A peña barcelonista San Miguel organiza unha churrascada.
Este sábado 5 de setembro a peña barcelonista San Miguel celebra a xa tradicional churrascada de comezo de temporada.
Como en pasados anos será no campo de fútbol das Valgas, en San Miguel de Reinante.
O menú consistirá en entrantes, churrasco, criollos, tortilla, postre, café e licores.
O prezo para non socios será de 15 € e 6 € para nenos ata 13 anos. O prazo para apuntarse remata o mércores día 2 de setembro.
Os interesados poderán contactar no tfno. 649 57 13 60.
Os socios da peña decidirán ese día os desprazamentos para ir ve-lo Barça esta temporada. Barcelona, Xetafe e San Sebastián soan con forza, ademáis dos máis próximo Vigo, Coruña e Xixón.
Informar tamén que a peña ten aberto o prazo de alta de socios, con unha cota anual de 36 €. Os interesados en recibir máis información podense dirixir ó correo [email protected] ou ben ó tfno. 649 57 13 60.
Os socios da peña veñense xuntando habitualmente no Restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia, para ver por TV os partidos do Barça e convidan a todo-los afeccionados culés a participar con eles os días de partido.