A PLATAFORMA NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA PRESTARÁ AXUDA @S DOENTES QUE PRECISEN FACER RECLAMACIÓNS OU QUEIXAS
A Mariña, 7 de novembro 2017. [email protected] integrantes da Plataforma Sanitaria están a ser [email protected] das queixas de veciñas e veciños, que [email protected] ante os inaceptables retrasos nas citacións para diversas consultas de atención especializada, moitas veces de mais de un ano, ven neste colectivo unha posible saída ás súas reclamacións . Desde a Plataforma Sanitaria manifestan a súa total disposición para prestar a súa axuda a todas aquelas e aqueles doentes ou familiares que precisen facer unha reclamación ou poñer unha queixa no servizo de atención ao doente, tanto no referente ás listas de agarda coma nos casos de derivacións ou en calquera cuestión que precisen aclarar. Do mesmo xeito, a Plataforma Sanitaria ofrécese a actuar como canle para facer públicas as súas queixas se así o desexaran.
Para poñerse en contacto coa Plataforma bastaría con enviar un correo electrónico a [email protected], ou mesmo contactar persoalmente con calquera [email protected] da Plataforma Sanitaria .
Para máis información chamar a Víctor Vila 677343429