TEXTOS DE ROSALÍA PERCORREN DESDE HOXE BARREIROS NA CONMEMORACIÓN DO ANIVERSARIO DA ESCRITORA

Puede ser una imagen de automóvil y al aire libre

Concello de Barreiros
7c178ti8mpon2s2a2or8gi h1 ·
⭐️💖
O Concello de Barreiros vén de rotular propiedades municipais cun texto da poeta galega para celebrar o Día de Rosalía
▶ Barreiros, 23 de febreiro de 2022. Rosalía de Castro saudará desde hoxe a todas as persoas que se acheguen a dependencias municipais ou se crucen con vehículos do Concello, cun estrato do texto “Lieders”, considerado primeiro manifesto feminista publicado en Galicia.
Desde a área de Dinamización, o concelleiro Dani García, explica que a iniciativa “trata de achegar a nosa escritora nacional á veciñanza e ás persoas que nos visiten, facendo visible a unha das autoras galegas máis importantes de todos os tempos. Con esta acción non só queremos dar a coñecer a xa universal escritora, senón poñer en valor a súa mensaxe e adoptala como propia.”
O texto escollido (“Libre é o meu corazón, libre a miña alma e libre o meu pensamento que se alza ata o ceo) figurará na pasarela de unión dos edificios municipais e nos dous vehículos renovados recentemente para coñecemento xeralizado da poboación e visitantes.
Dani García explica que a escolla non é casual, senón que “queremos transmitir a idea de liberdade que sentía Rosalía e o dereito a soñar cun concello mellor no que calquera persoa poida sentirse libre de soñar, sentir e desexar; tal e como facía a poeta.”
Esta acción vén a sumarse a outras realizadas en anos anteriores co alumnado dos centros de ensino do municipio e ao traballo constante por poñer en valor a literatura e a cultura galega en xeral, así como a mensaxe da propia Rosalía de Castro e doutras figuras galegas. 

Ver menos

Puede ser una imagen de automóvil y carretera

Puede ser una imagen de texto que dice "LIBRE é o meu corazón, LIBRE miña alma LIBRE meu pensamento que se alza ata o ceo. ROSALÍA DE CASTRO"