RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

O concello solicitou unha subvención ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2021 para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural), para a realización da obra ou servizo denominado/a
“PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS E XESTIÓN BIOMASA.
Dita subvención foi concedida o 24 de xuño, para a contratación de tres persoas desempregadas, a xornada completa e durante un período de 9 meses, por un importe total de 39.725,37 €. A contratación deste persoal debe estar realizada antes do 30 de xullo de 2021.
A Orde de subvencións establece que: “As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores e as traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na
oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir os traballadores e as traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que deberá responder
á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións (CNO), de conformidade cos seguintes principios xerais: a) A oferta, na súa formulación, non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no número 5 ou se traten de favorecer os colectivos enumerados neste. b) En ningún caso poderá incluírse nin admitirse como criterio de emparellamento a posesión de experiencia laboral.
c) Poderán admitirse como criterios de emparellamento os relativos á titulación, formación e outro tipo de coñecementos, sempre que estean xustificados no expediente de solicitude e sexan coherentes coa resolución de concesión.
d) As entidades locais deberán presentar as ofertas cunha antelación mínima de 15 días hábiles na data prevista para realizar as correspondentes contratacións na oficina pública de emprego que corresponda ao enderezo do centro de traballo do posto ofertado.
Recibida a oferta, realizarase unha sondaxe de demandantes en función das características dela atendendo á maior adecuación ao posto de traballo ofertado, proporcionando, de ser posible, o
número de persoas candidatas por posto de traballo que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dous nin superior a dez. A remisión de novas persoas candidatas só procederá cando a entidade xustifique documentalmente a súa necesidade por incumprimento dos requisitos da oferta ou por rexeitamento voluntario ou incomparecencia dos remitidos.
Terán preferencia, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, se é o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de
inserción profesional, tales como:
a) Mulleres, en especial aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero.
b) Menores de 30 anos, en especial as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sen cualificación profesional.
c) Persoas paradas de longa duración.
d) Persoas con discapacidade.
e) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.
f) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
Cod. Validación: 66FLCCZKNSYCK3KL6YNY9WXJZ | Corrección: https://barreiros.sedelectronica.es/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 3
g) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
Así mesmo, terase en conta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como a existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate o/a cónxuxe, parella de feito, fillos e fillas menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas
ou menores en acollemento.”
En base a estas esixencias e as circunstancias propias derivadas do escaso plazo para a contratación, e consonte o establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local
e respectando os mínimos establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público e Estatuto dos Traballadores, pola presente, Resolvo:
Primeiro.- Aprobar as bases da convocatoria para a contratación temporal de tres persoas desempregadas, para a obra ou servizo denominada “PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS
FORESTAIS E XESTIÓN BIOMASA”, co seguinte contido: “BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE TRES
TRABALLADORES DESEMPREGADOS PARA REALIZAR O SERVIZO TEMPORAL DE “PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS E XESTIÓN DA
BIOMASA”.
1ª .- Obxecto. As presentes bases teñen por obxecto a contratación laboral temporal de tres persoas en situación de desemprego, para realizar a obra ou servizo denominada “Prevención e defensa contra incendios forestais e xestión da biomasa”, por un prazo de nove meses, a xornada completa, mediante contrato temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social.
O contrato sería como peon, no grupo de cotización 10 e cunha retribución bruta mensual de 1.050 € (incluíndo a parte proporcional das pagas extras).
Tanto o horario de traballo como os traballos e ubicación concreta dos mesmos indicaráselles polo responsable do departamento de persoal segundo as necesidades dos servizos. De todas formas o horario podería ser a xornada partida ou de tarde.
2ª .- Financiación. Esta contratación financiarase coa subvención concedida a este concello pola Consellería de Emprego e Igualdade, conforme ó establecido na Orde de 12 de abril de 2021 pola
que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural).
3º.- Forma de Selección. A selección farase por un tribunal constituído como mínimo por tres persoas, de entre o persoal municipal ou persoal especializado doutras administracións públicas.
4ª.- Solicitude de Candidatos. O concello realizará unha Oferta específica á Oficina Pública de Emprego de Ribadeo, para que se lle remitan todos os candidatos posibles que cumpran cos requisitos establecidos para optar a este posto de traballo. Os aspirantes deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas.
Os traballadores e as traballadoras que foran contratados por un período igual ou superior a nove meses con cargo ás axudas  concedidas no ano 2020 pola Consellería de Emprego e Igualdade no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de Cod. Validación: 66FLCCZKNSYCK3KL6YNY9WXJZ | Corrección: https://barreiros.sedelectronica.es/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 2 a 3 políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas, non
poderán ser contratados con cargo ás axudas previstas nesta orde.
Na oferta indicarase a documentación que terán os aspirantes que presentar no concello e a data límite para dita presentación.
5ª.- Admisión de Aspirantes. Unha vez que a Oficina Pública de Emprego remita os aspirantes, procederase a comprobar que cumpren cos requisitos e iniciarase o proceso de selección coas
seguintes fases:  – Valoración de formación: valorarase toda aquela formación que se acredite e que estea relacionada co posto de traballo. Cada curso valorarase con 1 punto. – Valoración de circunstancias persoais: valoraráse con 1 punto a pertenza a algún destes grupos, tal e como e stablece a Orde de convocatoria das subvencións:
a) Mulleres
b) Menores de 30 anos
c) Persoas paradas de longa duración (mais de un ano)
d) Persoas con discapacidade, sempre que a mesma non impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo a ocupar.
e) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.
f) Maiores de 45 anos.
g) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
h) Existencia de responsabilidades familiares. Unha vez realizada esta valoración, o concello poderá realizar unha proba práctica a aqueles aspirantes que conseguisen unha maior puntuación, co fin de comprobar si os mesmos están capacitados para poder desenvolver as funcións que van ter que desenvolver. Esta proba non será eliminatoria e puntuarase cun máximo de 5 puntos.
Terán preferencia para ser contratadas aquelas persoas que non estiveran contratadas a través deste tipo de axudas nos últimos cinco anos.
Antes da sinatura do contrato as persoas seleccionadas deberán presentar certificado médico de non ter enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das actividades propias do
posto de traballo.
6ª.- Órgano de Contratación. A alcaldía, á vista da valoración de todo o proceso, dictará resolución acordando a contratación das persoas que considere máis axeitadas.
Segundo.- Remitir á Oficina de Emprego de Ribadeo oferta específica deste programa para que nos remitan candidatos en número non inferior a tres nin superior a dez, que cumpran os requisitos.
Terceiro.- Fixar como data da reunión do tribunal o proximo día 15 de xullo. ASINADO DIXITALMENTE Á MARXE