Mantoño Holstein de Barreiros arrima hombreiro nesta crise sanitaria e pon en valor o sector agrogandeiro

Mantoño Holstein de Barreiros arrima hombreiro nesta crise sanitaria e pon en valor o sector agrogandeiroLa imagen puede contener: césped, planta, exterior y naturaleza

16-03-20

 Barreiros, 16 de marzo, 2020. Os gandeiros imos cumprir co que nos toca e seguir coidando os animais para que a sociedade non teña escaseza de leite, de iogures, de queixo, de carne. Máis ca nunca!
O noso labor non sería nada sen a axuda dos transportistas, dos empregados das industrias de transformación, das tendas de alimentación, dos agricultores que producen o que os animais comen.
Cando todo isto pase, que non se esqueza cales son os sectores que son IMPRESCINDIBLES para a vida, a todos os efectos!!!
O noso agarimo para médic@s, enfermeir@s, celadores, limpador@s, seguridade etc. E non o esquezamos tampouco cando isto pase!
O resto, os que teñan que estar na casa, sentidiño e cumprir as normas, é o que teñen que facer polos demais.
Por certo, xa saben que nós vacinamos as vacas contra o seu coronavirus. Agardamos poder facelo pronto tamén para o noso.

#BANDO SOBRE NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE BARREIROS PARA FREAR A CRISE SANITARIA DO COVID-19

#BANDO SOBRE NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE BARREIROS PARA FREAR A CRISE SANITARIA DO COVID-19

Tras a publicación do Real Decreto 463/2020 (BOE núm. 67 do 14 de marzo) polo que se decreta o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID19, o concello de Barreiros vén de adoptar novas medidas para evitar situacións de risco; das que se INFORMA:

1️⃣PRIMEIRO.- Téñense declarado servizos públicos municipais esenciais, con carácter inicial e susceptibles de ampliación ou modificación posterior, os seguintes:
a) Atención á veciñanza (telefónica e telemática)
b) Informática
c) Rexistro xeral
d) Padrón de habitantes
e) Servizos Sociais
f) Brigada municipal de mantemento de espazos públicos
g) Servizo de abastecemento de auga potable
h) Servizo de depuración de augas residuais
i) Limpeza de locais públicos
j) Recollida de lixo e limpeza viaria
k) Electricidade e iluminación pública
l) Secretaría-intervención-tesourería (rexistro telemático de facturas e pagamento a provedores)

2️⃣SEGUNDO.- A atención á veciñanza será unicamente telefónica e telemática. Só se atenderá presencialmente por razóns de urxencia, previa cita nos teléfonos ☎️982124002 (administración xeral – horario de 9 a 14hs) ou ☎️608038952 (servizos sociais).

3️⃣TERCEIRO.- Para cuestións de carácter urxente que se produzan fóra do horario de 9 a 14hs. habilítanse os seguintes teléfonos:☎️619515400 (administración xeral) e ☎️608038952 (servizos sociais).

4️⃣CUARTO.- Para dúbidas ou cuestións non urxentes habilítanse os seguintes enderezos electrónicos:
➡️ registro@concellodebarreiros.com (administración xeral)
➡️ asistenciasocial@concellodebarreiros.com (servizos sociais)

5️⃣QUINTO.- Ponse en marcha un servizo de 🤝voluntariado para a realización de compras de primeira necesidade para aquelas persoas con risco para a saúde, en coordinación cos servizos sanitarios, que operará do seguinte xeito:
A persoa con risco debe permanecer na súa vivenda e chamar ao 608038952 para trasladar a necesidade.
Os servizos sociais articularán cos medios propios ou persoal voluntario as compras a realizar, que se farán evitando os máximos desprazamentos, polo que deben acumularse pedidos; valorando os casos urxentes.
O persoal municipal ou voluntario estará en contacto coa persoa demandante do servizo para a realización da compra, pago e entrega da mesma.

6️⃣SEXTO.- O Concello de Barreiros ponse a disposición de xestionar espazos para aqueles pacientes que deban permanecer illados por razón de saúde e non poidan garantir ditas condicións nas súas vivendas. A necesidade de ditos espazos debe ser comunicada no ☎️ 608038952 e valorarase polo departamento de servizos sociais en colaboración cos servizos sanitarios.

7️⃣SÉPTIMO.- As persoas que queiran participar como voluntarias nos programas explicados nos puntos quinto e sexto deben enviar un correo electrónico a asistenciasocial@concellodebarreiros.com. Só en caso de imposibilidade, co fin de evitar a saturación da liña, poderán chamar ao 608038952.

8️⃣OITAVO.- O servizo de recollida de residuos e enseres a domicilio queda suspendido, salvo casos de urxencia que deben ser previamente notificados e autorizados no ☎️606011564.

