A PLATAFORMA SANITARIA APOIA A FOLGA DO 8 DE MARZO E ANIMA A TODAS AS MULLERES DA MARIÑA A QUE SE ADHIRAN A ELA, NA MEDIDA DAS SÚAS POSIBILIDADES

A PLATAFORMA SANITARIA APOIA A FOLGA DO 8 DE MARZO E ANIMA A TODAS AS MULLERES DA MARIÑA A QUE SE ADHIRAN A ELA, NA MEDIDA DAS SÚAS POSIBILIDADES.

Secunda e adherirase ás concentracións que se farán nos Concellos ás 12:30 horas , así como tamén aos actos reivindicativos da tarde.

A Plataforma sanitaria anuncia que apoiará e participará na folga de mulleres do vindeiro 8 de Marzo acudindo ás concentracións que se celebrarán ás 12:30 horas diante dos Concellos de Viveiro, Burela e Ribadeo. Tamén participarán nos actos reivindicativos que se celebrarán en Burela durante a tarde do día 8 de Marzo, segundo lles sexa posible, xa que en moitos casos os servizos mínimos nomeados nos postos de traballo semellan máximos.

Do mesmo xeito animan a todas as mulleres da Mariña a que se adhiran a esta folga que vai máis alá do laboral , facendo un chamamento a facer tamén unha folga de consumo e de coidados. Existen motivos de sobra para secundar esta folga , desde a fenda salarial, as pensións máis cativas ou mesmo que somos as mulleres as que maioritariamente pedimos excedencias ou permisos para o coidado das crianzas ou familiares dependentes e ate o acoso que estamos a sufrir todos os días na rua, nos traballos ou na nosa casa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *