AVISO IMPORTANTE!!

Concello de Barreiros
10 h ·
AVISO IMPORTANTE!!
Neste momento o noso concello está en alerta laranxa por vento.
Pedimos extremar a precaución cando se ande por fóra e ter moito coidado cos elementos que poidan desprenderse de cornixas, balcóns ou fiestras.
O aviso emitido manterase ata a noitiña.

🌎 EXPOSICIÓN “CULTURAS EN DIÁLOGO – SOMOS MIGRANTES, ABRIMOS CAMIÑOS”

🌎 EXPOSICIÓN “CULTURAS EN DIÁLOGO – SOMOS MIGRANTES, ABRIMOS CAMIÑOS”

🔜 Esta tarde, ás 19:00 horas nos Colexios Vellos de San Miguel, inaugúrase a exposición “Culturas en Diálogo – Somos migrantes, abrimos camiños”. Unha mostra que está coorganizada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros e o Seminario de Estudos “Os Espigueiros”.

🌅 Na exposición, ademais de fotografías e material relacionado coa emigración a Arxentina e Uruguay poderase contemplar tamén parte do fondo fotográfico e documental sobre a emigración a Cuba, recopilado polo Seminario de Estudos “Os Espigueiros”, de San Miguel.

👥 Ao acto está previsto que asistan Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial, Noela Fernández Soto, presidenta do Seminario de Estudos “Os Espigueiros” de San Miguel de Reinante, Mónica Freire Rancaño, deputada provincial de Medio Rural, Mar e Mocidade, e Ana Ermida Igrexas, alcaldesa de Barreiros.

🕰 As datas e horarios para visitar a exposición son os seguintes:

– Xoves 19, de 16:00 a 20:00
– Venres 20, a partir das 20:00
– Sábado 21, a partir das 19:00
– Domingo 22, a partir das 17:00
– Luns 23, de 16:00 a 18:00
– Xoves 26, de 16:00 a 18:00
– Venres 27, de 16:00 a 18:00
– Sábado 28, de 11:00 a 13:00
– Luns 30, de 16:00 a 18:00

La imagen puede contener: 4 personas
La imagen puede contener: interior
La imagen puede contener: texto
La imagen puede contener: interior
+3

A PARTIR DO DÍA 18 E ATA O 30 DE DECEMBRO A EXPOSICIÓN “CULTURAS EN DIÁLOGO – SOMOS MIGRANTES, ABRIMOS CAMIÑOS” PODERÁ VISITARSE NOS COLEXIOS VELLOS DE SAN MIGUEL DE REINANTE

A PARTIR DO DÍA 18 E ATA O 30 DE DECEMBRO A EXPOSICIÓN “CULTURAS EN DIÁLOGO – SOMOS MIGRANTES, ABRIMOS CAMIÑOS” PODERÁ VISITARSE NOS COLEXIOS VELLOS DE SAN MIGUEL DE REINANTE

A Área de Cultura da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros e o Seminario de Estudos “Os Espigueiros” coorganizan esta mostra.

Barreiros, 18 de decembro de 2019. Coincidindo co Día Mundial das Migracións inaugurouse en San Miguel de Reinante, nas antigas escolas habaneras, construidas a principios do século XX pola Sociedade “Hijos de San Miguel y Reinante en la Habana”, a exposición “Culturas en Diálogo – Somos migrantes, abrimos camiños”. A exposición poderase visitar ata o 30 de decembro.

Unha exposición que recolle unha parte da historia da nosa emigración

Esta exposición, elaborada e deseñada pola Rede Museística Provincial de Lugo, da Área de Cultura da Deputación e que está circulando por todo o país desde 2014, pertence ao proxecto de museoloxía social e diálogo intercultural denominado Culturas en Diálogo Lugo-Arxentina, proxecto no que participaron  e colaboraron diversas asociacións e persoas vencelladas a diferentes actividades artísticas e culturais de ambas beiras do Atlántico fomentando o intercambio de culturas. Entre os artistas que colaboraron está tamén  o fotógrafo barreirense Xosé Reigosa.

A xerente da Rede Museística, Encarna Lago foi a encargada de guiar aos asistentes nesta exposición, explicando a mesma, acompañada pola presidenta do Seminario de Estudos “Os Espigueiros” Noela Fernández Soto, a deputada provincial Mónica Freire Rancaño e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida, que tamén interviron no acto de inauguración.

O antigo Edificio Escolar da Sociedade “Hijos de San Miguel y Reinante”, un emblema histórico e cultural

A Rede Museística Provincial de Lugo, o Concello de Barreiros e o Seminario de Estudos “Os Espigueiros” escolleron as  antigas escolas habaneras de San Miguel de Reinante para esta exposición, polo significado e a historia que este noble edifico atesoura, memoria viva da emigración barreirense e mariñá a América a finais do século XIX e principios do XX. Na exposición, ademais de fotografías e material relacionado coa emigración a Arxentina e Uruguay poderase contemplar tamén parte do fondo fotográfico e documental sobre a emigración a Cuba, recopilado polo Seminario de Estudos “Os Espigueiros”, de San Miguel.

