A AULA CEMIT BARREIRENSE ACOLLERÁ ESTE MES UN CURSO SOBRE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

A AULA CEMIT BARREIRENSE ACOLLERÁ ESTE MES UN CURSO SOBRE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA. A ACTIVIDADE TERÁ LUGAR ENTRE O 12 E O 22 DE XANEIRO, EN HORARIO DE TARDE DE 16 A 20 HORAS. Barreiros, 9 de xaneiro de 2015. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Barreiros acollerá a partir da vindeira semana un curso sobre administración electrónica. A actividade comezará o luns, 12 de xaneiro, e continuará impartíndose ata o 22 deste mes, en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas. Os interesados poden solicitar máis información ou realizar as súas inscricións na propia Aula Cemit de Barreiros, situada na estrada da praia nº 1 (Teleclube San Cosme), no teléfono 639 87 66 71 ou a través do enderezo electrónico [email protected]. Segundo adiantou Manuel Pérez, axente TIC no Concello de Barreiros, “esta acción formativa está dirixida a difundir a oferta de servizos telemáticos da administración electrónica, dispoñible a nivel local, autonómico e nacional. Con ela queremos sensibilizar á poboación sobre como deben actuar en temas de identidade dixital, uso do DNI electrónico e realización de trámites electrónicos seguros. En especial, a todos aqueles colectivos máis afastados do desenrolo da Sociedade da Información, para explicarlles cales son as vantaxes do uso destes servizos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *