Puede ser una imagen de masa de agua y texto que dice "VISITAS GUIADAS Barreiros queda en ti o fráxil fogar da píllara das dunas Na contorna do sistema dunar de Altar Xoves7 e 14 de xullo 11 de agosto Saída ás: 11:00h, duración -2 horas Rutas xeolóxicas Litoral de Barreiros Dende a praia de Arealonga ata Fontela-Valea Sábados 16 de xullo 27 de agosto Saída ás: 10:00h, duración 3,5 horas regreso Santo Estevo do Ermo refuxio de biodiversidade e patrimonio Fraga de Santo Estevo do Ermo Xoves: 21 28 de xullo 18 25 de agosto Saída ás: 10:30h, duración 2,5 3 horas +info e inscricións: www.barreirosturismo.gal"

Barreiros oferta este verán un programa de visitas guiadas en diferentes localizacións do municipio 30 Xuño, 2022 Imprimir Email Share0Tweet Barreiros, 30 de xuño, 2022. O Concello de Barreiros oferta este verán un programa de visitas guiadas en diferentes localizacións do municipio. A través dos mesmos quérese mostrar a riqueza ambiental e cultural do territorio máis alá das súas recoñecidas praias a miúdo asociadas unicamente a un espazo de ocio e de innegable beleza paisaxística. Así, dende a área de turismo, pretenden facer fincapé en espazos puntuais de costa e interior ricos en patrimonio cultural e natural. O obxectivo é cambiar as gafas coas que se visitan e se goza destes lugares. Descubrir a súa orixe para aprender a valoralos e preservalos. Poñer atención nos pequenos detalles para converter en algo extraordinario aquilo que, en aparencia, nos resulta simple. Serán un total de dez visitas guiadas que terán lugar ao longo dos meses de xullo e agosto Por unha banda, os alumnos e monitora do obradoiro de emprego Territorio Vivo amosarannos O Fráxil Fogar da Píllara das Dunas na contorna do sistema dunar de Altar. Será unha visita participativa dirixida a tódolos públicos, mesmo para os máis pequenos, na que se tocarán temas como os valores ambientais da ría de Foz-Masma, a formación e biodiversidade deste sistema dunar e da praia, e ademais falarase dunha ave especialmente ameazada que precisa da nosa colaboración para a súa supervivencia. Por outro lado, da man do xeólogo Francisco Canosa percorreremos unha parte do litoral de Barreiros e descubriremos, de maneira didáctica e accesible a tódolos públicos, as orixes das rochas que pisamos e que enmarcan as nosas praias. Un paseo entre furnas, pregues, intrusións de rochas magmáticas e mesmo restos fósiles que non nos deixará indiferentes. Finalmente, achegarémonos ao Santo Estevo do Ermo para vivir unha inmersión na natureza, e retroceder milleiros de anos somerxéndonos na súa historia, patrimonio material e inmaterial e nas orixes dalgunhas das especies que aquí atopamos. Estará guiada pola técnica de turismo municipal. Todas as rutas son gratuítas. As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse na recentemente estreada páxina web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal (sección ”Non te perdas”). Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina de Turismo municipal, teléfono 982 134 400. Dende o Concello agardan seguir dando pasos para ampliar a imaxe turística de Barreiros e poñer así en valor o patrimonio que, ás veces, semella estar agochado e que, sen embargo, se atopa moi presente entre todas e todos nós.