PARTICIPA CON NÓS NO SAMAÍN 2020

PARTICIPA CON NÓS NO SAMAÍN 2020

➡️Este ano por mor da pandemia que estamos a sufrir, debemos mudar a programación que víñamos facendo arredor do Samaín e que contribuía a conciliación familiar.

✅Para non perder a vinculación con esta festividade, desde o Concello de Barreiros propoñemos un Samaín participativo desde os fogares e con dúas modalidades que a continuación se detallan:

1️⃣ MODALIDADE DECORACIÓN.

OBXECTO: decora cabazas, espazos, comidas, xardíns… con temática de medo ou referente ao Samaín. Fomenta a túa creatividade!

CATEGORÍAS:
– De 3 a 6 anos.
– De 7 a 11 anos.

PRESENTACIÓN: enviar foto da decoración realizada por whatsapp ao número 666-87-59-46 desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.

DETALLE: 1 por categoría para a foto con máis “Me gusta” na páxina de Facebook do Concello de Barreiros. Para tal fin, publicarase un álbum o día 30/10/2020, iniciando votación desde ese momento ata o 01/11/2020 ás 23:59 horas.

2️⃣ MODALIDADE: RELATO.

OBXECTO: microrrelatos de medo, cunha extensión máxima de 200 palabras e escritos en galego. Deben ser relatos inéditos e orixinais. Serán válidos relatos escritos á man ou a ordenador.

CATEGORÍAS:
– De 12 a 16 anos.
– Categoría adulta (+ 16 anos).

PRESENTACIÓN: entregar na Biblioteca Municipal, no whatsapp ao número 666-87-59-46 ou ao correo electrónico [email protected] (indicando en asunto: concurso relatos Samaín). Desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.

DETALLE: 1 por categoría, tralo fallo do xurado.

*Nota:
Os/as participantes ceden gratuitamente os dereitos de reprodución, distribución e/ou comunicación pública gratuíta en calquera soporte dos traballos presentados ao Concello de Barreiros.
Máximo 2 presentacións por participante en cada modalidade.
Os traballos enviados fóra dos prazos establecidos non serán tidos en conta.

Ver menos

A Xunta vén de renovar o punto de captación de auga para o abastecemento de Barreiros, no que investiu 48.400 euros

Lugo, 16 de outubro de 2020.- A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora do punto de captación de auga do río Masma para o seu posterior tratamento na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Rexa, no concello de Barreiros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou a zona acompañado por persoal técnico de Augas de Galicia e pola alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, entre outras persoas; e explicou que a Administración autonómica investiu 48.400 euros nesta actuación, co fin de contribuír á mellora do sistema de abastecemento do municipio.

A actuación supuxo a retirada da estrutura existente deteriorada pola acción da auga do río e polo paso do tempo, e a a execución dunha nova instalación no mesmo punto que a anterior. As obras prolongáronse durante algo máis dunha semana.

Arias lembrou que o organismo hidráulico da Xunta continúa achegando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.