OLLOMAO ESTREA A SÚA ÚLTIMA PRODUCIÓN ESTA FIN DE SEMANA EN SAN MIGUEL DE REINANTE

OLLOMAO ESTREA A SÚA ÚLTIMA PRODUCIÓN ESTA FIN DE SEMANA EN SAN MIGUEL DE REINANTE

“O DOCUMENTO”, UNHA CREACIÓN DO GRUPO A PARTIR DO CONTO HOMÓNIMO DE ÁNXEL FOLE, É O TÍTULO DESTA NOVA PROPOSTA DO GRUPO BARREIRENSE.

Despois do éxito da súa última produción, Enciclopedia Álvarez, da que xa se levan realizado máis de 30 representacións e que aínda sigue mantendo en cartel, o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros presenta unha proposta completamente novidosa e que supón un xiro de 180 graos a respecto da obra anterior.

Se na Enciclopedia o texto era a base fundamental na que se sustentaba a obra, neste caso, o texto é só un pretexto que lles permite aos actores e actrices do grupo explorar novas formas teatrais como o clown ou a comedia dell´arte e a partir de aí crear personaxes, que non son puramente clowns nin personaxes da comedia, pero que si teñen algo da súa impronta, aínda que acaben convertidos en personaxes do noso teatro popular

Manueliño atopa unha carta de amor no mandil da súa moza Sabeliña. Desesperado polos celos non atopa outra saída que non sexa o suicidio. Para iso subirase ao cimo dun freixo no que pretende colgarse. Pero aí empeza un incesante ir e vir de personaxes ao redor da árbore que intentarán facerlle desistir do seu empeño

A partir deste sinxelo fío argumental sucédese un desfile de personaxes atemporais no que se mesturan desde tipos dos máis comúns e característicos da nosa terra con arquetipos universais.

O Documento é sobre todo un xogo. E como en case todos os xogos o espazo e o tempo perden importancia. Os personaxes deambulan por unha fraga que non é unha fraga, nun tempo que non é o presente, nin tampouco o pasado… se cadra é o futuro… quen sabe!

O Documento é un xogo porque pretende que todos nos volvamos un pouco nenas e nenos e desfrutemos das cousas sinxelas, sen artificios. Un xogo que fai

que volvamos rirnos do cura que se desmaia porque descobre que a súa “amada” está namorada doutro,… do capitán ao que non lle gusta o exército ou da notaria sabichona que non é capaz de traer un vaso de auga.

E todo isto nun escenario case baleiro que pretende simbolizar o estado no que están a quedar as nosas fragas. Porque: “Señoras e señores, isto é unha fraga; cousas do teatro”

As funcións terán lugar nos Colexios Vellos de San Miguel o venres 20 ás dez da noite, o sábado 21 ás oito e o domingo 22 ás seis da tarde. As entradas, que xa se poden adquirir contactando con algún dos membros da directiva de Ollomao ou dos integrantes do grupo de teatro, teñen un prezo de 4 €. A este respecto, desde a Directiva de Ollomao recordan que as entradas reservadas estarán a dispor de quen fixo a reserva ata media hora antes do inicio da función na billeteira do teatro, na que tamén se contará, como mínimo, co cupo establecido legalmente para a venda directa en taquilla. De non retiralas nese prazo, poranse á venda. Tamén indican que cada entrada só é válida para o día e hora que figura na mesma e que os menores pagan entrada sempre e cando ocupen asento.

