COMUNICADO DO CONCELLO DE BARREIROS AO RESPECTO DO USO E DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

COMUNICADO DO CONCELLO DE BARREIROS AO RESPECTO DO USO E DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Fecha de publicación:
Martes, 21 Abril, 2020 – 19:00

Nos últimos días estamos asistindo a unha febre por conseguir calquera tipo de máscara que poida protexernos da COVID-19. Unha febre que se palpa na sociedade e que está collendo tintes de desesperación, a pesar de que -por agora- nin o Ministerio de Sanidade nin tampouco a OMS están recomendando o uso masivo de mascarillas entre a poboación.

A iso contribúen en certo modo as noticias que saen na televisión e nos xornais e unha certa indefinición ao respecto na comunicación que está facendo o goberno. Incluso estamos asistindo a unha sorte de carreira mediática entre algúns concellos e administracións por ver quen é capaz de repartir entre a poboación un maior número de máscaras.

Nun contexto de escaseza e de prezos astronómicos, esa teima por distribuír cubrebocas pode ter -está tendo- dúas consecuencias inmediatas: que se estea alimentando un estado xeral de ansiedade por conseguir máscaras e, ademais, que se estea contribuíndo a crear un falso sentimento de protección que faga descoidar o que si é importante, como por exemplo manter a distancia social de alomenos 2 metros, tusir contra panos desbotables, lavar ou desinfectar as mans con regularidade ao longo do día e non tocar a boca, os ollos ou o nariz.

Neste escenario, o Concello de Barreiros segue aplicando as recomendacións da FEGAMP e das autoridades sanitarias, na liña de non deixarse levar pola febre colectiva e de actuar de maneira coherente e responsable ata onde chegan as súas competencias.

Por esta razón, os envíos de material da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado estanse destinando á protección do persoal do SAF e dos servizos básicos -os lotes tampouco dan para máis- e optouse, como medida consecuente coa responsabilidade que debe tinguir calquera actuación municipal nestes intres, por non facer compras nin distribucións masivas de máscaras ante a imposibilidade de garantir a súa efectividade.

Unha postura que se adoptou desde o primeiro momento na consideración de que deben ser a Xunta e o Estado, como administracións competentes en materia sanitaria, quen articulen un sistema de abastecemento obxectivo, equitativo e por cauces oficiais que estea baseado en criterios científicos.

Por outra banda, en moitos casos dos que aparecen nas noticias da prensa, o que se están repartindo son máscaras hixiénicas ou de tipo cirúrxico deseñadas para un uso puntual dunhas poucas horas que despois deben tirarse. Porén, a realidade é que moitas persoas están reutilizándoas unha chea de veces sen decatarse -porque ninguén llelo explicou- de que a máscara xa perdeu as súas propiedades e que incluso pode ser o punto de entrada do virus se non se empregan correctamente ou se se fai durante máis tempo do debido.

Así as cousas, o Concello de Barreiros continúa aplicando os protocolos que, de momento, son os oficiais e que se centran en desinfectar espazos públicos e en protexer o persoal municipal con máscaras e outro equipamento de protección individual homologado que está chegando semanalmente por medio dos envíos do SERGAS. Un material que dá para ir cubrindo as necesidades diarias e co que se pretende tanto protexer ás traballadoras e traballadores como evitar que poidan ser un vector de posibles de contaxios ás persoas usuarias.

Desde o Goberno local considérase que non é prudente nin responsable que o Concello asuma o reparto de mascarillas por varios motivos:

• Nin a información da OMS nin a do Ministerio de Sanidade sinalan por agora a obriga de utilizar máscaras de forma xeralizada entre a poboación, e en ambos casos séguese insistindo en que as medidas máis efectivas para previr contaxios son o confinamento, a hixiene e a distancia social. De feito, a orde SND/354/2020 publicada nesta pasada fin de semana no BOE ao respecto das medidas excepcionais para garantir o acceso da poboación a produtos como as máscaras, as luvas e os xeles hidroalcólicos, volve insistir nas recomendacións para previr contaxios: “o distanciamento interpersoal de aproximadamente dous metros; a hixiene de mans con xabón, como medida máis sinxela e eficaz para previr a transmisión sendo a alternativa, se non se tivese acceso, usar solución hidroalcólica; a limpeza e desinfección dos obxectos de uso persoal como lentes, móbiles, teclados, rato, tarxetas, etc.; as medidas para adoptar nos domicilios e zonas comúns como son a adecuada ventilación, a limpeza diaria, utilizando auga e xabón para as superficies de contacto frecuente ou a utilización de luvas dun só uso nas zonas comúns das casas”. Este listado de recomendacións finaliza dicindo que o uso de máscaras só estaría recomendado “cando non se pode manter a distancia interpersoal”.

