

O Camiño Natural de San Rosendo que, nesta etapa, enlaza Mondoñedo con Foz, percorre neste concello de Barreiros unha zona de alto valor paisaxístico e natural. Non en van, alén da súa innegable beleza, conserva vexetación de ribeira propia destes ambientes. Mais as súas augas serven tamén de fogar e lugar de alimento a múltiples especies de peixes, moluscos, aves e mesmo de insectos.