Un grupo duns corenta veciños e veciñas de Barreiros realizaron hai uns días un treito do Camiño de Santiago, o comprendido entre Muxía e Fisterra. Foi unha etapa de 15 quilómetros. Ao rematar houbo un xantar e despois unha visita ao faro de Fisterra.