RECTA FINAL PARA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS, QUE SE CELEBRARÁ EN BARREIROS O DOMINGO. AS INSCRICIÓNS PÉCHANSE O VENRES, DÍA 19, ÁS DOCE DO MEDIODÍA

RECTA FINAL PARA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS, QUE SE CELEBRARÁ EN BARREIROS O DOMINGO. AS INSCRICIÓNS PÉCHANSE O VENRES, DÍA 19, ÁS DOCE DO MEDIODÍA.

Barreiros, 15 de abril de 2019. Este próximo, 21 de abril, terá lugar en Barreiros a VII Carreira Popular das Praias, organizada pola asociación deportivo cultural Praias e Comado,  e coa que colaboran o Concello de Barreiros e a agrupación de Protección Civil. As inscrición péchanse o venres ás doce do mediodía.

A zona de carreira estará ubicada, como en anteriores ocasións en Punta Anguieira – San Bartolo, diante do Hotel Ría do Masma.

As carreiras infantís serán a partir das 11 horas con circuítos adaptados a cada categoría e integramente pola area da praia de Altar.

A carreira absoluta será a partir das 12.15 do mediodía, aproveitando a marea baixa. Sairá da praia de Arealonga e a meta estará situada na praia de Altar, para un total de case quilómetros nos que os participantes pasarán por todas as praias de Barreiros, agás a de Anguieira por tratarse dunha praia de ría.

A característica principal desta carreira é que o circuíto transcorre nun 80% pola propia area mollada das praias, o que a fai especialmente atractiva para o disfrute dos participantes.

A organización pon a disposición dos atletas un servizo de autobús para os traslados dende a zona de meta ata a saída.

A entrega de trofeos será ás 13 horas para os máis cativos e ás 13.30 horas para os adultos. Ao remate haberá uns pinchos para os participantes e acompañantes.

Toda a información e inscricións para a carreira están na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com ou no tfno. 649 57 13 60.

http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com

O PSOE presenta unha candidatura renovada para “sacar a Barreiros da parálise e o desastre económico destes 15 anos do PP”

O PSOE presenta unha candidatura renovada para “sacar a Barreiros da parálise e o desastre económico destes 15 anos do PP”La imagen puede contener: una o varias personas y personas de pie

13-04-19

 Barreiros, 13 de abril de 2019.- O PSOE presentou este venres a súa candidatura á alcaldía de Barreiros para as próximas eleccións municipais, que encabezará a actual voceira socialista, Carmen Veiga. Participaron no acto o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos; o candidato do PSOE ao Senado pola provincia de Lugo, César Mogo; a candidata do PSOE polo Congreso, Sonsoles López; e a Presidenta de Honra da agrupación, Pilar Cancela.

Carmen Veiga destacou que “é o momento do cambio, a cidadanía o percibe e así nolo está trasladando. Dende o PSOE imos a sacar ao Concello da parálise e o desastre económico ao que nos ten sometido o Alcalde do PP durante estes 15 anos. Exemplo diso son os esqueletos cos que contamos na actualidade en Barreiros, edificios sen terminar, aos que o goberno do PP non lles cobrou o IBI, tendo unha débeda ao respecto superior aos 300.000 euros que nos verían moi ben para mellorar os servizos básicos do noso Concello. O señor Fuente Parga estivo durante todo o mandato sumido nunha apatía constante que prexudicou gravemente aos nosos veciños. Froito da súa pésima xestión as praias de Barreiros perderon todas as bandeiras azuis, os camiños non están acondicionados, seguimos sen saneamento e as rúas do Concello están sucias e sen limpar”.

O PP privatizou os servizos públicos
A candidata socialista denunciou que as políticas do Partido Popular están ligadas “a privatizar os servizos públicos para facer negocio, está no seu ADN. O vemos coa sanidade, como por culpa dos continuos recortes por parte do PP na Xunta de Galicia Barreiros estivo máis de 1 ano e medio sen un médico no centro de saúde e con problemas en pediatría porque só hai un especialista para atender a 3 Concellos. Isto, por desgraza, pódese extrapolar ao ámbito municipal. O Alcalde privatizou os servizos públicos municipais como o mantemento dos alumeados, as estradas, o saneamento…todo o que puido. Esas son as políticas do PP, privatizar o público. Dende o PSOE imos a desterrar esta forma de xestionar os recursos, evitando sobrecustes e achegando aos veciños unhas prestacións de calidade”.

O PP non fai nada ata que chegan as eleccións e aparecen as máquinas
“O PP no goberno municipal quere facer nestes meses todas as actuacións que non fixo durante toda a lexislatura. Agora vemos polo Concello as máquinas traballando e as obras empezadas. Por desgraza é unha mera ilusión, posto que isto sucede en Barreiros cada 4 anos antes dunhas eleccións. É a estratexia do Alcalde e do PP, non facer nada, prometer moito e logo incumprir todo”, lamentou a candidata socialista.

