Asinado o convenio para a mellora da rede de abastecemento en San Cosme de Barreiros

Asinado o convenio para a mellora da rede de abastecemento en San Cosme de Barreiros

29-10-20

 Lugo, 29 de outubro de 2020. A deputada de Medio Rural Mónica Freire Rancaño e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida asinaron esta mañá o convenio de colaboración para mellorar a rede de abastecemento de auga potábel na parroquia de San Cosme de Barreiros.

As obras consistirán na instalación dun colector primario transversal, que discorrerá ao longo de máis de 2 quilómetros ao carón da CP-0611 e que subministrará auga aos núcleos de Remior e San Bartolo. Ademais, aproveitando a execución da zanxa principal, levarase a cabo unha pequena rede secundaria paralela ao colector principal que dará servizo a outras sete vivendas.

A alcaldesa de Barreiros explicou que “o concello iniciará agora o procedemento administrativo para licitar as obras que deberán estar rematadas a finais de xuño, de cara ao inicio do verán, cando se ocupan as residencias vacacionais da zona e o servizo de abastecemento soporta unha maior demanda”.

A reforma solventará os problemas de roturas das canalizacións, que se repiten especialmente na época estival xa que a infraestrutura actual non se axusta ás necesidades do incremento de poboación.

A deputada Mónica Freire subliñou que “se trata duha colaboración orientada a mellorar a calidade dos servizos públicos no rural, na mesma dirección que os investimentos e plans que vimos desenvolvendo desde esta área”.

Medio Rural achegará 175.000 euros para a execución das obras, orzamentadas en 217.000 euros. O Concello asumirá os 42.000 euros restantes.

“Día das Letras Galegas 2020”

📚E chegamos ao último fin de semana deste mes de outubro. Mes que adicamos a dar a coñecer a vida e obra de #RicardoCarvalhoCalero e a celebrar o “Día das Letras Galegas 2020” que este ano tipo que ser aprazado por motivos obvios.
💙Para rematar esta programación cultural, o Concello de Barreiros trae dous eventos para este sábado, 31 de outubro.
1️⃣ Conversa arredor da vida e obra de Carvalho Calero.
👉Henrique da Costa, profesor e autor de 📖‘Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético’, cóntanos a vida e as motivacións que tivo para escribir este libro biográfico sobre o intelectual ferrolán homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.
📍Nos colexios vellos de San Miguel
🕛Ás 12:00h.
2️⃣ I Recital poético: Versos na Baixamar
👉Cordinado por Lois Pérez e cos poetas:
Olalla Cociña Lozano
Natalia Alonso Ramos
Daniel Irimia Yáñez
🎥Este eventro será transmitido en directo pola páxina de facebook do Concello de Barreiros.
📍Centro sociocultural de San Cosme
🕕Ás 18:00h.

Autorizan el préstamo con el que Barreiros arreglará dependencias y habilitará un vivero de empresas

Autorizan el préstamo con el que Barreiros arreglará dependencias y habilitará un vivero de empresas

La regidora prevé poder realizar la licitación en el 2021

CEDIDA
M. CUADRADO
BARREIROS / LA VOZ 

Hace menos de un mes la corporación municipal de Barreiros dio el visto bueno en un pleno para que el Concello optara al fondo de cooperación del Instituto Galego de Vivenda e Solo para rehabilitar y conservar varios edificios municipales. Realizados los trámites, al Concello le fue autorizado un préstamo de 713.828 euros a devolver en ocho años sin intereses. Así lo confirmó la alcaldesa Ana Ermida, que aseguró que el Ayuntamiento se pondrá cuanto antes con los pliegos con el objetivo de poder realizar la licitación en el 2021. Disponen de cuatro año para ejecutar las obras para las que fueron solicitados los fondos.

Esta inyección económica permitirá arreglar y acondicionar las antiguas escuelas anexas a la casa consistorial y el teleclub de San Cosme. La idea es convertir las antiguas escuelas en un edificio administrativo único, ubicando en la planta superior el archivo y habilitando una sala multiusos en la planta baja. Y, en el caso del teleclub local, el Concello quiere sacarle más partido al edificio y convertir su planta baja en una especie de vivero de empresas, con oficinas para coworking, una sala de reuniones, conexión telefónica e Internet, entre otros servicios, además de aprovechar la cafetería.

Usar recursos municipales para dinamizar el municipio y para intentar atraer emprendedores son objetivos de estas acciones. La idea es que el Concello ponga a disposición del tejido económico «en réxime de alugueiro ou similar, cinco oficinas a prezos moi competitivos co fin de promover o asentamento de novos negocios no municipio que contribúan a unha maior dinamización e diversificación económicas». La parte superior de ese edificio sería para acoger locales para asociaciones, según explicó la regidora.

Plan Maior de Seguridade

⚠️AVISO
👮‍♀️️Infórmannos dende a comandancia da Garda Civil que a charla prevista para o xoves 29 de outubro, debe ser ❌suspendida debido a evolución da pandemia.
🌈Agardamos poder retomar estas interesantes xornadas unha vez a situación sanitaria mellore.