A Xunta destinou 200.000 euros á creación dun hotel de tres estrelas que reforzará a oferta turística de Barreiros

A Xunta destinou 200.000 euros á creación dun hotel de tres estrelas que reforzará a oferta turística de Barreiros

Álbum de fotos

A Consellería do Medio Rural apoia cunha achega de 200.000 euros a posta en marcha en Barreiros do establecemento Rías Altas, que prevé abrir as súas portas a finais de febreiro e será o primeiro hotel de tres estrelas dese municipio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou onte as instalacións deste novo hotel da man da promotora, Tamara Rubiños. O proxecto obtivo unha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) a través da medida Leader, que foi xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda. A contía da achega acadou o 50% do investimento (algo máis de 400.000 euros).

14 habitacións e restaurante

O establecemento ofertará 14 habitacións dobres e unha individual e tamén ten restaurante, que xa existía anteriormente xestionado polos pais da promotora e que apostará pola cociña tradicional con produtos locais.

O proxecto incide no respecto polo medio ambiente en aspectos como o uso de envases de xel reutilizables, o emprego de enerxías renovables -como aerotermia para a climatización- ou a aplicación dun plan de xestión de residuos; e tamén aposta polo emprego de elementos naturais no mobiliario e decoración, como madeira e textís de liño e algodón.

Lugo, 21 de xaneiro de 2020.- A Consellería do Medio Rural apoiou cunha achega de 200.000 euros a posta en marcha en Barreiros do establecemento Rías Altas, que prevé abrir as súas portas a finais de febreiro e será o primeiro hotel de tres estrelas do municipio.

Balseiso destacou que contribuirá a potenciar a oferta turística do concello e lembrou que os GDR impulsan iniciativas produtivas “que favorecen a ampliación e diversificación do tecido económico da zona”, e tamén outras non produtivas, que redundan na mellora dos servizos do medio rural e na calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

No caso de Barreiros, o GDR Terras de Miranda apoiou con case 550.000 euros nos tres últimos anos catro iniciativas, tres delas de emprendemento e unha promovida polo Concello para rehabilitar un local social na Rilleira.

Ademais do novo establecemento de aloxamento visitado no día de hoxe, a Xunta apoia unha iniciativa de taller de carpintería metálica en aceiro inoxidable e o proxecto Araucaudia House

Aberto o prazo de convocatoria
O delegado territorial lembrou finalmente que neste intre está aberto o prazo de solicitude de axudas da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non.

“Aínda que o prazo de presentación de solicitudes é permanente durante todo o período de execución do Leader, concorrerán a esta convocatoria aquelas presentadas ata o 31 de xaneiro de 2020. As solicitudes de axuda dirixiranse, tendo en conta a localización do investimento, ao GDR que corresponda e presentaranse no formulario e coa documentación prevista nas bases reguladoras desta convocatoria”.

Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva a través de cada GDR e as persoas beneficiarias de proxectos produtivos poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50% da subvención concedida. No caso dos proxectos non produtivos esta porcentaxe pode chegar ata o 90%.

Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

BOA TARDE: POR PROBLEMAS DE ÚLTIMA HORA, A CONVOCATORIA DE ROLDA DE PRENSA DA PLATAFORMA SANITARIA PARA MAÑÁ ÄS 12 HORAS ADIÁNTASE ÁS 11:30 HORAS; MANTENDO O LUGAR E A ORDE DO DÍA. DESCULPADE AS MOLESTIAS E GRAZAS ANTICIPADAS.SAÚDOS

Montse Porteiro

Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

Bo día, achegamos convocatoria de rolda de prensa para mañá 22 de xaneiro ás 12 horas no local da CIG de Burela.Saúdos

Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

CONVOCATORIA AOS MEDIOS

Data:  Mércores 22 de Xaneiro de 2020

Hora:  12 horas

Lugar: LOCAL DA CIG BURELA. RÚA ARCADIO PARDIÑAS

Asuntos:

-Análise e balance da UMAR desde a súa implantación

-Manifestación en Compostela o domingo 9 de febreiro. Actos na comarca e transporte.

-Rolda de preguntas