O que se fai público para coñecemento xeral, en Barreiros a 16 de marzo de 2020. A alcaldesa,
Ana Belén Ermida Igrexas

Podes descargar o Bando en pdf aquí 👉 http://bit.ly/2QlyZIq

A Xunta vén de acordar a declaración de emerxencia sanitaria en Galicia.

Concello de Barreiros

➡️ En breve será publicado no DOG.

‼️ Aquí podedes ver o enlace á publicación no DOG 👉🏻 https://www.xunta.gal/…/2…/2256/AnuncioG0244-130320-1_gl.pdf

ℹ️ A Xunta vén de acordar a declaración de emerxencia sanitaria en Galicia.
Entre outras medidas, ordénase o peche das seguintes instalacións:

– Cines
– Teatros
– Auditorios
– Circos
– Establecementos de espectáculos deportivos – Recintos feirais
– Casinos
– Salas de bingo.
– Salóns de xogo
– Tendas de apostas
– Estadios deportivos
– Pavillóns deportivos
– Recintos deportivo
– Pistas de patinaxe
– Ximnasios.
– Piscinas de competición
– Piscinas recreativas de uso colectivo.
– Parques acuáticos
– Salóns recreativos
– Parques multiocio
– Museos
– Bibliotecas
– Salas de conferencias
– Salas polivalentes
– Salas de concertos
– Restaurantes

-Salóns de banquetes

– Cafeterías
– Bares
– Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas – Salas de Festas
– Discotecas
-Pubs
– Cafés-espectáculo
– Furanchos
– Centros de ocio infantil.

➡️ En breve será publicado no DOG.

‼️📣📣#BANDO #IMPORTANTE

#INFORMACIÓN #CORONAVIRUS (COVID-19) NO ÁMBITO DO CONCELLO DE BARREIROS

En vista do escenario producido pola aparición do #coronavirus (COVID-19), dende o Concello de Barreiros e seguindo as recomendacións trasladadas polas autoridades competentes, adoptamos unha serie de medidas que se aplicarán a partir do día seguinte á publicación do presente bando.

I.- Acordar o peche dos centros sociais, albergues municipais, instalacións deportivas e culturais en todo o termo municipal e, polo tanto, cancelar todas as actividades que se foran realizar neles, mentres se manteña dito peche.

II.- Acordar o peche ao público da Escola Infantil Municipal, da Biblioteca Municipal e da Aula Cemit.

III.- Suspender o servizo Abrente no CEIP de San Miguel de Reinante e adiar o acto de entrega de composteiros que estaba previsto para o sábado 14 de marzo.

IV.- Ordenar o reforzo das labores de desinfección e limpeza das instalacións municipais que permanezan abertas ao público.

V.- Manter a prestación do servizo de axuda no fogar baixo as indicacións do departamento de servizos sociais e con expresa indicación de reforzar as medidas de hixiene e prevención emitidas polas autoridades sanitarias; no sentido do recollido no protocolo conxunto da Consellería de Política Social e da Consellería de Sanidade para os centros de servizos sociais como consecuencia da situación de evolución do coronavirus (COVID-19).

VI.- Trasladar á poboación as medidas de prevención emitidas polas autoridades sanitarias de cara a levar a cabo actuacións individuais responsables para contribuír ao freo de contaxios.

VII.- Trasladar á poboación que eviten o desprazamento presencial ás dependencias municipais que permanezan abertas, salvo necesidade inaprazable; recomendando a realización de xestións vía telemática na sede electrónica do Concello ou telefónica no 982.124.002.

BARREIROS ENTREGARÁ O SÁBADO COMPOSTEIROS Á VECIÑANZA NUNHA CHARLA SOBRE COMPOSTAXE E RECICLAXE

BARREIROS ENTREGARÁ O SÁBADO COMPOSTEIROS Á VECIÑANZA NUNHA CHARLA SOBRE COMPOSTAXE E RECICLAXE.

O acto terá lugar  o sábado 14 de marzo, ás 11:30, no Centro Sociocultural de San Cosme.

Barreiros, 12 de marzo de 2020. O Concello de Barreiros fará entrega o vindeiro sábado de composteiros individuais facilitados pola Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA)  ás veciñas e veciños que así o solicitaron.

A entrega terá lugar nun acto público ao que convidan a asistir a toda a veciñanza que terá lugar ás 11:30 da mañá no Centro Sociocultural e no que se darán nocións básicas sobre tratamento de residuos, reciclaxe e compostaxe. Nese mesmo acto, entregarase a todas as persoas que solicitaron composteiros individuais un manual de compostaxe doméstica para facilitar a elaboración do compost doméstico.

Desde o Concello de Barreiros insiren esta actuación nunha campaña máis ampla sobre tratamento de residuos e reciclaxe que están a promover para tratar de mellorar as cifras de reciclaxe e xeración de residuos que ata este momento ten o concello barreirense.

