O CONCELLO DE BARREIROS PUBLICOU AS BASES PARA PROCEDER Á CONTRATACIÓN DE 7 SOCORRISTAS

O CONCELLO DE BARREIROS PUBLICOU AS BASES PARA PROCEDER Á CONTRATACIÓN DE 7 SOCORRISTAS. SERÁ CON CARGO A FONDOS MUNICIPAIS DO 1 DE XULLO AO 31 DE AGOSTO. ANA ERMIDA SINALOU QUE “ISTO É O QUE NOS PERMITE REALIZAR A SITUACIÓN ECONÓMICA COA QUE NOS ATOPAMOS E O POUCO TEMPO DE REACCIÓN QUE TEMOS PARA AFRONTAR A TEMPADA DE VERÁN”.

Barreiros, 18 de xuño de 2019. O Concello ven de publicar as bases da convocatoria para a contratación temporal de sete persoas para realizar o servizo temporal de salvamento e socorrismo nas praias de Barreiros. A duración dos contratos será de dous meses (dende o 1 de xullo ó 31 de agosto) e financiaranse con fondos propios municipais. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que “dende o Concello de Barreiros sacamos unha convocatoria de emprego para contratar sete socorristas con fondos propios municipais, despois de ter analizado cos servizos técnicos e xurídicos do Concello a posibilidade de facelo”.

A rexedora dixo que “á vista da situación económica do Concello apostamos por contratar sete persoas para o servizo de salvamento e socorrismo e así intentar completar a oferta que pode haber subvencionada pola Xunta de Galiza, que é a todas luces insuficiente e que non garante a seguridade nos areais”. Ermida subliñou esta tarde que “facémolo comprometéndonos coa seguridade, sabendo que non é a situación óptima, pero é o que nos permite a economía do Concello e o pouco tempo de reacción que temos de cara a afrontar a tempada de verán, que comezará xa o 1 de xullo. Nese sentido sacamos esas sete prazas, ás que pode acceder calquera persoa simplemente inscribíndose no propio Concello e despois haberá unha selección en base aos criterios que se recollen nas bases, que están publicadas na páxina web do Concello, no taboleiro de anuncios”.

A alcaldesa barreirense cre que “esta aposta é importante para intentar garantir a máxima seguridade nas praias, tendo en conta os quilómetros de areais que hai en Barreiros e a necesidade imperiosa de garantir o servizo de socorrismo. Neste sentido o noso compromiso é mantelo nos mellores niveis posibles que nos permita a situación económica do Concello. Por iso os fondos de persoal dos que podemos dispoñer en grande medida van destinados a este servizo”.

Cando se complete a oferta realizada polo Concello serán 15 os socorristas que traballen nas praias barreirenses  este verán e tamén unha técnica sanitaria.

Xuntanza mañá con Costas

O equipo de goberno de Barreiros manterá mañá, mércores, unha xuntanza con responsables de Costas para analizar a situación que presentan as praias. Ana Ermida confirmou que “mañá reunirémonos o goberno municipal co delegado de Costas para analizar cal é a situación das praias en Barreiros, cales son as posibilidades de realizar actuacións e ver de poñelas a punto na medida do posible de cara a tempada de verán. Desde logo este traballo estase a realizar nestes últimos quince días de xuño, que é cando puidemos facelo e tentaremos telo o mellor posible para que o 1 de xullo estea todo listo para que a xente poida gozar dos nosos areais”.

A rexedora insistiu en que “polo noso lado existe ese compromiso. Sabemos da necesidade e da importancia que teñen estas cuestións e estamos seguros de que atoparemos receptividade e boa disposición por parte de Costas. Desde onte puxémonos en contacto con eles e mañá mesmo manteremos esa reunión para falar estas cuestións e sacar adiante a tempada de verán do xeito máis digno posible, dadas as circunstancias”.

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu na xornada de onte unha actuación do grupo Odaiko

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acolleu na xornada de onte unha actuación do grupo Odaiko, especialmente destinada ao público familiar e aos colexios do concello.
A actividade enmarcouse no programa Cultura no Camiño 2019 da Xunta de Galicia.
Ata o centro sociocultural acudiron as concelleiras Montserrat Porteiro e Carmen Veiga, que lles dirixiron unhas verbas aos asistentes ao remate da actuación de Odaiko.La imagen puede contener: 1 persona, sentado, multitud e interior La imagen puede contener: una o varias personas, multitud e interior La imagen puede contener: una o varias personas, multitud e interior

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BARREIROS FELICITA AOS GAÑADORES NA FASE PROVINCIAL DOS CERTAMES DE NARRACIÓN E DEBUXO CONVOCADOS EN COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA PROVINCIAL DE LUGO

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BARREIROS FELICITA AOS GAÑADORES NA FASE PROVINCIAL DOS CERTAMES DE NARRACIÓN E DEBUXO CONVOCADOS EN COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA PROVINCIAL DE LUGO.

Barreiros, 19 de xuño de 2019. A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros felicita aos tres gañadores na fase provincial dos certames de Narración e Debuxo convocados en colaboración coa Biblioteca Provincial de Lugo. A felicitación fana extensiva a todos os rapaces e rapazas que gañaron na fase local do concurso.

No apartado de Narración obtivo o primeiro premio na categoría B a nivel provincial, Fernando Seco Sánchez. Ademais logrou un accésit neste mesmo apartado Zaira Veiga Castosa.

Tamén no apartado de Narración obtivo o segundo premio, na categoría A a nivel provincial, Iria López Boto.

EN BARREIROS O CONCELLO INICIOU OS TRABALLOS DE DESBROCE E ADECENTAMENTO DE PASEOS, ZONAS VERDES E APARCAMENTOS

EN BARREIROS O CONCELLO INICIOU OS TRABALLOS DE DESBROCE E ADECENTAMENTO DE PASEOS, ZONAS VERDES E APARCAMENTOS. O OBXECTIVO, SEGUNDO A ALCALDESA, É TENTAR OFRECER A MELLOR IMAXE POSIBLE A VISITANTES, VECIÑOS E VECIÑAS A POUCOS DÍAS DO INICIO DA TEMPADA ALTA DE VERÁN. ANA ERMIDA AGRADECE AOS TRABALLADORES MUNICIPAIS E ÁS EMPRESAS LOCAIS A SÚA COLABORACIÓN.La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas de pie, cielo, océano, nube, calzado, exterior, naturaleza y aguaLa imagen puede contener: cielo, océano, exterior y naturaleza La imagen puede contener: cielo, nube y exterior

Barreiros, 22 de xuño de 2019. O Concello comezou os traballos de desbroce e adecentamento dos paseos, zonas verdes e aparcamentos coas miras postas na tempada forte de verán, que a piques está de iniciarse. A alcaldesa, Ana Ermida, agradece a colaboración das traballadoras e traballadores municipais e das empresas locais que hoxe estiveron a traballar para tentar ofrecer a mellor imaxe posible de Barreiros.

A rexedora explicou que “nesta mesma semana iniciado o goberno municipal comezamos cos traballos de adecentamento do concello para a tempada de verán e fixémolo coa inestimable colaboración das traballadoras e dos traballadores municipais, que fixeron labores de recollida de residuos e de desbroces para intentar dar a mellor imaxe posible de Barreiros”.

Ana Ermida contou que “nesta mesma fin de semana comezáronse os desbroces na zona costeira, tanto paseos marítimos como zonas verdes como os propios aparcamentos, para intentar que cando se inicie a tempada forte de verán estean no mellor estado posible para que tanto visitantes como veciñas e veciños teñan esa imaxe de Barreiros que nunca se debeu perder”.

A alcaldesa tivo palabras de agradecemento para todos eles, para empregadxs municipais e para os empresarios e traballadores de empresas locais: “queremos agradecer ás empresas que hoxe mesmo dedicaron o seu traballo a colaborar co Concello de Barreiros para que se puideran iniciar estas labores xa de inmediato, porque o tempo de planificación foi moi escaso, tendo en conta que hai cinco días que comezou o novo goberno. A colaboración foi inmensa por parte de todas as persoas coas que se contactou e tamén, como dicía, das empregadas e empregados municipais que se prestaron sen ningún tipo de problema a coordinar e a realizar estas labores”.

A rexedora de Barreiros engadiu: “queremos agradecer a dispoñibilidade de todas e todos eles, empregados tamén de empresas locais que se puxeron a disposición do Concello para poder realizar, coa premura que require, estas funcións.

Ermida subliñou que “todo o mundo o que pretende é arrimar o hombreiro para conseguir que Barreiros volva brillar con luz propia, que teñamos esa imaxe que nunca debemos perder e desde logo estamos seguros que nos vindeiros anos se poderá facer unha labor moito máis importante e máis planificada. Pero desde logo o que queremos é agradecerlle a todo o mundo a súa disposición, agradecer que a día de hoxe xa sexa posible ver zonas habilitadas para aparcamento, ver zonas de esparcemento segadas, ver os paseos comezados a desbrozar e iso non sería posible sen esas colaboracións das que falamos. E nese sentido desde o goberno municipal queremos agradecelo porque cremos que da mostra da necesidade e das ganas que existen en Barreiros por facer que este concello estea noutro lugar e se dea outra imaxe”.

Os traballos realizados ao longo do día de hoxe foron supervisadas por Ana Ermida na compañía dos edís Montse Porteiro e Antonio Veiga.