• Nun contexto como o actual en que existen dificultades a nivel mundial para conseguir máscaras e outro material sanitario, todos os lotes que se distribúan no Estado deberían contar con suficientes garantías de homologación e seguir un protocolo de reparto marcado polas autoridades sanitarias de forma unificada e coherente. O Concello de Barreiros xa lle enviou á Xunta de Galicia hai varios días unha solicitude para que, como administración competente na materia, coordine co Estado a distribución deste tipo de equipamento en Galicia. Esa petición céntrase en tres cuestións fundamentais: que as máscaras cheguen a quen realmente o necesita -que é distinto de que cadaquén pense que o necesita-, como son grupos de risco (maiores de 60 anos, persoas con diabete, doenzas coronarias ou respiratorias, persoas inmunodeprimidas ou persoas en tratamento contra o cancro), que ese reparto se concentre en farmacias ou nos centros de saúde como xeito de asegurar un reparto obxectivo e, por último, que haxa dispoñibilidade deses produtos a prezos asequibles e taxados, algo que o Estado regulará nestes días a través do BOE despois de publicar as condicións de certificación e identificación que deberán reunir as máscaras que se comercialicen.

• Os concellos, como administracións máis achegadas á veciñanza, deben cumprir todas as medidas de contención do virus ata onde chegan as súas competencias, que son: o mantemento do funcionamento administrativo e dos distintos servizos adaptándose ás actuais circunstancias, a prevención de contaxios entre o persoal municipal e as persoas usuarias dos servizos públicos e a desinfección de equipamento e mobiliario urbano, ademais do reforzo na atención aos colectivos máis vulnerables que puidesen ver empeorada a súa situación como consecuencia dos efectos da crise sanitaria. Entre eses cometidos non se encontraría o reparto masivo de mascarillas ou cubrebocas, ante a imposibilidade de ofrecer eses elementos de protección con totais garantías sobre a súa efectividade, cos avais de homologación preceptivos e en número suficiente para cubrir as necesidades obxectivas da poboación municipal que, por outra banda, o Concello nin pode nin debe establecer.

• Consideramos que calquera Administración local debe actuar sempre con coherencia e responsabilidade, e máis nunha situación como a actual en que non se debe fomentar o pánico colectivo nin tampouco un estado xeral de ansiedade por conseguir certos produtos de hixiene e protección. Por esa razón o Concello sempre estará ao que ditaminen as autoridades sanitarias, sen emprender pola súa conta ningún tipo de medida que vaia en contra dos protocolos e recomendacións que hai en vigor nestes momentos, nos que se indica que o uso de mascarillas só é importante en persoas que teñan síntomas -tose, febre, falta de aire- ou infectadas con coronavirus. Na información para a cidadanía facilitada polo Ministerio de Sanidade mesmo se chega a indicar o seguinte: “Se coidas dunha persoa con infección ou sospeita de infección por coronavirus, a unha distancia menor a 1 metro, o pacente deberá levar unha mascarilla cirúrxica”.

Alén destes motivos, ben é certo que nas últimas semanas houbo un grande movemento solidario entre distintos colectivos para producir e achegarlle á poboación máscaras e pantallas plásticas de fabricación caseira que non contan con certificación oficial, o que non significa que non ofrezan certos niveis de protección.

No caso de Barreiros, hai uns días recibimos 50 pantallas de protección doadas que foron distribuídas polo Concello entre o persoal municipal, o do Centro de Saúde e a Garda Civil e seguimos contando coa solidariedade da veciñanza que segue a fabricar cubrebocas caseiros . Desde o Concello quéreselles expresar a todas elas o agradecemento por dedicar tempo e esforzo ao ben común nunhas circunstancias tan difíciles.

Do mesmo xeito que o Concello non pode nin debe asumir un reparto unilateral de máscaras, tampouco sería lícito nin entendible que retivese ese material solidario e, por este motivo, está a canalizar a súa distribución entregándoo nos establecementos comerciais que continúan abertos -farmacias, supermercados e tendas de alimentación, etc- coa finalidade de que fagan uso del no caso de non dispor doutro equipamento individual e que o repartan de balde entre a súa clientela até esgotar as existencias, acompañado dunha folla informativa sobre a consideración de dito material como caseiro, non homologado nin de protección, e achegando instruccións para o seu uso.

