O Concello de Barreiros fai entrega aos dous colexios das máscaras infantís doadas pola Deputación

O Concello de Barreiros fai entrega aos dous colexios das máscaras infantís doadas pola Deputación

09-09-20

 Barreiros, 9 de setembro de 2020. O Concello de Barreiros, ante a falta de previsión da Xunta, con competencias en materia de educación, fai entrega das máscaras infantís doadas pola Deputación Provincial de Lugo nos colexios de San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante.
As concelleiras de educación e servizos sociais achegáronse na mañá de hoxe aos dous colexios de Barreiros para entregar dito material, dando saída ás preto de trescentas máscaras infantís doadas pola Deputación, co obxectivo de tratar de aliviar un pouco ás familias que, polos motivos que sexan, teñen dificultade para poder adquirilas.
O comezo do curso escolar, previsto para o día dez de setembro significa para as familias un desembolso importante de cartos en condicións normais, moitas veces difícil de asumir por moitas familias. Neste curso multiplicaríase bastante dado que cada pequena ou pequeno debe acudir ao centro educativo provisto de máscara e con material de reserva, xa que calquera circunstancia que produza deterioro da mesma obrigaría a cambiala . A Xunta de Galicia, ausente durante meses e incapaz de asumir as súas competencias educativas, non foi quen ata poucos días antes de comezo de curso de presentar uns mínimos protocolos de actuación, deixando nas mans de cada centro a adecuación dos mesmos e delegando funcións nos concellos, “incapaces de facer fronte ás esixencias cada vez maiores da Xunta, que se desentende das súas funcións tanto en educación coma en sanidade ou noutros campos, afogándonos una vez máis”- comenta Montse Porteiro, concelleira de educación.
A desinfección e limpezas extras serán asumidas tamén polos centros educativos e o Concello de Barreiros.
O concello e os dous centros educativos asumirán tamén, por responsabilidade, as limpezas e desinfeccións extras que se deben efectuar en todos os centros educativos para manter as instalacións seguras e libres de xermes. Esta asunción de obrigas e competencias sobrecarga aínda máis as arcas dos concellos pequenos e en situación límite, “sen ningún tipo de compensación por parte da Xunta de Galicia e sen que nin sequera fose notificada formalmente esta nova obriga, que contribuirá a seguir afogándonos”-conclúen desde a área de educación.

CANDIDO PAZÓ REPRESENTARÁ EN BARREIROS “MEMORIAS DUN NENO LABREGO

CANDIDO PAZÓ REPRESENTARÁ EN BARREIROS “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”
➡️A concellería de dinamización e participación veciñal segue desenvolvendo o programa #BarreirosConvídate, ofrecendo desta volta a actuación de Cándido Pazó que representará o espectáculo teatral “Memorias dun neno labrego”, de Xosé Neira Vilas.
🧑‍🌾Memorias dun neno labrego é un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.
🎆Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.
📍A actuación terá lugar centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o vindeiro domingo, 13 de setembro, ás 19:00 horas.
🎫A entrada é gratuíta pero debido as limitacións de aforo (50 persoas), esta deberá ser retirada previamente na Biblioteca Municipal en horario de 9:30 a 14:30.
👨‍👧‍👦Cada persoa poderá solicitar un máximo de 3 entradas e no caso de que, algunha das entradas solicitadas non se vaia utilizar, deberase comunicar e entregar á organización coa maior brevidade posible.

A falla de auga potable en Barreiros non é considerada situación de emerxencia pola AXEGA

A falla de auga potable en Barreiros non é considerada situación de emerxencia pola AXEGA