“Poñer a Barreiros no mapa”
A candidata socialista subliñou que “queremos aproveitar as oportunidades que nos ofrece o territorio impulsando todo tipo de iniciativas que potencien o turismo e a economía do noso Concello, ademais de garantir servizos sociais básicos, como a axuda no fogar ou a teleasistencia, e poñer en marcha o necesario centro de día. Desenvolveremos un proxecto de saneamento integral do municipio no que progresivamente vaiamos facendo actuacións para solucionar os problemas actuais e demandaremos á Xunta de Galicia que deixe de bloquear a EDAR de San Miguel de Reinante. En definitiva, queremos poñer a Barreiros no mapa outra vez tras tantos anos esvaecida”.

O PSOE, unha alternativa real
“Os socialistas somos a alternativa real para que os veciños de Barreiros se sintan orgullosos do seu municipio porque presentamos un proxecto no que priman as persoas sobre os intereses partidistas”, apuntou Santos Ramos. O Secretario Provincial salientou os 1,9 millóns de euros que destinou o PSOE en Barreiros dende o Executivo da Deputación para a mellora de infraestruturas e dotacións públicas. Con dito investimento adquiríronse casetas de baños para as praias, pavimentáronse camiños, rehabilitáronse 9 quilómetros de estradas provinciais, humanizamos a contorna no centro de San Miguel de Reinante e dotamos de alumeados públicos a varios núcleos rurais. “Pola contra o PP no goberno galego non trouxo nin un só investimento. Onde está o proxecto da EDAR? Onde está o saneamento? Onde está o dragado da ría do Masma? E o remate da pasarela do colexio de San Miguel de Reinante? Están todos nun caixón esquecidos polos populares.

O PSOE é a única alternativa fronte ao Pacto de Colón
Mogo, López e Cancela subliñaron que “na España das dereitas só caben eles e os que pensan como eles; na nosa caben todos e todas. O PSOE é a única alternativa fronte ao Pacto de Colón, fronte a involución, fronte a precariedade e fronte a supresión dos dereitos”. Neste eido, os socialistas destacaron algunha das medidas impulsadas polo Goberno Central como a subida do SMI aos 900 euros, a ampliación do permiso de paternidade ás 16 semanas ou o incremento das pensións, do que se beneficiaron 1.250 veciños de Barreiros, o que supón 185.000 euros máis ao ano no Concello.

Experiencia e caras novas na candidatura
“Trátase dunha lista renovada, con caras novas e xente con experiencia, de diferentes sectores da sociedade e na que todos son militantes do PSOE. A candidatura está integrada por persoas das parroquias de Celeiro de Mariñaos, San Xusto, San Cosme, San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante. Hai peóns, mecánicos, limpadoras, administrativos, xubilados, economistas, profesionais de asistencia a domicilio, electricistas e profesores de primaria”. A lista dos socialistas é a seguinte: María Carmen Veiga Rodríguez, Benito Longarela Geada, María de la Luz Rodríguez Rico, Felipe Fernández Recalde, Jose Antonio Otero Ramos, Jorge David Vázquez Grande, Ángeles López López, Adrián Longarela Otero, Silvia Otero Monroy, José Terrón Cantil e Juan Francisco Javier Acedo Gordo. Suplentes: Miguel Ángel Barrera Longarela e María Ángeles Moirón Otero.

«Nos esqueletos de Barreiros hai cobras que miden máis dun metro»

«Nos esqueletos de Barreiros hai cobras que miden máis dun metro»

Vecinos del municipio denuncian que Concello y promotores llevan «moitos anos» sin limpiar la maleza

XAIME RAMALLAL
LUCÍA REY 
BARREIROS / LA VOZ 

El ultimátum dado por el alcalde de Barreiros a los promotores de una decena de edificios inacabados para que en el plazo de cuatro meses reinicien las obras o procedan a su derribo ha generado una mezcla de esperanza y estupor en vecinos del municipio que llevan años denunciando el deterioro de las citadas construcciones y la maleza que las invade. «Nos esqueletos de Barreiros hai cobras que miden máis dun metro de longo. A maleza chega case ao segundo piso do edificio e rodea todo. Sabe Deus o que hai aí dentro! Está totalmente insalubre», afirma Mar Martínez, vecina de San Miguel de Reinante que reside en las inmediaciones de varias urbanizaciones puestas en marcha a mediados de la década pasada, en pleno bum del ladrillo, y que nunca llegaron a ser terminadas debido a la crisis económica y a los procesos judiciales en que se vio inmerso el urbanismo de Barreiros.

«Eu non lle boto a culpa a ninguén porque non sei quen é o responsable e ao mellor algo de culpa temos todos. O único que sei é que isto é unha tristeza», apunta otra vecina de San Miguel que prefiere no dar su nombre, pero que es dueña de una huerta situada entre dos de estas moles inacabadas. «Levo gastada unha fortuna en chamar a un rapaz para que limpe ao redor da miña leira. Cada vez que vén son 80 euros, e a última vez xa me dixo que se non se amañaba isto non volvía porque atopou dúas cobras, unha grande e unha pequena, e ten medo de que o traben», manifestó la mujer, ya octogenaria, que recuerda con nostalgia la época en la que desde la cocina de su casa podía ver el mar. «Todo o mundo sabe, todo o mundo ve o que hai, pero ninguén fai nada», señaló.