Futbol Sala Playas de Barreiros

Onte ó presidente do clube, Julio Rocha, mantivo unha reunión telemática coa Real Federación Galega de Fútbol e os equipos de fútbol sala galegos de categoría nacional. Na que se abordou a problemática da competición pola situación que estamos a vivir.

Asi esta la finca de Don Alfredo do Maragato como si fuera una autentica Selva y pasa de limpiarla a pesar de las denuncias

Asi esta la finca de Don Alfredo do Maragato como si fuera una autentica Selva y pasa de limpiarla a pesar de las denuncias

Pues así estamos en Abelleira, el señor dueño de la finca de don Alfredo do Maragato, hace más de 2 años que se niega a limpiar su finca, con el pretexto de decir que es suyo y con su finca hace lo que le da la gana 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 ya fuimos al ayuntamiento a dar parte de esta situación, estando el antiguo alcalde, de nuevo se volvieron unas cuantas veces con la nueva alcaldesa, se denunció varias veces al Seprona y si queremos, que no nos invadan nuestra casa, tenemos que limpiar, la orilla que limita la finca, para que no nos entre la selva en casa, con el miedo, de que dicho señor, encima nos denuncie a nosotros, porque es una propiedad privada, así funciona el sistema en este nuestro país.

BARREIROS PON EN MARCHA UN CURSO A DISTANCIA DE DEBUXO E PINTURA IMPARTIDO POLO ACUARELISTA JUAN RAMÓN ALVES

BARREIROS PON EN MARCHA UN CURSO A DISTANCIA DE DEBUXO E PINTURA IMPARTIDO POLO ACUARELISTA JUAN RAMÓN ALVES

O acuarelista leonés, con segunda residencia en Barreiros, ofreceu a súa colaboración ao Concello para dar clases mediante a rede social facebook a pequenos e maiores.

Barreiros, 15 de abril de 2020. O Concello de Barreiros pon en marcha un curso a distancia de debuxo e pintura dirixido ás nenas e nenos, mais tamén para persoas adultas, que será impartido polo acuarelista leonés Juan Ramón Alves.

A iniciativa partiu do propio artista, que ten vivenda en Barreiros, e que xa no verán pasado mostrara a súa obra no centro sociocultural barreirense. A proposta foi moi ben acollida polo executivo local, ao tratarse “dunha iniciativa de aprendizaxe e entretemento que nos fai chegar unha persoa con un alto coñecemento da técnica e que se presta a compartilo gratuitamente co conxunto da veciñanza.”

“É un luxo poder contar coa colaboración totalmente desinteresada dunha persoa do nivel de Juan Ramón Alves para achegar as técnicas de debuxo e pintura ás veciñas e veciños”, sinala a alcaldesa. Para Ana Ermida, este tipo de propostas como a ofrecida por Alves “demostran que nas situacións máis adversas sae o mellor das persoas que están dispostas a aportar tempo e coñecemento aos demais para axudar a levar mellor estes momentos”, agradece.

“Pinteando en Barreiros”, o grupo de facebook para aprender.

Para a posta en marcha do curso cóntase con un grupo de facebook chamado “Pinteando en Barreiros”, xestionado polo propio artista e persoal municipal, no que se compartirán as leccións e indicacións.

Aquelas persoas que teñan interese no curso, deberán trasladalo por mensaxe privada ou comentario na páxina de facebook do Concello de Barreiros ou solicitando a inclusión no grupo.

No grupo, o artista proporcionará contidos e actividades para ensinar as técnicas de debuxo e pintura e compartirá ensinanzas mediante documentos e titoriais para acompañar ás persoas que participen.

Haberá distintas publicacións dirixidas ás nenas e nenos e tamén a persoas adultas para que o grupo sexa dinámico e adaptado ás circunstancias de cada quen.

“Non se trata dun curso no que se busquen cualificacións finais, nen moito menos. Do que se trata é de que as persoas que poidan ter interese e lles apeteza practicar estas técnicas conten con un acompañamento profesional e as poidan desenvolver do mellor xeito posible, contribuíndo a ocupar o tempo libre e fomentando a capacidade artística da xente”, explican desde o goberno municipal.

Desde a institución municipal animan ás veciñas e veciños a participar nesta experiencia e compartir as súas aprendizaxes nas redes sociais baixo o cancelo #PinteandoEnBarreiros.