O antigo Edificio Escolar da Sociedade “Hijos de San Miguel y Reinante”, construido a principios do século XX, foi remodelado e rehabilitado pola Área de Cultura da Viceprensidencia da Deputación no ano 2013, invertindo no mesmo a entidade provincial 310.775,80€, e desde aquela alberga numerosas actividades culturais, sociais, educativas e de lecer, organizadas por diferentes asociacións do concello, seguindo así o ronsel e a filosofía das súas orixes primixenias que tan ben definiron aqueles filántropos da diáspora.

 

Horarios para visitar a exposición: 

Xoves 19, de 16:00 a 20:00

Venres 20, a partir das 20:00

Sábado 21, a partir das 19:00

Domingo 22, a partir das 17:00

Luns 23, de 16:00 a 18:00

Xoves 26, de 16:00 a 18:00

Venres 27, de 16:00 a 18:00

Sábado 28, de 11:00 a 13:00

Luns 30, de 16:00 a 18:00

OLLOMAO ESTREA A SÚA ÚLTIMA PRODUCIÓN ESTA FIN DE SEMANA EN SAN MIGUEL DE REINANTE

OLLOMAO ESTREA A SÚA ÚLTIMA PRODUCIÓN ESTA FIN DE SEMANA EN SAN MIGUEL DE REINANTE

“O DOCUMENTO”, UNHA CREACIÓN DO GRUPO A PARTIR DO CONTO HOMÓNIMO DE ÁNXEL FOLE, É O TÍTULO DESTA NOVA PROPOSTA DO GRUPO BARREIRENSE.

Despois do éxito da súa última produción, Enciclopedia Álvarez, da que xa se levan realizado máis de 30 representacións e que aínda sigue mantendo en cartel, o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros presenta unha proposta completamente novidosa e que supón un xiro de 180 graos a respecto da obra anterior.

Se na Enciclopedia o texto era a base fundamental na que se sustentaba a obra, neste caso, o texto é só un pretexto que lles permite aos actores e actrices do grupo explorar novas formas teatrais como o clown ou a comedia dell´arte e a partir de aí crear personaxes, que non son puramente clowns nin personaxes da comedia, pero que si teñen algo da súa impronta, aínda que acaben convertidos en personaxes do noso teatro popular

Manueliño atopa unha carta de amor no mandil da súa moza Sabeliña. Desesperado polos celos non atopa outra saída que non sexa o suicidio. Para iso subirase ao cimo dun freixo no que pretende colgarse. Pero aí empeza un incesante ir e vir de personaxes ao redor da árbore que intentarán facerlle desistir do seu empeño

A partir deste sinxelo fío argumental sucédese un desfile de personaxes atemporais no que se mesturan desde tipos dos máis comúns e característicos da nosa terra con arquetipos universais.

O Documento é sobre todo un xogo. E como en case todos os xogos o espazo e o tempo perden importancia. Os personaxes deambulan por unha fraga que non é unha fraga, nun tempo que non é o presente, nin tampouco o pasado… se cadra é o futuro… quen sabe!

O Documento é un xogo porque pretende que todos nos volvamos un pouco nenas e nenos e desfrutemos das cousas sinxelas, sen artificios. Un xogo que fai

que volvamos rirnos do cura que se desmaia porque descobre que a súa “amada” está namorada doutro,… do capitán ao que non lle gusta o exército ou da notaria sabichona que non é capaz de traer un vaso de auga.

E todo isto nun escenario case baleiro que pretende simbolizar o estado no que están a quedar as nosas fragas. Porque: “Señoras e señores, isto é unha fraga; cousas do teatro”

As funcións terán lugar nos Colexios Vellos de San Miguel o venres 20 ás dez da noite, o sábado 21 ás oito e o domingo 22 ás seis da tarde. As entradas, que xa se poden adquirir contactando con algún dos membros da directiva de Ollomao ou dos integrantes do grupo de teatro, teñen un prezo de 4 €. A este respecto, desde a Directiva de Ollomao recordan que as entradas reservadas estarán a dispor de quen fixo a reserva ata media hora antes do inicio da función na billeteira do teatro, na que tamén se contará, como mínimo, co cupo establecido legalmente para a venda directa en taquilla. De non retiralas nese prazo, poranse á venda. Tamén indican que cada entrada só é válida para o día e hora que figura na mesma e que os menores pagan entrada sempre e cando ocupen asento.