🌟Dando pasos de cara á posta en valor de Barreiros como destino turístico.

✅Primeiro obxectivo conseguido respecto aos contactos con touroperadores realizados no marco da Feira Virtual de FITUR💻.

📅Hoxe tivemos o pracer de mostrarlle o noso destino a Viajes Interrias, un touroperador galego con presencia en todo o territorio nacional e co que traballan a gran maioría de axencias de viaxes minoristas e maioristas.

🌐Este encontro serviu para poder presentarlle Barreiros, así como para reforzar os lazos que esta empresa mantén dende hai un tempo coa Mancomunidade de Municipios no ámbito de promoción do Xeodestino A Mariña lucense turismo, tratándose temas como:

🟢Presentación dos nosos recursos turísticos.
🟢Oferta de aloxamentos, hostalaría e ocio activo.
🟢Novos produtos turísticos, melloras e actividades realizadas recentemente por parte do Concello no eido da posta en valor do destino.

📧Do mesmo xeito e, como reforzo ao exposto verbalmente, envióuselles documentación turística promocional de interese incluindo a oferta aloxativa 🛌, gastronómica 🍴🥤 e de ocio🏄‍♀️.

✨Por último, e non menos importante, constatamos que os obxectivos de ambas partes coinciden no tocante ao perfil de visitante que buscamos atraer: viaxeirxs que gozan da natureza🍃 e da cultura🏦 sen présas, con tempo suficiente para deixarse sorprender e descubrir o territorio, que se aloxan aquí e que, co bo facer de todxs leven o nome de Barreiros e da Mariña Lucense polo mundo adiante🌍.

💯Agradecémoslle a Viajes Interrías a boa disposición mostrada de cara a poñer a Barreiros no mapa das viaxes organizadas, grupais, familiares ou individuais.

Barreiros queda en ti💚💙
#barreirosquedaenti 

Ver menos