A AULA CEMIT DO CONCELLO BARREIRENSE ORGANIZA CURSOS SOBRE MANEXO DE TELÉFONO MÓBIL E INFORMÁTICA BÁSICA DURANTE ESTE MES DE NOVEMBRO

A AULA CEMIT DO CONCELLO BARREIRENSE ORGANIZA CURSOS SOBRE MANEXO DE TELÉFONO MÓBIL E INFORMÁTICA BÁSICA DURANTE ESTE MES DE NOVEMBRO.cartel-novembro-16

Barreiros, 4 de novembro de 2016. A Aula CeMIT do Concello barreirense organiza dous cursos sobre Manexo do Teléfono Móbil e Informática Básica.

O primeiro dos cursos será o relativo ao Manexo do Teléfono Móbil, que comezará o vindeiro luns, día 7, prolongándose ata o 16 de novembro. O horario será de 16:30 horas a 18:00 horas. Colabora a Fundación Vodafone que cede dez terminais smartphone para que os participantes que non dispoñan de teléfonos táctiles poidan practicar con operacións básicas, así como ver o funcionamento de diversas aplicacións.

O curso sobre Informática Básica dará comezo o día 21 e rematará o 30 de novembro. O horario será de 16:30 horas a 18:00 horas. Ambas actividades terán lugar na aula CeMIT de Barreiros sita no Teleclub de San Cosme.

Estes cursos son gratuítos e as prazas son limitadas. Os interesados poden facer a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT ou no número de teléfono 639 876 671.