A asociación “Hostelería de Barreiros” agasalla con 180€ de premio no concurso #MarcaBarreiros

A asociación “Hostelería de Barreiros” agasalla con 180€ de premio no concurso #MarcaBarreirosLa imagen puede contener: exterior, texto, naturaleza y agua
A recén creada asociación “Hostelería de Barreiros” ven de lanzar o concurso #MarcaBarreiros nas súas redes sociais. Mediante este, o colectivo busca un lema co cal promocionar as opcións de ocio, recursos e oferta turística que ofrece o concello barreirense. O nome do concurso, #MarcaBarreiros é un xogo de palabras mediante o cal transmitir esa idea dunha “marca” de promoción, ao tempo que sirva para sinalizar Barreiros e referencialo, e tamén nun sentido máis emocional, da pegada que deixa a experiencia de vivir Barreiros.
As persoas en representación dos establecementos que integran este novo colectivo coinciden en que son moitas as opcións que ofrece o concello barreirense para as persoas que o visiten, máis alá dos xa tan coñecidos areais, pero que falta visibilizalas. Consideran que a imaxe e promoción do municipio debe pasar por facer gala da riqueza natural existente, tanto en relación ao mar como á montaña, e as alternativas de lecer que este entorno ofrece: tales como o sendeirismo ou deportes naúticos, parapente, deportes de montaña, etc. Igualmente, coinciden tamén en que se conta cunha rica gastronomía que poñer en valor, mediante o emprego entre outros, de produtos de proximidade, así como o aproveitamento do agroturismo en relación a estes; opcións para persoas que realizan o Camiño de Santiago; etc.
A procura da desestacionalización turística, é dicir, buscar a chegada de visitantes máis alá dos meses de verán formúlase como un dos principais retos. Así pois, convidan á participación neste concurso e a inspirarse en todas as razóns que ofrece Barreiros para ser visitado e quedar nel durante uns días.
O concurso, dispoñible nos perfís de Facebook e Instagram de “Hostelería de Barreiros”, rematará o día 25 de maio ás 23:59h. Cada persoa interesada en participar pode escribir ata un máximo de dous lemas, e debe facelo engadindo a súa aportación nos comentarios da publicación orixinal. Aqueles 3 comentarios con máis reaccións de “gústame” en cada unha das dúas redes pasarán a unha fase final na cal serán as persoas que integran a asociación as que escollan o lema gañador. Como premio: un vale por 180€ para empregar nos establecementos que forman parte desta asociación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *