Reencuentro en el cincuenta aniversario del CEIP San Miguel de Reinante, en Barreiros

Reencuentro en el cincuenta aniversario del CEIP San Miguel de Reinante, en La imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, personas sentadas e interior

Profesores, alumnos y familias, demás de exmatriculados y exdocentes, participaron en los actos

CEDIDA
BARREIROS / LA VOZ 

La comunidad educativa del CEIP participó ayer en los diferentes actos del 50º. aniversario del centro. Acudieron también ex alumnos y ex docentes. En la imagen, de izquierda a derecha: Encarna Santos, de «Educando en Familia»; Clara Álvarez, la directora del centro; Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros y ex alumna, y Teresa Palacios, directiva del Anpa durante varios años

Oito areais de Barreiros e Cervo súmanse á rede galega de praias sen fume

Oito areais de Barreiros e Cervo súmanse á rede galega de praias sen fume

Oito areais de Barreiros e Cervo súmanse este verán á rede galega de praias sen fume, tal como anunciou J. M. Balseiro, delegado da Xunta, quen ademáis destacou a excelente calidade das augas das praias na Mariña.

As praias de Barreiros que se adhiren na presente campaña á rede de praias sen fume son as de Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Valea, Acantilado-Remior, San Bartolo e Altar; con anterioridade xa formaba parte da rede a de Coto. En Cervo súmase a de Cubelas e xa estaba a de O Torno.

Os demais areais da rede son os de Xilloi, Abrela, Caolín e Vidreiro no Vicedo; Esteiro en Ribadeo, A Rapadoira en Foz, e Esteiro en Xove.

O delegado territorial da Xunta comunicou que a Consellería de Sanidade certificou a calidade das augas das praias da Mariña, outorgando a cualificación de excelente á práctica totalidade dos areais da costa lucense.

O CONCELLO DE BARREIROS REIMPULSA A REDE LOCAL DE VOLUNTARIADO COA I XORNADA DE VOLUNTARIADO VERDE QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO

Ficha Rede Voluntariado

O CONCELLO DE BARREIROS REIMPULSA A REDE LOCAL DE VOLUNTARIADO COA I XORNADA DE VOLUNTARIADO VERDE QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO, 29 DE XUÑO. LABORES DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS E DE RESIDUOS, DESBROCES OU LIMPEZA SON ALGUNHAS DAS ACCIÓNS A LEVAR A CABO.

Barreiros, 26 de xuño de 2019. O Concello de Barreiros organiza a I Xornada de Voluntariado Verde, unha cita que ten por obxecto o adecentamento de espazos verdes do municipio, así como doutros lugares de esparexemento. A  alcaldesa, Ana Ermida, explica que “o pasado 5 de xuño tivo lugar o Día Mundial do Medio Ambiente, unha cita que convida a pensar na necesidade de prestar atención ao entorno natural e previr ou minimizar as accións que o impactan, así como a poder desfrutar do medio natural, a mantelo en bo estado e a que todas as persoas actúen en pro disto”.

Nesta primeira ocasión, coincidindo co comezo da época estival, será a zona de praias o lugar no que se desenvolverá esta actividade; mais prevese continuar por outras, tanto de importancia turística como o entorno do Camiño de Santiago, como por zonas residenciais habituais.

En palabras de Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros “case todas as persoas podemos poñer o noso grao de area contribuíndo a crear un mellor espazo de convivencia. Neste caso, tamén pola situación de deixadez na que se atopa o noso municipio e a imposibilidade de facer fronte con máis premura e medios, consideramos que esta debía ser a primeira acción do voluntariado, pois todas as persoas podemos ser usuarias destes espazos e agradecemos cando os atopamos en bo estado”.

Desde o Concello prevese tamén continuar nesta liña de mantemento de espazos limpos mediante labores de concienciación e sensibilización co medio ambiente, especialmente no que respecta á recollida de residuos, e de forma máis inminente e insistente na zona de praias e en período estival, debido ao elevado volume de persoas que fai uso destas zonas.

Con esta primeira acción, o Concello de Barreiros quere reimpulsar a xa existente Rede Local de Voluntariado. Ademais do voluntariado verde, cabe a posibilidade de tomar parte noutras actividades relacionadas coa dinamización social ou a asistencia e colaboración con persoas maiores ou en situación de dependencia. Calquera persoa que desexe participar poderá facelo en todos aqueles ámbitos que queira.

A implicación veciñal para que Barreiros volva a brillar

Desde o Concello animan a tomar parte nesta acción e, tal e como apunta Ana Ermida, “facemos falta todas e todos para que Barreiros volva brillar. E estamos a apreciar moitas ganas de aportar por parte de moita xente, ganas de ver un Barreiros mellor, con ilusión. Hai moitas veciñas e veciños que nos están a trasladar a súa disposición a colaborar, e o que se pretende é aproveitar este voluntarismo en beneficio de Barreiros”.