Banderas Azúles 2020

El gobierno del BNG de Barreiros vuelve a pedir banderas azules para sus playas

Llevaba tres años sin hacerlo, tras retirárselas todas un verano Adeac

La imagen puede contener: océano, cielo, planta, exterior, naturaleza y agua
PEPA LOSADA
BARREIROS / LA VOZ 

Después de que en verano de 2015 Adeac ordenase retirar las banderas azules que ondeaban en varias playas de Barreiros, por cuestiones como permitir la práctica de deportes acuáticos y la falta de personal de primeros auxilios, la situación se agravó el verano de 2016, cuando Adeac ordenó retirar las seis que lucían. Entonces, la medida afectó a las playas de Arealonga (por un vertido de aguas fecales) a la de Lóngara (por inexistencia de WC públicos en el momento de realizar la inspección y práctica de kitesurf sin tener zona habilitada ara ello) y a la de As Pasadas (por incumplimiento del criterio de disponer de al menos dos socorristas profesionales en la playa). A ellas se unieron en agosto las otras tres banderas, las que ondeaban en las playas de Coto, Fontela-Valea y Acantilado-Remior. En estos tres casos, por incumplimiento de los estándares de calidad del servicio de socorrismo.

El entonces alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, discrepaba con los criterios que seguía Adeac y dijo no estar dispuesto a que las banderas azules fuesen un elemento de controversia, de modo que el verano siguiente, en 2017, no las solicitó. Tampoco lo hizo en 2018 ni en 2019. Barreiros, en otro tiempo estandarte gallego por sus banderas azules, renunciaba a izarlas.

En aquel momento, la oposición, la ahora alcaldesa Ana Ermida (BNG), criticó duramente al gobierno municipal y se comprometió a recuperar las banderas azules si llegaba a la alcaldía. Y es lo que va a tratar de hacer. Este lunes concluye el plazo para solicitar las banderas y Ana Ermida explicó que hoy tramitarán la solicitud, tras valorar qué arenales están en mejores condiciones para recuperarlas.

PREVISIÓN INFORMATIVA MARTES 17 DE DECEMBRO 2019 #VerínNonSePecha

PREVISIÓN INFORMATIVA  MARTES 17 DE DECEMBRO 2019

Data:  Martes 17 de Decembro de 2019

Hora:  12 horas

Lugar: HOSPITAL DA MARIÑA.ENTRADA PRINCIPAL

Asunto: A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña , en solidariedade co movemento #VerínNonSePecha, polo peche dos paridoiros e urxencias pediátricas no Hospital de Verín , convoca unha concentración diante do hospital coincidindo en data e hora coa que este movemento e SOS Galicia teñen convocada diante do Parlamento.

“O Documento” Colectivo Cultural Ollomao

🎭 Achégase o Nadal e con el as habituais voltas. E, claro, no noso caso a volta dunha nova obra de #teatro. Chámase “O Documento” e, por suposto, imos contarvos un pouco de que vai:

“Manueliño atopa unha carta de amor no mandil da súa moza Sabeliña. Desesperado polos celos non atopa outra saída que…”

Non pensariades que iamos facer un spoiler, non? 😃
Para coñecer o desenlace nada mellor que vivilo na estrea desta nova peza que terá lugar nos 📍Colexios Vellos de San Miguel nas seguintes datas:

📆Venres, 20 de decembro, ás 22:00h.
📆Sábado, 21 de decembro, ás 20:00h.
📆Domingo, 22 de decembro, ás 18:00h.

🎟Prezo da entrada: 4€.

O 5 DE XANEIRO TERÁ LUGAR A CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE REIS EN BARREIROS

O 5 DE XANEIRO TERÁ LUGAR A CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE REIS EN BARREIROS

Na maña de onte foi presentada a Carreira Popular Solidaria de Reis e a I Andaina Solidaria que por primeiro ano organiza o Concello de Barreiros.

Barreiros, 13 de decembro de 2019. O 5 de xaneiro terá lugar a Carreira Popular Solidaria de Reis (7km) e a I Andaina Solidaria (10km), ámbalas dúas organizadas pola área de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros que este ano colle o relevo da organización dunha carreira que se iniciou fai xa 20 anos.

