Concello de Barreiros

tedsrnS 10ulh83iag8th 

🌠 A VIAXE DE ROSALÍA. O 15 DE MAIO NO CENTRO SOCIOCULTURAL

🎭 Este domingo comeza a programación do mes das letras cun espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro onde, da man da narradora e titiriteira Larraitz Urruzola que, con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra de #Rosalía e algúns dos momentos da vida desta insigne artista #Galega.

👧 A obra está dirixida ao público infantil e familiar (+6 anos)
🗓 Este domingo 15 de maio
🕖 Ás 19:00 horas.
📍 Centro sociocultural de San Cosme

#mesdasletras2022 #ConcellodeBarreiros

Ver menos