A falla de auga potable en Barreiros non é considerada situación de emerxencia pola AXEGA

A falla de auga potable en Barreiros non é considerada situación de emerxencia pola AXEGA

03-09-20

ℹ️ INFORMANDO:
🚰 A FALLA DE AUGA POTABLE EN BARREIROS NON É CONSIDERADA SITUACIÓN DE EMERXENCIA POLA AXEGA
A alcaldesa de Barreiros amosa a súa sorpresa polo escrito recibido desde a Axencia Galega de Emerxencias no que non consideran como emerxencia a falta de auga potable para máis de 150 persoas e 1000 cabezas de gando en claro risco en pleno mes de agosto e con circunstancias climatolóxicas extremas; razón pola que non mobilizaron os medios da AXEGA.
📄 En resposta á carta enviada pola alcaldesa na que se trasladaba a necesidade de homologar a cisterna propiedade da Axencia Galega de Emerxencias, o xerente remitiu un escrito no que dubida da calificación como emerxencia da situación que hai 10 días deixou tres núcleos de poboación barreirenses sen abastecemento de auga potable.
⚠️ A alcaldesa explica que na carta recibida, o xerente da AXEGA manifesta que “a situación descrita por parte do Concello non se encadra nos supostos previstos para a mobilización de recursos públicos de administracións diferentes á que está sufrindo o problema.” No escrito tamén se recolle que a AXEGA xa realiza melloras continuas para “aproveitar ao máximo os recursos desta entidade de xeito que unha mesma ferramenta (como pode ser o vehículo gran nodriza) sexa utilizado tanto en incendios industriais como forestais, limpezas de vías de comunicación posteriores a inundacións ou transporte auga potable se a situación realmente así o require”.
🚱 Ana Ermida lamenta que dita situación, efectivamente derivada por un problema na rede, pero que provocou unha situación de emerxencia, tal e como entendeu a propia alcaldesa, como responsable municipal, e todas as administracións ás que se lles requiriu auxilio na situación; non sexa considerada como emerxencia que require da mobilización de recursos da Axencia Galega de Emexencias.
👐🏻 A efectos de aclarar os términos manifestados e entendendo que a AXEGA xa conta con medios homologados, pero que decidiu non mobilizar para dita situación en Barreiros; a alcaldesa trasladou nunha resposta por escrito a necesidade de “en aras de non saturar os servizos de emerxencia con peticións extralimitadas, gustaríanos poder coñecer os criterios de consideración de situación de emerxencia e se a orixe de dita situación é determinante para a actuación de ditos servizos.”
👥 🐄 Ermida manifesta que a declaración de situación de emerxencia considerada polo Concello non ten xustificación na causa que a provocara, senón nas consecuencias de ter un depósito que non subministraba auga potable a tres núcleos de poboación do concello de Barreiros máis un núcleo pertencente a Trabada, nos que residen máis de 150 persoas e aproximadamente unhas 1000 cabezas de gando vacún.
❓ “Solicitamos coñecer cales son os criterios para considerar emerxencias e mobilizar recursos, porque para esta alcaldía estar sen auga potable para as persoas e os animais, en moitos casos como medio de vida e, polo tanto, con características industriais; é unha clara situación de emerxencia. O que non entendemos é que a causa da situación poida argumentarse como xustificación para non mobilizar medios, porque as emerxencias, case todas poden evitarse dalgún xeito, desde accidentes de calquera tipo a incendios; mais a súa existencia, sexa pola causa que sexa, non ten dúbida para obter a consideración de emerxencia. Polo que non entendemos que en pleno verán, unha situación de falla de abastecemento de auga potable namentras non se solucione o problema que a provoca, non sexa entendida como situación de emerxencia”, manifesta a alcaldesa.
📸 Podedes ver nas fotografías as cartas remitidas pola AXEGA e o Concello de Barreiros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS ATA O 14 DE SETEMBRO INCLUSIVE

Concello de Barreiros

1 d 
👩‍🏫No día de hoxe foi publicado no #BopLugo a convocatoria de ✅apertura da #Bolsa de #Emprego para cubrir postos do servizo da escola infantil de #Barreiros.
📅A data límite para presentar solicitudes é o 14 de setembro.