organizado polo Concello de Barreiros.

Estableceranse diferentes categorías e a inscrición para participar deberá facerse desde as 10:30 horas a carón do posto de socorrismo que hai nese areal.

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “a marea baixa está prevista para as dez menos cuarto da mañá, de aí que a partires das 11:00 dará comezo este tradicional Concurso de Castelos na Area, no que se poderán ver auténticas obras de arte, como ven sendo habitual”.

O rexedor anima “a participar nesta cita, na que haberá diferentes premios para os gañadores e gañadoras desta edición”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *