BARREIROS SÚMASE POR PRIMEIRA VEZ A CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

BARREIROS SÚMASE POR PRIMEIRA VEZ A CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

BARREIROS PON OS 5 SENTIDOS PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O Concello de Barreiros súmase a campaña “En Negro Contra as Violencias” e pide aos sectores do comercio, hostaleiro, industrial, axentes sociais e a cidadanía en xeral, implicarse na conmemoración do 25 de novembro.

Barreiros, 07 de novembro de 2019. Nuns días comezará esta campaña que se desenvolverá conxuntamente con máis dun centenar de concellos e unhas  6.500 entidades colaboradoras baixo o lema En Nego Contra As Violencias e que pretende crear espazos libres de violencias machistas e dar a maior visibilidade a un problema público e de toda a cidadanía.

Dende a Concellería de igualdade do Concello de Barreiros xa se puxeron en contacto con uns 100 establecementos. Enviamos unha carta a todos os establecementos comerciais e de hostalaría, oficinas e negocios informando da actual situación, que só en España, dende o 2003 (ano en que se empezan a recoller cifras oficialmente), e ata o 10 de xuño de 2019, foron asasinadas 1000 mulleres, só neste 2019 xa foron asasinadas 51 mulleres, segundo informa a concelleira de igualdade Montse Porteiro. Puxémonos tamén en contacto cos dous colexios de infantil e primaria que temos no municipio para involucrar aos máis pequenos nestes actos posto que eles son o futuro que marcará este grave problema.

A edil engadiu: Queremos animar a todos os sectores, aos axentes sociais, a toda a cidadanía en xeral a participar nesta campaña por un Barreiros en Negro, e agradecer tamén de antemán o esforzo e colaboración de todas esas persoas implicadas na eliminación da violencia de xénero.

Para participar na campaña, que durará dende o 18 ó 25 de novembro, e consiste en vestir os establecementos de negro (manequíns, manteis, elementos que dean visibilidade…) basta con chamar ao número de teléfono 982124002 ou enviar un correo electrónico a [email protected] cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 12 de novembro. Dende o Concello facilitaranse os materiais e máis información.No hay descripción de la foto disponible.