“Queremos darlle un novo enfoque a esta mítica carreira, retomando na proba absoluta un dos circuítos que mais lle gusta ós/ás corredores/as, cunha distancia de 7 km e a creación da primeira andaina solidaria que compartirá parte do recorrido da carreira e contará  cunhas vistas espectaculares no entorno da Lagoa dos patos e a Ría do Masma” indica o edil Dani García.

Unha proba solidaria 

Parte do recadado coas inscricións tanto na carreira como na andaina será doado a APNED (asociación de pais e nais de nenos con discapacidade da Mariña Lucence) con sede en Barreiros, e da cal forma parte Nico Veiga que foi un dos precursores da carreira no ano 2000. “Decidimos darlle un novo impulso a esta proba mantendo as raíces e a súa razón de ser, unha proba para os verdadeiros/as reis e raíñas, os/as nenos/as, polo que colaboramos cunha asociación que traballa día a día con eles/elas e tamén é unha forma de agradecerlle ós precursores desta carreira, tanto Nico, Suso e os demais colaboradores que sempre fixeron desta data un referente polos seus valores” comenta Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal.

O prazo de inscrición, que xa se atopa aberto, finaliza o 2 de xaneiro. As inscricións para as categorías menores será de balde e formalizarase dende a web www.championchipnorte.com. Para a inscrición da andaina existe tamén a posibilidade de facelo na Biblioteca Municipal ou no Concello.

Dende o Concello de Barreiros animan a toda a veciñanza a que participe nas probas así como agradecen a todas as empresas e particulares que desexen colaborar co evento.

COMUNICADO DE PRENSA VERIN NON SE PECHA

image.png
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña comunica que ante a imposibilidade de acudir á concentración que convoca o movemento #VerínNonSePecha diante do Parlamento de Galicia  o vindeiro martes 17 de decembro ás 12 horas, para rexeitar o peche dos paridoiros do hospital de Verín desde o pasado 1 de decembro ,realizará unha concentración de apoio ao mesmo diante do Hospital da Mariña coincidindo coa data e hora da concentración de Compostela.
Animamos e emprazamos a veciñás, veciños, colectivos e profesionais sanitari@s da comarca para que se acheguen ata a entrada principal do hospital da Mariña o martes 17 de decembro ás 12 horas.
.Montse Porteiro
Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña

BARREIROS AMPLÍA E RENOVA OS PUNTOS DE RECOLLIDA DE ACEITE DOMÉSTICO USADO

BARREIROS AMPLÍA E RENOVA OS PUNTOS DE RECOLLIDA DE ACEITE DOMÉSTICO USADO

Fecha de publicación:
Jueves, 12 Diciembre, 2019 – 12:39

A concellería de medio ambiente planifica unha campaña de concienciación sobre recollida selectiva dos residuos, ampliando os puntos de recollida e facilitando información á veciñanza.

O mércores 18 de decembro terá lugar unha charla dirixida a toda a poboación sobre selección de residuos nas vivendas.

La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendo, personas de pie, cielo, niños, nube, árbol, exterior y naturaleza

Barreiros, 12 de decembro de 2019. A concellería de medio ambiente do Concello de Barreiros continúa desenvolvendo traballos para facilitar a recollida selectiva de residuos nas vivendas. As actuacións inclúen desde novos puntos de recollida ata charlas divulgativas e accións formativas sobre a recollida selectiva de residuos.

Novos puntos para recollida de aceites domésticos.

Nos últimos días, téñense colocado novos puntos de recollida de aceite doméstico usado e procedeuse tamén a renovación dos xa existentes en Reinante, San Miguel, Altar e San Cosme. Os novos puntos colocáronse en Vilamar, Viladaíde, nas vivendas sociais novas de San Cosme e no punto limpo; facilitando así a reciclaxe de aceite ás veciñas e veciños.

O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explica que “o aceite debe depositarse en botellas de plástico pechadas dentro dos colectores, evitando así verquidos arredor dos mesmos. O feito de contar con un colector no punto limpo facilita tamén que as persoas poidan enviar este residuo nas recollidas programadas polo concello se non teñen facilidade para desprazarse.”