O CONCELLO DE BARREIROS DIRÍXESE Á XUNTA PARA ARTELLAR UN SISTEMA OBXECTIVO DE REPARTO DE MÁSCARAS QUE ATENDA ÁS NECESIDADES PRIORITARIAS

O CONCELLO DE BARREIROS DIRÍXESE Á XUNTA PARA ARTELLAR UN SISTEMA OBXECTIVO DE REPARTO DE MÁSCARAS QUE ATENDA ÁS NECESIDADES PRIORITARIAS.

O executivo barreirense ponse a disposición do goberno galego para realizar repartos obxectivos, á vista de que non existe material suficiente no mercado que garanta o acceso universal da poboación.

Barreiros, 13 de abril de 2020. A alcaldesa de Barreiros vén de dirixir un escrito ao conselleiro de sanidade e ao vicepresidente da Xunta para trasladar a necesidade de artellar un método de reparto de máscaras controlado e eficiente nos concellos galegos.

O escrito recolle que o reparto que se realiza en transportes colectivos para as persoas que se desprazan neles aos seus postos de traballo son ineficaces no concello de Barreiros, por carecer dunha rede de transporte público que as traballadoras e traballadores utilicen para acudir aos centros de traballo.

Nese sentido, instan á Xunta de Galicia a artellar un sistema controlado mediante a utilización da tarxeta sanitaria en colaboración coas farmacias, ás que debe garantírselle material suficiente para atender as necesidades da poboación.

Segundo manifesta o executivo local “cómpre artellar unha solución alternativa, na que a administración autonómica xestione e garanta o acceso das persoas que o precisen ao material de protección para o desenvolvemento da súa actividade vital ou laboral, evitando que se produzan actitudes de acopio das mesmas por parte de persoas ou empresas.”

Ana Ermida traslada a “disposición do Concello de Barreiros para artellar un sistema de reparto obxectivo e controlado, sen caer en repartos indiscriminados, dado que neste momento non existe marerial suficiente dispoñible para garantir o acceso universal da poboación” e entendendo que “debe priorizarse o reparto por necesidades obxectivas de contar con material.”

A obriga de permanecer nas casas segue vixente.

A alcaldesa aproveita para lembrar que “as indicacións seguen a ser as mesmas que cando comezou o estado de alarma. A xente debe permanecer nas súas vivendas e as saídas das mesmas só deben realizarse por motivos laborais ou cuestións de necesidade.”

Ana Ermida insiste tamén en que “todas as persoas maiores ou de risco por ter enfermidades crónicas deben permanecer nas súas vivendas e para iso contan con servizos municipais para cuestións básicas como a realización de compras de alimentación ou medicamentos que poden solicitar chamando ao 608.038.952”

Revista Grandes Espacios no seu número de abril

El concello de Barreiros se busca su propio espacio como destino turístico

El río Masma, en el Concello de Barreiros. Fotos de DAVID RIVAS

 El río Masma, en el Concello de Barreiros. Fotos de DAVID RIVAS
El municipio mariñano ocupa un lugar destacado en el número de abril de la revista Grandes Espacios  con un nuevo enfoque promocional

La revista Grandes Espacios es un referente importante para todos aquellos que buscan nuevos lugares por descubrir pero que estén alejados del modelo turístico de sol y playa. En su número de abril el concello de Barreiros aparece en un reportaje destacado y lo hace por primera vez en un ámbito público de masas poniendo el foco en entornos que no son sus conocidos arenales.

Generated by IJG JPEG LibraryLugares como Santo Estevo do Ermo, El Camiño Norte o el Camiño do Mar son algunos en los que posa su mirada esta revista que mira mucho las rutas de senderismo. Es algo que buscó adrede la alcaldesa del municipio, Ana Ermida, convencida de que “as praias están aí e son marabillosas. Non hai dúbida sobre iso, pero temos moitas outras cousas que ofrecer e neste caso e outros nos que imos traballar, buscaremos atraer a Barreiros outro tipo de turismo distinto que se nos pode adaptar ben, coma o de escapada, o familiar, o de grupos pequenos”.

Además llama la atención sobre otra cuestión importante, que es la de pensar “nas nosas infraestruturas, que non se prestan a acoller visitas masivas de centos de persoas, porque non temos hoteis desas características”.

