A aula das nenas dos Colexios Vellos de San Miguel, arredor de 50 anos despois

"Manuela Vilaboy, Laura Cabarcos e Suso Rodríguez; presentando o documental "Lembrazas dunhas escola unitaria" de Cabreiros."

A aula das nenas dos Colexios Vellos de San Miguel acolleu hoxe, arredor de 50 anos despois, a algúns dos seus antigos alumnos nenos daquela. Entre eles, AntónCosta Rico que nos acompañou para lembrarnos de cómo xurdiron as escolas unitarias e as habaneras, e qué supuxo aquel xeito de aprender no rural. Tamén estivo Yolanda Neira do CRA do Boqueixón-Vedra onde as unitarias seguen a ser unha realidade e fan ben certo aquel dito de que “as cousas grandes saen de sitios pequenos”, e co lema de que “na aldea que hai unha escola viva, non medran as hedras”. E finalmente, compartimos un momento de cinema vendo o documental “Lembranzas dunha escola unitaria” de Cabreiros, xunto con Suso Rodríguez, Manuela Vilaboy e Laura Cabarcos: unha mostra de canto de importante é que como comunidade nos impliquemos na creación da nosa aldea. E tamén da súa escola, fundamental.

Grazas a tod@s por estar esta tarde. Foi un pracer seguir APRENDENDO XUNT@S NO RURAL!!! Pola nosa parte, vémonos na vindeira para seguir facendo POBO!