Neste sentido, teñen previsto desenvolver tamén outras campañas de concienciación, dirixidas a distintos colectivos, para lograr unha maior e mellor separación e aproveitamento dos residuos.

Información do #coronavirus (COVID-19)

Concello de Barreiros

🦠Información do #coronavirus (COVID-19)

Dende a concellería de saúde do Concello de Barreiros queremos facer un chamamento a tranquilidade e instamos a cidadanía a que siga as instrucións das autoridades sanitarias.

🤚 Lava as mans con frecuencia
👉 Evita tocar 👀👄👃
🗣 Cubre a boca ao tusir co antebrazo
😷 Con síntomas, evita o contacto con outras persoas

No caso de presentar síntomas como
🤒 Febre
🤭 Tose
😨 Sensación de falta de aire
 NON ACUDIR directamente ao Hospital nin ao Centro de Saúde
 CONTACTAR TELEFONICAMENTO co #061

ℹ️ Para máis información chama ao teléfono gratuíto ☎️ 900 400 116

O CONCELLO DE BARREIROS FAI ENTREGA A APNED DA DOAZÓN OBTIDA NA CARREIRA SOLIDARIA DE REIS

O CONCELLO DE BARREIROS FAI ENTREGA A APNED DA DOAZÓN OBTIDA NA CARREIRA SOLIDARIA DE REIS.

Fecha de publicación:
Miércoles, 11 Marzo, 2020 – 09:34

A Asociación de Nais e Pais de Nenos con Discapacidade da Mariña recibiu 458,10€ das doazóns das persoas participantes na carreira e andaina solidaria de Reis organizada polo Concello de Barreiros.

La imagen puede contener: 2 personas, barba

Barreiros, 11 de marzo de 2020. O concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García, fixo entrega a Nico Veiga, directivo da APNED da cantidade recadada con motivo da carreira e andaina solidaria organizada polo Concello de Barreiros o día 5 de xaneiro.

Tras ter aprobada a conta xustificativa de dito evento, as doazóns das persoas participantes en ditas probas ascenderon a catrocentos cincuenta e oito euros con 10 céntimos, que foron entregadas á asociación APNED (Asociación de Nais e Pais de Nenos con discapacidade) que traballa no ámbito da atención a nenas e nenos con capacidades diferentes desde hai anos e cuxa sede social está en Barreiros.

Desde o Concello sinalan que “a pretensión da entidade local é abrir unha vía de colaboración e solidariedade con asociacións sen ánimo de lucro que traballen no ámbito do benestar social, xa que a súa labor é fundamental para a igualdade das persoas con capacidades diferentes, especialmente en concellos pequenos ou rurais, nos que mesmo chegan a suplir funcións que deberan asumir as administracións.”

Nico Veiga agradeceu en nome da asociación e das familias usuarias a colaboración de todas as persoas que fixeron as súas doazóns voluntarias para este fin e tamén a implicación do Concello de Barreiros “por pensar nas necesidades de asociacións coma a que represento, que loitamos contra vento e marea por garantir atención ás nenas e nenos con capacidades diferentes.”

Un vecino de Foz, probable primer caso de coronavirus en Lugo

Un vecino de Foz, probable primer caso de coronavirus en LugoLa imagen puede contener: cielo y exterior

 Dos técnicos de ambulancia, ante el Hula. VITORIA RODRÍGUEZ
Se trata de un hombre de 60 años que ha dado positivo en el primer test y permanece a la espera de los resultados del segundo ► Ingresó en Burela el domingo y el lunes fue trasladado al Hula

Un hombre de 60 años, vecino de Foz, es el primer caso de coronavirus de la provincia de Lugo. Ingresó el pasado domingo en el Hospital de Burela por una neumonía y dio ayer positivo a la primera prueba PCR. Aunque todavía está pendiente de los resultados de la segunda, que realiza el Centro Nacional de Microbiología de Madrid, los preventivistas ya han comenzado a rastrear sus contactos más frecuentes para ver si tienen síntomas y qué medidas toman al respecto.

Este lunes por la noche el paciente fue trasladado al Hula, donde ingresó en una habitación de presión negativa de la unidad de Enfermedades Infecciosas. Esas estancias funcionan como método de contención de los patógenos, de forma que en este caso el virus no sale de ese espacio. Cuentan con un sistema individual de filtrado de aire y el personal sanitario que entra y sale de ellas siempre lleva barreras de protección.

El gerente de la Eoxi Lugo, Cervo y Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico, afirmó este martes que se trata de “un caso en estudio que está estable”. Ares quiso hacer un llamamiento de “tranquilidad a la población” porque la situación, según dijo, es “absolutamente normal”. “Estamos preparados de acuerdo a todos los protocolos establecidos” afirmó el gerente de la Eoxi lucense.