Charla sobre residuos e reciclaxe.

Ademais deste incremento e renovación de colectores, que prevén continuar nos vindeiros meses, desde a área de medio ambiente organizan tamén unha xornada divulgativa e informativa sobre a recollida selectiva, en colaboración coa empresa Servicios dos Concellos Galegos que se encarga desta recollida.

A charla terá lugar o vindeiro mércores 18 ás 17:30 horas no centro sociocultural de San Cosme e nela explicaranse como xerar menos residuos e como facer correctamente a súa selección. Desde a concellería de medio ambiente insisten en “animar ás veciñas e veciños a acudir para lograr unha separación dos residuos máis eficiente, xa que iso redunda nunha mellor e máis eficiente recollida.”

“Tendo en conta ademais que estamos nunha época na que se xeran moitísimos residuos con motivo das festas, é bo lembrar como debe ser o seu tratamento, para tratar de evitar un maior dano medioambiental”, manifestan.

Con estas actuacións preténdese clarificar que residuos teñen que depositarse, por exemplo, no colector amarelo; xa que é habitual que a xente, con moi boa intención, deposite todo tipo de material plástico nos mesmos e só están destinados a plásticos domésticos. “Hai un exemplo claro: as flores de plástico dos cemiterios, por exemplo, non poden ir ao colector amarelo, senón ao verde. E é habitual que se boten coa mellor intención no amarelo”, asegura Ratoeira.

O goberno de Barreiros continuará levando a cabo campañas divulgativas sobre a xestión dos residuos, xa que ten detectado eivas importantes nos mesmos e consideran que “a administración ten que poñer todos os medios para que os residuos que se produzan sexan os mínimos e que os que existan sexan tratados correctamente.” Por iso, explican, “púxose en marcha un sistema de recollida de restos vexetais previo aviso e estase tratando de divulgar a necesidade de utilizar correctamente todos os medios dos que dispón o concello, como as recollidas a domicilio ou o punto limpo, evitando os depósitos de residuos a carón dos colectores.”

Nestes días tamén se continúa coa limpeza exterior dos colectores co fin de que a imaxe de Barreiros sexa a dun concello limpo.

Estíbaliz Veiga: «Estou coñecendo verdadeiros lugares máxicos e incribles»

Estíbaliz Veiga: «Estou coñecendo verdadeiros lugares máxicos e incribles»

Estreou na canle autonómica o espazo que ensina Galicia dende «os seus ollos»; A Mariña sae o día 16

YOLANDA GARCÍA
BARREIROS / LA VOZ 

Con raíces fondas e sentimentais en Celeiro de Mariñaos, a actriz barreirense Estíbaliz Veiga acaba de mergullarse nunha nova aventura dentro da súa carreira. A última incursión televisiva da mariñá leva por título Un país en 360, programa de Adiviña Producións baixo a dirección de Jorge Algora, que entraba onte á noite nas casas galegas a través da TVG en horario de máxima audiencia (emítese os luns ás 22.00 horas) coa estrea dedicada á Ribeira Sacra. O seguinte capítulo será o vindeiro 16, o da Mariña, e continuará nesta orde: Oseira, Lugo, A Coruña, Costa da Morte e Parque das Illas Atlánticas. A novidade é o formato no que foi gravado, incorporando nun concepto multiplataforma en España a denominada estereoscopia.

-Como prevé «o parto»?

-Aínda será de noite [por onte], porque nos debemos ao noso público, á nosa audiencia. Para min esta experiencia foi das máis gratificantes que tiven nos 20 anos que levo de traxectoria profesional, pero ata que saia o primeiro capítulo e se teste cos que están na casa estou con todos os dedos cruzados.

-Fixo algún ritual de sorte en particular para que sexa exitoso?

