A aula CeMIT de Barreiros organiza un curso denominado “Aprende a usar o Smartphone”

CursoTelefonoMovil

A aula CeMIT de Barreiros organiza un curso denominado “Aprende a usar o Smartphone”, para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles “intelixentes”.

A actividade, que comeza o luns 29 de febreiro na aula CeMIT, contará coa colaboración da Fundación Vodafone, a cal cederá durante os días de curso diversos terminais telefónicos para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, os participantes recibirán uns manuais en papel que recollerán dunha forma visual sinxela as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc) así como exemplos de aplicacións básicas e de interese para este colectivo.

As persoas interesadas na asistencia a esta actividade formativa poden anotarse enviando un correo a [email protected], no telf. 639 876 671 ou acudindo á propia aula.

– See more at: http://www.concellodebarreiros.com/gl/noticias/a-aula-cemit-de-barreiros-organiza-un-curso-para-aprender-a-usar-o-smartphone#sthash.bVYvXxIN.dpuf