BARREIROS ORGANIZA O MES DAS LETRAS CO II RECITAL VERSOS NA BAIXAMAR COMO ACTIVIDADE CENTRAL

Puede ser una imagen de una persona y texto que dice "DOMINGO 15 DE MAIO LUNS 16 DE MAIO 10 13:30 Centro sociocultural OBRADOIRO LETRAS GALEGAS .Manualidades •Contos do mundo: as viaxes Irene (contacontos, inscrición previa) DOMINGO DE MAIO BARREIROS mes 19h. Centro sociocultural A VIAXE ROSALÍA (público familiar) DAS Let 17h Praza Praia de Arealonga (Reinante) RECITAL POÉTICO Las VERSOS NA BAIXAMAR Yolanda Castaño, Natalia Alonso, Paula dos Anjos Lois Pérez ENTREGA DE PREMIOS CERTAME DE NARRACIÓN DEBUXO INFANTIL 2022 DOMINGO 29 DE MAIO 19h. Centro sociocultural A VERDADEIRA HISTORIA DE HAMELIN (público familiar) CONCELLODE BARREIROS DELUGO Cultura ler conta moito XUNTA GALICIA SECTALAE"

🖊📖💙🤍 BARREIROS ORGANIZA O MES DAS LETRAS CO II RECITAL VERSOS NA BAIXAMAR COMO ACTIVIDADE CENTRAL
👨‍👨‍👧‍👧 Actuacións para público familiar, obradoiro con manualidades e contacontos, concursos, e o II recital poético “Versos na baixamar” para celebrar as Letras Galegas.
▶️ Barreiros, 5 de maio de 2022. Daniel García, concelleiro de dinamización, presentou as actividades que se levarán a cabo no Concello de Barreiros durante o mes de maio, adicado ás Letras Galegas.
📣As actividades comezarán o domingo 15 de maio coa actividade “A viaxe de Rosalía”, organizada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación. O luns 16, os máis cativos terán un obradoiro con manualidades e contacontos e, para rematar o mes das letras, o domingo 29 poderán desfrutar da obra “A verdadeira historia de Hamelin” no Centro sociocultural.
🌅 II Recital Poético “VERSOS NA BAIXAMAR”
Yolanda Castaño, Lois Pérez, Paula dos Anjos e Natalia Alonso na praza da praia de Arealonga.
Versos na baixamar xuntará nesta segunda edición varias voces emerxentes da Mariña como son Natalia Alonso e Paula dos Anjos, xunto con artistas de renome como Yolanda Castaño e Lois Pérez. O artista lucense volverá a coordinar o recital poético musical “Versos na Baixamar” que celebrará a súa segunda edición o Domingo 22 de Maio coa presenza da destacada artista Yolanda Castaño.
🔝“Visto o éxito da primeira edición do recital queremos darlle continuidade ó evento e conxugar voces emerxentes da zona con artistas de renome que fagan deste certame un referente na Mariña nun entorno privilexiado” sinala o concelleiro Daniel García.
Últimos días para participar nos concursos de narración e debuxo.
☝️O concelleiro lembra tamén que, “ata o 10 de maio está aberto o prazo para concursar no certame que organiza a Biblioteca Provincial de Lugo, coa colaboración como cada ano da Biblioteca Pública do Concello de Barreiros, no que o tema deste ano é -o que pasa ao meu arredor-”. A entrega de premios deste certame farase durante o recital do día 22.
✍️ INSCRICIÓN OBRADOIRO LETRAS GALEGAS (MANUALIDADES E CONTACONTOS)
Na seguinte ligazón podedes descargar a folla inscrición para o obradoiro do día 16 de maio 👉 https://bit.ly/3w1fA3s que se deberá entregar (data límite 12 de maio) no CEIP San Cosme de Barreiros, CEIP San Miguel de Reinante, Biblioteca Municipal o nas oficinas xerais do Concello de Barreiros.

Barreiros, 5 de maio de 2022. Daniel García, concelleiro de dinamización, presentou as actividades que se levarán a cabo no Concello de Barreiros durante o mes de maio, adicado ás Letras Galegas.

As actividades comezarán o domingo 15 de maio coa actividade “A viaxe de Rosalía”, organizada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación. O luns 16, os máis cativos terán un obradoiro con manualidades e contacontos e, para rematar o mes das letras, o domingo 29 poderán desfrutar da obra “A verdadeira historia de Hamelin” no Centro sociocultural.

II Recital Poético “VERSOS NA BAIXAMAR”. Yolanda Castaño, Lois Pérez, Paula dos Anjos e Natalia Alonso na praza da praia de Arealonga.

Versos na baixamar xuntará nesta segunda edición varias voces emerxentes da Mariña como son Natalia Alonso e Paula dos Anjos, xunto con artistas de renome como Yolanda Castaño e Lois Pérez. O artista lucense volverá a coordinar o recital poético musical “Versos na Baixamar” que celebrará a súa segunda edición o Domingo 22 de Maio coa presenza da destacada artista Yolanda Castaño.

“visto o éxito da primeira edición do recital queremos darlle continuidade ó evento e conxugar voces emerxentes da zona con artistas de renome que fagan deste certame un referente na Mariña nun entorno privilexiado” sinala o concelleiro Daniel García.

Últimos días para participar nos concursos de narración e debuxo.

O concelleiro lembra tamén que, “ata o 10 de maio está aberto o prazo para concursar no certame que organiza a Biblioteca Provincial de Lugo, coa colaboración como cada ano da Biblioteca Pública do Concello de Barreiros, no que o tema deste ano é -o que pasa ao meu arredor-”. A entrega de premios deste certame farase durante o recital do día 22.