BARREIROS ENTREGARÁ O SÁBADO COMPOSTEIROS Á VECIÑANZA NUNHA CHARLA SOBRE COMPOSTAXE E RECICLAXE

BARREIROS ENTREGARÁ O SÁBADO COMPOSTEIROS Á VECIÑANZA NUNHA CHARLA SOBRE COMPOSTAXE E RECICLAXE.

O acto terá lugar  o sábado 14 de marzo, ás 11:30, no Centro Sociocultural de San Cosme.

Barreiros, 12 de marzo de 2020. O Concello de Barreiros fará entrega o vindeiro sábado de composteiros individuais facilitados pola Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA)  ás veciñas e veciños que así o solicitaron.

A entrega terá lugar nun acto público ao que convidan a asistir a toda a veciñanza que terá lugar ás 11:30 da mañá no Centro Sociocultural e no que se darán nocións básicas sobre tratamento de residuos, reciclaxe e compostaxe. Nese mesmo acto, entregarase a todas as persoas que solicitaron composteiros individuais un manual de compostaxe doméstica para facilitar a elaboración do compost doméstico.

Desde o Concello de Barreiros insiren esta actuación nunha campaña máis ampla sobre tratamento de residuos e reciclaxe que están a promover para tratar de mellorar as cifras de reciclaxe e xeración de residuos que ata este momento ten o concello barreirense.

Neste sentido, teñen previsto desenvolver tamén outras campañas de concienciación, dirixidas a distintos colectivos, para lograr unha maior e mellor separación e aproveitamento dos residuos.