Generated by IJG JPEG LibraryEsta aparición en Grandes Espacios viene directamente del trabajo realizada por Ana Ermida en Fitur, a donde acudió tanto ella como otros representantes municipales y de la Asociación de Hostelería. Allí ya apostaron por contactos de este tipo. Cuando presentaron su oferta “xa evaluamos moi positivamente a receptividade da editorial e das persoas que nos atenderon e, tras manter o contacto, o número do mes de abril alberga unha reportaxe centrada nas rutas que se poden disfrutar no noso concello”,

La idea es que la gente continúe utilizando las playas porque en el Concello saben que siguen siendo un imán importantísimo del que es imposible prescindir “e por iso tamén nos esforzaremos en telas sempre no millor estado posible e en seguir traballando con elas”. Pero al mismo tiempo Ermida destaca que es necesario ir avanzando en otra apuesta turística “porque ademais é un turismo de cercanía que vale para todas as épocas do ano, non só para o verán, porque tamén é problemático que se nos vexa así, como un lugar ó que ir só no verán. Temos que poñer a Barreiros no circuito de turismo de fins de semana, de rutas de natureza. Hai un abano amplo nese eido no que imos traballar no que estou convencida de que Barreiros se pode facer un oco porque temos oferta dabondo para facelo”.

Generated by IJG JPEG LibraryAdemás reflexiona también sobre la utilidad de la asistencia a Fitur “porque se se realiza de xeito programado e con obxectivos e traballo organizado pode dar froitos”. Y aunque sabe que esos frutos no se verán mañana “si que hai que empezar a traballar xa”.

📔 Lembrades o que vos contamos hai unhas semanas sobre a revista Grandes Espacios no seu número de abril?
🗓 Pois xa está na rúa! Por primeira vez en 25 anos non lles foi posible editar a revista en papel, que farán en canto a súa imprenta retome a actividade normal.
👁 Mentras tanto, 📱💻 podemos acceder a ela no seguinte enlace 👉🏻 https://www.desnivel.com/revista-grandes-espacios-263/
9️⃣2️⃣ E na páxina 92, podedes atopar a reportaxe que lle adican ao noso concello!
😊 Agardamos que vos guste e, tamén, que lle guste a toda esa xentiña que le a revista e que, cando todo volte á normalidade, poida vir coñecer Barreiros!

La imagen puede contener: texto

 

La imagen puede contener: nube, exterior y agua

La imagen puede contener: exterior

La imagen puede contener: texto

Revista Grandes Espacios 263

La imagen puede contener: texto y exterior

O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA O SERVIZO DE IMPRESIÓN DE TAREFAS ESCOLARES PARA AS PERSOAS QUE NON POIDAN FACELO NAS CASAS

O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA O SERVIZO DE IMPRESIÓN DE TAREFAS ESCOLARES PARA AS PERSOAS QUE NON POIDAN FACELO NAS CASAS.

Barreiros, 3 de abril de 2020. O Concello de Barreiros pon en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares para que aquelas persoas que non teñan a posibilidade de facelo nas súas casas.

A alcaldesa explica que se puxeron en contacto cos colexios do municipio para trasladarlles a posibilidade de artellar este servizo e coordinarse para que a impresión e reparto dos traballos poida facerse semanalmente, “evitando os desprazamentos innecesarios de persoas.”

O servizo estará coordinado polo departamento de informática municipal, poñendo a disposición das persoas que o precisen o número de teléfono 666.87.59.46 e o correo electrónico [email protected].

O envío das tarefas tamén se poden facer chegar por esas vías, por correo electrónico ou mesmo por whatsapp. A previsión é que as impresións se realicen unha vez á semana, entregándose nos domicilios coa mesma frecuencia.

“Tendo en conta que a vindeira semana coincide con vacacións lectivas, o servizo entrará en pleno funcionamento a partir do 13 de abril, aínda que xa están a disposición o teléfono (en horario de 9 a 14 de luns a venres) e o enderezo electrónico para dúbidas ou ir facendo a previsión das necesidades”, explica Ana Ermida. Porén, indican tamén que se hai persoas que teñen tarefas atrasadas ou que precisen do servizo antes desa semana, poden poñerse en contacto desde o vindeiro luns cos servizos municipais no 666.87.59.46 ou no correo [email protected]

No caso de que o alumnado non conte con conexión a internet para descargar os traballos que lle envían desde o centro, tamén contarán con asistencia desde o Concello, podendo enviar o enderezo no que se deben obter ou organizándose co propio centro educativo.