A asociación de Hostelería de Barreiros organiza unha xornada na que o IGAPE, o GDR Terras de Miranda e a Axencia Galega de Turismo presentarán axudas para autónomas/os e pequenas empresas de todos os sectores

A asociación de Hostelería de Barreiros organiza unha xornada na que o IGAPE, o GDR Terras de Miranda e a Axencia Galega de Turismo presentarán axudas para autónomas/os e pequenas empresas de todos os sectores.

Persoal técnico destes organismos estarán presentes o martes 19 de febrero ás 19:30h.  no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros.

A asociación de Hostelería de Barreiros organiza unha sesión informativa na que tomará parte o persoal técnico de distintos organismos vinculados coa Administración que recentemente presentaron convocatorias de axudas e/ou subvencións das que poden beneficiarse pequenas empresas e persoas que traballen por conta propia. Aínda cando a iniciativa parte dunha asociación relacionada co gremio da hostalería, esta xornada está dirixida á totalidade de sectores produtivos: sector servizos, fábricas, transformación agrogandeira, turismo, servizos á comunidade, etc.; pois pártese da idea de que a economía e o desenvolvemento local debe funcionar como un sistema conxunto.

As axudas que se van presentar están dirixidas a zonas da tipoloxía do concello Barreiros así como a moitos outros da Mariña Lucense. En opinión do colectivo este tipo de xornadas facilitan coñecer máis de cerca todo o abano das posibilidades que hai, moitas das veces, descoñecidas, e serven para aclarar dúbidas

Nesta ocasión estarán presentes: o IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica que conta cunha liña de axudas para emprendemento en diferentes sectores, para reforma de establecementos turísticos, etc., así como diferentes alternativas de crédito. Para falar de todas estas opcións estará presente o Técnico da Área de Financiamento do IGAPE, Miguel Ángel Romero Sáez.

Contarase tamén coa presenza de Paloma Vázquez Fernández, Xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia, en Lugo. Este ente conta actualmente cunha liña de axudas dirixidas á mellora de aloxamentos turísticos. Accesibilidade, incremento de categoría, obtención da Q de Calidade, embelecemento da contorna, renovación de equipos mobles ou aforro enerxético son actuacións de posible subvención. Esta axuda remata o seu prazo de presentación neste mes de febreiro.

Finalmente contarase tamén coa presenza de Elena Martínez, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda, ente que xestiona o programa Leader para os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Trátase dun programa de axudas económicas para proxectos que contribúan ao desenvolvemento rural, e que polo tanto, está dirixido a múltiples sectores de actividade.

Contarase tamén coa preseza do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; e ademais das anteriores axudas, trasladarase información de outras en vigor como son as convocadas pola Axencia de Desenvolvemento Rural –AGADER-, o Grupo de Acción Local Pesqueira –GALP- .

A asociación de Hostelería de Barreiros convida a asistir a todas as persoas que poidan ter interese en renovar as súas empresas así como a todas aquelas outras que teñan algunha iniciativa que poner en marcha e poidan beneficiarse deste tipo de axudas, tanto do concello barreirense como de calquera outro do arredor. Ademais, aproveitarase a ocasión para presentar unha iniciativa desta asociación pola cal se pretende crear un grupo ou mesa de traballo polo desenvolvemento turístico de Barreiros e contorna, na cal teñen cabida todas aquelas persoas que a título particular, asociacións, empresas, etc. como poden ser colectivos en defensa do patrimonio, entidades de turismo activo e/ou deportivas, de actividades naúticas, etc. que teñan vinculación con Barreiros e o seu entorno.

Para calquera información sobre estas iniciativas, quedan a disposición as seguintes canles de comunicación: por correo electrónico, [email protected]; por teléfono, 650542932 (Tamara).