03-09-20

ℹ️ INFORMANDO:
🚰 A FALLA DE AUGA POTABLE EN BARREIROS NON É CONSIDERADA SITUACIÓN DE EMERXENCIA POLA AXEGA
A alcaldesa de Barreiros amosa a súa sorpresa polo escrito recibido desde a Axencia Galega de Emerxencias no que non consideran como emerxencia a falta de auga potable para máis de 150 persoas e 1000 cabezas de gando en claro risco en pleno mes de agosto e con circunstancias climatolóxicas extremas; razón pola que non mobilizaron os medios da AXEGA.
📄 En resposta á carta enviada pola alcaldesa na que se trasladaba a necesidade de homologar a cisterna propiedade da Axencia Galega de Emerxencias, o xerente remitiu un escrito no que dubida da calificación como emerxencia da situación que hai 10 días deixou tres núcleos de poboación barreirenses sen abastecemento de auga potable.
⚠️ A alcaldesa explica que na carta recibida, o xerente da AXEGA manifesta que “a situación descrita por parte do Concello non se encadra nos supostos previstos para a mobilización de recursos públicos de administracións diferentes á que está sufrindo o problema.” No escrito tamén se recolle que a AXEGA xa realiza melloras continuas para “aproveitar ao máximo os recursos desta entidade de xeito que unha mesma ferramenta (como pode ser o vehículo gran nodriza) sexa utilizado tanto en incendios industriais como forestais, limpezas de vías de comunicación posteriores a inundacións ou transporte auga potable se a situación realmente así o require”.
🚱 Ana Ermida lamenta que dita situación, efectivamente derivada por un problema na rede, pero que provocou unha situación de emerxencia, tal e como entendeu a propia alcaldesa, como responsable municipal, e todas as administracións ás que se lles requiriu auxilio na situación; non sexa considerada como emerxencia que require da mobilización de recursos da Axencia Galega de Emexencias.
👐🏻 A efectos de aclarar os términos manifestados e entendendo que a AXEGA xa conta con medios homologados, pero que decidiu non mobilizar para dita situación en Barreiros; a alcaldesa trasladou nunha resposta por escrito a necesidade de “en aras de non saturar os servizos de emerxencia con peticións extralimitadas, gustaríanos poder coñecer os criterios de consideración de situación de emerxencia e se a orixe de dita situación é determinante para a actuación de ditos servizos.”
👥 🐄 Ermida manifesta que a declaración de situación de emerxencia considerada polo Concello non ten xustificación na causa que a provocara, senón nas consecuencias de ter un depósito que non subministraba auga potable a tres núcleos de poboación do concello de Barreiros máis un núcleo pertencente a Trabada, nos que residen máis de 150 persoas e aproximadamente unhas 1000 cabezas de gando vacún.
❓ “Solicitamos coñecer cales son os criterios para considerar emerxencias e mobilizar recursos, porque para esta alcaldía estar sen auga potable para as persoas e os animais, en moitos casos como medio de vida e, polo tanto, con características industriais; é unha clara situación de emerxencia. O que non entendemos é que a causa da situación poida argumentarse como xustificación para non mobilizar medios, porque as emerxencias, case todas poden evitarse dalgún xeito, desde accidentes de calquera tipo a incendios; mais a súa existencia, sexa pola causa que sexa, non ten dúbida para obter a consideración de emerxencia. Polo que non entendemos que en pleno verán, unha situación de falla de abastecemento de auga potable namentras non se solucione o problema que a provoca, non sexa entendida como situación de emerxencia”, manifesta a alcaldesa.
📸 Podedes ver nas fotografías as cartas remitidas pola AXEGA e o Concello de Barreiros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS ATA O 14 DE SETEMBRO INCLUSIVE

Concello de Barreiros

1 d 
👩‍🏫No día de hoxe foi publicado no #BopLugo a convocatoria de ✅apertura da #Bolsa de #Emprego para cubrir postos do servizo da escola infantil de #Barreiros.
📅A data límite para presentar solicitudes é o 14 de setembro.

Los bomberos rescataron dos vacas y un caballo del río en Celeiro de Mariñaos

Sobre las seis de la tarde de este sábado bomberos del parque de Barreiros se desplazaron a Celeiro de Mariñaos para rescatar del río Masma un par de vacas y un caballo. Al parecer, con la subida del nivel de las aguas el campo en el que pastaban se inundó y los animales tuvieron que ser socorridos por los bomberos, que se valieron de cuerdas y de otros materiales, y que también fueron ayudados por un tractor.

Fueron los vecinos los que advirtieron de los hechos al 112, que contactó con la Guardia Civil. A continuación fue requerida la presencia de los bomberos en la zona, que rescataron a los animales después de inmovilizarles la cabeza y de ayudarles a salir poco a poco del río.