-Simplemente mirei para o ceo e pensei no meu avó.

-Debe de ser emocionante sacar adiante un proxecto así…

-Efectivamente, é emocionante porque non só achegamos as nosas tecnoloxías aos usuarios e ás súas casas, senón que tamén nós imos con eles ás súas propias casas. De feito, estivemos sobrevoando co dron as casas dunhas mulleres de Zobra, por exemplo, onde vían onde tiñan o seu galiñeiro, a súa horta… e para min iso é realmente entrañable, pois recórdame o cariño que lle tiña meu avó á súa casiña naquela época dos 90, na que se levaban tanto as fotografías aéreas e a cada un lle gustaba ter unha. Neste programa atopámonos con esa xente que ten ese amor á súa casa, a que, con tanto esforzo, e a base de traballo duro, foron construíndo. Tamén mesturamos persoas, profesións, lugares, rural, urbano… e achegámonos moi de preto á súa forma de vida, sexa co dron, coa realidade virtual, nun 360? ou dun xeito totalmente convencional. Mesturando iso, as novas tecnoloxías e a xente do noso «país en 360?»… claro que é emocionante!

-Ás veces dise que en Galicia non valoramos o suficiente o noso. Servirá isto para darlle a volta?

-Este programa amosa o patrimonio paisaxístico, histórico, cultural e etnográfico, todo canto hai. Todos temos eses puntos que coñecemos da nosa Galicia, pero eu mesma, que me movo moito, estou coñecendo verdadeiros lugares máxicos, de paisaxes incribles e inexplorados. Velos a través dunha cámara 360? dende a casa é realmente impresionante. Poden ver a través dos meus ollos, como o poema de Rosalía Vista dos meus ollos. Eu levo a cámara, busco planos (cun equipo detrás obviamente), busco os recunchos… Vou contar unha sorpresa que se pode dicir: subinme ao faro de Illa Pancha de Ribadeo por unhas escaleiras fermosas de forxa de Sargadelos, metinme por un buraco e, dende alí arriba, fixen planos que ninguén ten.

-Viviu algunha anécdota tamén a «nena» que leva dentro?

-De feito, a cativa que vive en min é a que fai o programa. Ando escapada ás veces do resto do equipo, a «cabriña de Celeiro» está presente todo o tempo, buscando alturas ou pensando: «isto ten que velo a xente, ten que experimentalo comigo».

-Pasoulle factura algunha peripecia con «Un país en 360?»?

-Non! Estou enteira! Teño caído máis na miña propia casa. Fixen todo tipo de deportes: foil surf en Ribadeo, barranquismo nas pozas de Melón, snorquel nas illas Cíes, bicicleta eléctrica en Vigo… Hai moitas cousas en cada programa que son xeniais. Ademais, é a primeira vez en España que se fai un formato deste tipo, con esta tecnoloxía. É algo arriscado, pero confiamos en que incluso todos aqueles que queiran viaxar dentro da nosa Galicia poidan sacarlle partido, pois imos colgar tamén parte dos capítulos na canle de YouTube da TVG, para poder ver en 3D e 360?.

-A ver se vai producir algún que outro «efecto As Catedrais»…

-Sempre repito isto: non é unha postal, é unha paisaxe viva que debe ser coidada, respectada e medida. Así que todo o mundo que se achegue aos lugares que nós amosamos ha de ir con esa perspectiva de coidar o contorno, porque só temos un planeta, e eu, que son superecoloxista, vivo con esa premisa dende que me ergo ata que me deito.

-Xa sabemos que as comparacións son odiosas sempre, pero… podemos chancear dicindo que é a nosa «Calleja galega»?

-[Sorrí]. Si, xa mo teñen dito!

«Esta experiencia foi das máis gratificantes que tiven en 20 anos de traxectoria»

«É a primeira vez que se fai un formato deste tipo. Somos pioneiros con esa tecnoloxía»