A PLATAFORMA SANITARIA FAI UN CHAMAMENTO A TODA A COMARCA PARA QUE O VINDEIRO 1 DE MARZO SAIA MASIVAMENTE Á RÚA A DEFENDER A SANIDADE PÚBLICA.
A manifestación sairá ás oito da tarde do Hospital da Costa e rematará coa lectura dun manifesto na Praza do Concello.
O vindeiro xoves 1 de Marzo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña ten convocada unha gran manifestación que sairá do Hospital da Costa ás oito da tarde e ,tras percorrer as rúas de Burela rematará na Praza do Concello , onde se dará lectura a un manifesto.
“Desde a Plataforma Sanitaria facemos un chamamento a todas as mariñás e mariñaos para que saian masivamente á rúa a defender a sanidade pública e rexeitar a supresión da área sanitaria da Mariña”-. Este colectivo apunta que existen motivos de sobra para sair á rúa , desde o paulatino aumento nas derivacións cara a Lugo que se ven dando desde que se implantou a EOXI no ano 2013, os datos sobre os tempos de agarda para consultas probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas absolutamente falseados ate a percepción por parte da veciñanza da merma da calidade asistencial pola sobrecarga á que se ten sometida ás plantillas insuficientes.
A Plataforma Sanitaria chama ao peche do comercio en apoio a esta inxusta reforma da lei de saúde que creará máis desigualdade.
A Plataforma Sanitaria quere tamén facer un chamamento ao comercio para que peche un pouco antes do seu horario habitual facilitando deste xeito a asistencia [email protected] [email protected] e sumándose ás reivindicacións do colectivo que pide a retirada do proxecto de reforma da lei de saúde . De aprobarse eliminarase a área sanitaria da Mariña e pasaremos a ser pacientes de Lugo, aumentando os desprazamentos cara á capital para consultas, probas diagnósticas ou intervencións.
Para máis información chamar a Víctor Vila 677343429