A barreirense Guillermina Fraga Iglesias festexou este luns coa súa familia os seus 104 anos

A barreirense Guillermina Fraga Iglesias festexou este luns coa súa familia os seus 104 anos

A barreirense Guillermina Fraga Iglesias sumou onte un ano máis e xa son 104 os que ten esta veciña de San Miguel de Reinante. Ao preguntarlle como se atopa di: “A min non me doe nada”, explica Julián Fernández Nogueira, marido da súa sobriña, quen engade que “está ben, dentro do que cabe”.

Guillermina leva unha vida caseira. Sempre viviu cun irmán e a súa familia, ademais de coidar a todos os sobriños e aos fillos deles. Traballou na casa mentras os demais ían ao campo ou o monte. Agora é a única que vive dos cinco irmáns. “Criounos e coidounos a todos, incluso axudou a coidar á miña filla, traballou na casa ata que puido, cocinaba, cosía e limpaba”, relata Julián.

A familia axúdalle a levantarse cada mañanciña, almorza e cea leite con galletas e como de todo, aínda que feito puré, xunto cos demais. Cando necesita ir ao baño pide que a acompañen. Leva unha vida de costumes. “Cando non quere comer máis non quere, aínda que ao final come todo, é coma un neno, quere que se esté pendente dela, quere chamar a atención, quere estar activa”.

“Levantámola da cama ás 9.30 horas, come, dorme a sesta e deitase arredor das 21.30 horas. Camiña arredor da mesa e tamén sae algo fóra, pero dicímoslle que non saia para que non a tire no chan o mastín que temos na finca. Tamén sobe ata a habitación soa”, explica o sobriño.

Nos últimos anos “acórdase moito da súa nai, de cando ían alindar nas vacas, acórdase mellor do de antes que de quen a vén ver” comenta Julián, quen tamén di que cando ve que hai mexilóns comenta que seu pai ía ao mar e volvía cun capazo de centolos. “Ía meu pai e nunha hora viña con todo”.

Guillermina ten as doenzas propias da súa avanzada idade, pero non toma menciñas e só se vacuna da gripe. “Non sabe o que é unha aspirina, nin ten azúcar nin tensión”, sinala o sobriño, quen di que só estivo enferma hai moitos anos. “Tivo tubercolose, pero curou e está coma un buxo, morréranlle dúas irmás diso», indica Julián.

CELEBRACIÓN. Co gallo do seu cumpreanos a filla do sobriño e mailo seu rapaz viñeron dende Tenerife para celebralo, aínda que este ano só farán unha comida familiar na casa con dez persoas. “Estes anos íamos a un restaurante, pero non están as cousas para iso, había que partir as mesas de dez en dez, así que decidimos facer unha pequena xuntanza na casa os que convivimos con ela, incluida a rapaza que a coida. Despois, ás cinco virán os primos vela, para estar con ela, que quere ser moi protagonista”.

A emoción puídolle onte a Guillermina, xa que “trouxéronlle moitos agasallos, é normal. Cando fixo os 100 anos xa decía que hai que ir paso a paso”. Julián lembra que a Guillermina “gustábanlle os nenos, todos a queren moito, porque quedaban con ela na casa mentras os demais ían traballar ao campo”.

Este verán pasado sacáronna no coche a pasear xunto das praias e puxéronlle a máscara. O primeiro día preguntoulles por que, pero dixéronlle que era por unha enfermidade e asumiuno ben. “Ao comezo non quería, pero despois xa a poñía sen problema,levámola para distraela un pouco”.

A PLATAFORMA SANITARIA ESIXE AO SERGAS QUE GARANTA UNHA ATENCIÓN SANITARIA BASEADA NA REACTIVACIÓN DA ACTIVIDADE PRESENCIAL

A PLATAFORMA SANITARIA ESIXE AO SERGAS QUE GARANTA UNHA ATENCIÓN SANITARIA BASEADA NA REACTIVACIÓN DA ACTIVIDADE PRESENCIAL.

Os centros de saúde deben dotarse do persoal necesario en todas as categorías para poder abrir as súas portas con total seguridade.

A Mariña, 14 de outubro de 2020. A Plataforma Sanitaria esixe ao Sergas que acometa todas as actuacións precisas para que os centros de saúde da comarca retomen a actividade presencial , rematando desta forma coa percepción que ten a poboación de que non está sendo atendida como se merece.

A raíz da pandemia de covid 19 o goberno da Xunta e o Sergas decidiron centrar a atención sanitaria  en citas e consultas telefónicas, reducíndose drásticamente a atención presencial, e mesmo en declaracións de Feijoo indicouse que a atención telefónica podería ser a “ medicina do futuro”. Este modelo de atención xenerou unha enorme dificultade para acceder aos servizos sanitarios, xa que non se dotou dos recursos materiais, tecnolóxicos e humanos precisos para que se poidera efectuar con garantías. O persoal sanitario e administrativo dos centros viuse totalmente desbordado, que viu como ás suas tarefas habituais se lle engadiron outras novas funcións de seguimento ,rastrexo  sin reforzarse  en absoluto o cadro de persoal e mesmo continuando coas súas políticas de non substitución do persoal ausente por diversos motivos. A esto hai que engadir a escasez de liñas habilitadas para as chamadas telefónicas , a desviación de chamadas a unha central privada de atención e á percepción pola poboación de que as chamadas non son atendidas, ao non dar ton de liña ocupada cando se está a atender unha chamada. A maiores da sobrecarga de traballo que desborda ao escaso persoal , estes profesionais teñen que soportar directa e inxustamente  as queixas de pacientes que se sinten desatendidos e abandonados polo sistema.

Desde este colectivo sanitario esiximos ao Sergas que adopte as medidas necesarias para garantir maioritariamente a atención presencial , dotando aos centros da ratio axeitado de persoal, substituindo aos profesionais  con ausencias xustificadas, garantindo un acceso seguro e progresivo aos centros e evitando as aglomeracións de persoas cuns protocolos de actuación precisos, pois ainda que a “ atención telefónica é unha ferramenta que pode solucionar certas situacións non debe ser en ningún caso a única nin a principal ferramenta “- refire Montse Porteiro, coordinadora do colectivo.