O Concello de Barreiros recibiu o diploma de ouro da Rede Galega de Praias sen Fume

O Concello de Barreiros recibiu o diploma de ouro da Rede Galega de Praias sen Fume

Por prohibir fumar en todos os seus arenais

BARREIROS / LA VOZ 

O director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Andrés Paz-Ares Rodríguez, entregoulle este luns á alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o diploma de ouro da Rede Galega de Praias sen Fume, por ter declarados sen fume de tabaco todos os seus arenais. 141 praias de 64 concellos integran por agora esta rede.

O GOBERNO DE BARREIROS CONVOCA AO SECTOR TURÍSTICO A UNHA XUNTANZA PARA TRASLADAR INFORMACIÓN E PLANIFICAR ACTUACIÓNS

O GOBERNO DE BARREIROS CONVOCA AO SECTOR TURÍSTICO A UNHA XUNTANZA PARA TRASLADAR INFORMACIÓN E PLANIFICAR ACTUACIÓNS

A reunión, aberta a calquera persoa do sector, será mañá martes, ás 17:30 horas no Centro Sociocultural de San Cosme.

Barreiros, 29 de xullo de 2019. O goberno municipal de Barreiros convoca para mañá martes 29 unha reunión co sector hosteleiro e turístico para tratar cuestións de interese para o sector e analizar futuras actuacións que se poidan levar a cabo de xeito colaborativo.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “a pesares de que sabemos que non é a mellor época para o sector polo nivel de traballo que teñen, consideramos oportuno convocar esta xuntanza para trasladarlles información de interese que deben coñecer para a súa actividade.”

Desde o goberno queren trasladar a importancia que o sector turístico ten nun concello coma Barreiros, por iso organizaron unha primeira xuntanza para poñer en conxunto ideas e proxectos que se poidan levar a cabo para mellorar na promoción turística de Barreiros.

 “O feito de que se acabe de conformar o novo goberno municipal supón que non se puidera abordar a tempada de verán con antelación, pero a intención deste goberno é emprender unha relación de colaboración e comunicación co sector turístico, xa que é un piar fundamental a nivel económico en Barreiros”, explican.

Entre os temas dos que o goberno municipal informará na reunión atópanse o funcionamento do punto de información turística e outros servizos municipais ligados á tempada de verán ou a situación de instalacións temporais.