O prazo para anotarse no grupo de voluntariado xa está aberto. Pode facerse de forma presencial no Concello, no teléfono 982.12.40.02 ou online, pinchando aquí: https://forms.gle/C6i6kTcPxf2Qh7om6

As persoas que desexen solicitar máis información poden facelo escribindo a [email protected]

«Trosky», de nuevo en las playas de Barreiros

«Trosky», de nuevo en las playas de Barreiros

Ana Ermida lo recupera tras ser apartado del cargo por el anterior La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas de pie, cielo, océano, nube, calzado, exterior, naturaleza y agua

BRRREIROS / RIBADEO

Tras año y medio apartado de sus funciones, relegado a tareas insustanciales por discrepancias con el anterior alcalde, Javier Díaz, «Trosky», está de nuevo al frente coordinando el organigrama de las playas de Barreiros. Fue una de las primeras decisiones de la alcaldesa nacionalista Ana Ermida. Y, manos a la obra, en Barreiros comenzaron hace días a desbrozar las fincas, a preparar los aparcamientos y a disponerlo todo para la temporada estival. La selección de socorristas, dice Trosky, no será problema, a pesar de los recortes de la Xunta, que este año solo financiará a 8 ya seleccionados. El Concello contratará a 7 más, con fondos municipales: «Haberá xente, non hai problema. É certo que farían falta máis, pero co recorte da Xunta é complicado», apuntó Trosky.

Se inicia así un trabajo con un objetivo en mente: poner las condiciones para que Barreiros recupere sus banderas azules.

«Estou moi contento. Este é un punto de partida para volver a ser o que foi Barreiros coas súas praias, un exemplo, cando chegamos a ter 32 socorristas e 27 persoas de limpeza. De aí pasamos a ter 22 socorristas e dúas persoas limpando de unha empresa privada. Daba pena ver como chegaron a estar as praias o ano pasado, o que cambiou Barreiros nestes últimos anos», señaló.

«Non é chegar e encher, ninguén cambia un concello nun día»

«Non é chegar e encher, ninguén cambia un concello nun día»La imagen puede contener: 1 persona, sonriendo, sentado, pantalla y oficina

BARREIROS / LA VOZ 

O luns día 17, o espertador de Ana Ermida (1983, Barreiros) soou ás 6.10, unha hora máis tarde do habitual nos últimos dous anos, cando se viña erguendo ás 5.10 para viaxar ao Concello de San Sadurniño para traballar na área de Secretaría e Intervención. Pero aquel día uns minutos fóronlle suficientes para chegar ao seu novo emprego, para entrar no consistorio lucense de Barreiros e facer historia como a primeira alcaldesa do municipio.

Ana Ermida é nacionalista, pero non de berce, nin tampouco da canteira de estudantes de Santiago, onde se licenciou en Dereito. Coma Celso Emilio Ferreiro, que falaba galego porque si, porque lle gustaba e lle petaba, ela ingresou en Galiza Nova con 16 anos. Un impulso, unha convicción -«penso que o noso país está necesitado de xente que loite e que o defenda, e non podemos facer outra cousa», di-, que se reforzou co tempo. Fai catro anos gravou no seu ombreiro dereito unha tatuaxe de Rosie a Remachadora, a figura icónica nos Estados Unidos e da loita laboral das mulleres. Pero cun acento galego: á Rosie remangada engadiulle unha estrela roxa de cinco puntas e un verso de Rosalía: «A estrela que brila», do poema Negra Sombra, que tamén está na lápida de súa nai.

Ana Ermida repetiu como candidata e gañou. Certo é que o trunfo do BNG en Barreiros víase vir, cun PP en caída polo estigma do urbanismo desaforado. «Podías intuílo, pero había que gañar. E, con todo, costa crelo», sinala. Así, o BNG, co apoio dunha concelleira socialista, rachou con catro décadas de goberno de centro dereita.

Tras a celebración chegou o primeiro día de traballo: «Entrei cunha sensación de preguntar: por onde imos empezar?». Son moitas as expectativas xeradas, e Ana Ermida sábeo, pero fala con prudencia, lonxe de estridencias. Que non se espere unha revolución en Barreiros: «Non é chegar e encher.Ninguén cambia un concello nun día». Vén de traballar da Administración e sabe que «unha cousa é o desexable e outra o que se pode facer. Hai compromisos que cumprir, cousas que funcionan ben e outras que revisar». E sobre o urbanismo, engade: «O mal está feito e hai que ir pouco a pouco, planificando de novo».

Pero algo xa se move en Barreiros. Ermida baixou o soldo que lle correspondía de 40.000 a 29.000 euros. Un xesto, un paso, di, nun obxectivo: «Mudar a imaxe e recuperar o orgullo de ser de Barreiros, que nos últimos anos perdeuse».