A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA QUE O SERGAS PENALIZA ÁS PERSOAS SEN RECURSOS ECONÓMICOS

A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA QUE O SERGAS PENALIZA ÁS PERSOAS SEN RECURSOS ECONÓMICOS.

 Un paciente, derivado á privada para operarse, solicita que lle abonen os gastos de desplazamento por carecer de recursos económicose  e o SERGAS rexeitao.

A Mariña 15 de febreiro de 2019.A Plataforma Sanitaria denuncia a política do SERGAS de derivación para intervencións cirúrxicas a Lugo e Coruña e a penalización ás persoas que , por falta de recursos económicos non poden desprazarse a ditas cidades.

O colectivo expón o caso dun paciente que sufriu rotura de menisco en xeonllo esquerdo que presentou reclamación en Atención ao Paciente con data de 14 de febreiro de 2019 e número de rexistro 542 ,e que amosa a súa indignación co SERGAS,pois  trátase dun enfermo sen recursos económicos  que se sinte abandonado polo sistema.

O paciente acude á consulta de Traumatoloxía  e o día 26 de xuño de 2018 entra en lista de agarda para ser intervido  cirúrxicamente. Na primeira semana de xullo é chamado desde o Hospital da Mariña para ofertarlle a operación na privada de Lugo ou Coruña . “ Eu non me neguei a ir á privada , simplemente expliquei  que a miña situación social e económica impídeme desprazarme a máis de cen quilómetros se o SERGAS non me abona os gastos de desplazamento, algo que desde o Servizo de Saúde rexeitaron”- comenta indignado.

Desde o momento en que o paciente solicita o pago dos gastos para poder desplazarse até o hospital privado e obtén unha negativa por resposta, a maiores pasa a unha lista B ( non estrutural, chámanlle na EOXI ) para ser operado no Hospital da Mariña. Por ista razón ponse en contacto coa Plataforma Sanitaria para solicitar axuda na redacción e rexistro da pertinente reclamación, xa que desexa denunciar públicamente este agravio   e facendo responsable á Xerencia do Hospital da Mariña das consecuencias para laborais e para a súa saúde que supón este castigo, e sen descartar a vía xudicial. “ Por riba de estar enfermo, con moita dor , con incapacidade funcional e con risco de perder o meu emprego pola longa baixa son penalizado a unha lista paralela por non dispor de recursos económicos”- relata emocionado.

Desde a  este colectivo sanitario esiximos á Xerencia do Hospital que comece a poñerse no lugar dos veciños e veciñas en lugar de acatar ao dediño as directrices que lle marcan desde as cúpulas do SERGAS e do goberno da Xunta.” Ás veces faise necesario, para defender os intereses dos máis débiles e desprotexidos, actúar con certa insubmisión e enfrentarse a quen carece de sensibilidade e empatía, xa que a sanidade é un ben común que debe tratarnos a [email protected] por igual, independentemente de onde vivamos e dos nosos recursos económicos”- conclúen desde a Plataforma Sanitaria.