Otro vecino, que también prefiere omitir su identidad, afirmó que Concello y promotores llevan alrededor de una década sin limpiar la maleza.

Algunos dudan de que las obras se puedan reiniciar porque «os ferros están caendo»

El regidor barreirense, Alfonso Fuente Parga, dio dos opciones a los promotores: o reiniciar las obras o derribar los esqueletos. En esta línea, vecinos de Barreiros consultados por La Voz consideran complicado que pueda materializar la primera alternativa. «Non creo que se poidan seguir construíndo porque os ferros están caendo», indicó una vecina de San Miguel. «Algo hai que facer porque nin os tiran, nin os acaban nin os limpan, e as consecuencias estámolas pagando nós», apuntó otro vecino.

«A casa polo tellado»

En ese sentido, otra vecina señaló que en el capítulo urbanístico Barreiros «empezou a casa polo tellado»«Terían que empezar por construír depuradoras e sumidoiros antes de facer os edificios, e comezaron todo ao revés», manifestó.

Alfonso Fuente inicia o camiño para mellorar a contorna paisaxística de Barreiros que a intervención urbanística danou

10-04-19

ALFONSO FUENTE INICIA O CAMIÑO PARA MELLORAR A CONTORNA PAISAXÍSTICA DE BARREIROS QUE A INTERVENCIÓN URBANÍSTICA DANOU.

Resolta a situación xudicial, o Concello requirirá aos promotores dos dez edificios en esqueleto para que no prazo de catro meses reinicien a construción ou ben os derruben.

O alcalde potenciará a imaxe turística do municipio, “á que tanto prexudicou o arbitrario proceder do bipartito da Xunta, como se demostrou no xuízo”.

Barreiros, 10 de abril de 2019. Unha vez aclarado o proceso xudicial que mantivo dez anos a situación urbanística de Barreiros nun limbo despois da actuación do goberno bipartito da Xunta de Galicia o alcalde, Alfonso Fuente, inicia o proceso para eliminar da paisaxe do municipio os esqueletos dunha decena de estruturas sen terminar.

Co obxectivo de mellorar a imaxe do concello, o rexedor requirirá aos propietarios e promotores destes proxectos, na súa maioría bancos e entidades financeiras, para que, dentro do prazo de catro meses, opten entre as dúas alternativas que o Concello lles pon sobre a mesa: reiniciar as obras para acabar as construcións ou, pola contra, derrubar os esqueletos de maneira inmediata.

O alcalde considera que “unha vez que se pechou o proceso xudicial, que  afectaba aos membros da xunta de goberno, pero tamén á validez das propias licencias concedidas, cuxa nulidade estaba interesada no litixio, é o momento de actuar para protexer a contorna paisaxística do municipio”.

“Non puidemos facer nada durante todos estes anos para non entorpecer o proceso xudicial aberto, á espera do resultado absolutorio, que é o que foi finalmente, proceso que finalizou ademais sen afectar a anulación das licencias deste edificios”, sostivo Alfonso Fuente. Por iso, incidiu en que “agora é a nosa obriga esixir aos promotores que actúen porque Barreiros non se merece ofrecer esta imaxe á que se viu abocada por una mala actuación no seu día do goberno bipartito da Xunta só por cuestións políticas, como quedou demostrado no xuízo”.

Froito deste “inxusto e arbitrario proceder da Xunta” e da crise inmobiliaria, a imaxe de Barreiros quedou fortemente prexudicada, “tanto desde o punto de vista paisaxístico, pero tamén a súa potente marca turística xa que é un dos municipios de maior beleza natural da Mariña lucense. Temos que devolverlle o seu esplendor”, asevera o rexedor.

A intención do Concello é que nun ano non quede rastro dos esqueletos destes edificios inacabados que afean un municipio que é un dos referentes turísticos do norte de Galicia. O goberno local avanza que seguirá a traballar para que o turismo de xeito controlado sexa unha fonte de dinamización económica do municipio e, polo tanto, de toda a zona, potenciando a súa desestacionalización.

Campaña electoral 28 Abril 2019

 

Resultados Electorales2019 BARREIROS

Partidos Votos Porcentaje
Fuente: Ministerio del Interior
PP 640 34.26 %
PSDEG-PSOE 530 28.37 %
BNG 221 11.83 %
PODEMOS-EU-MAREAS EN COMÚN-EQUO 176 9.42 %
CS 121 6.48 %
VOX 113 6.05 %
PACMA 19 1.02 %
EN MAREA 11 0.59 %
CXG 5 0.27 %
RECORTES CERO-GV 5 0.27 %
PCTG 1 0.05 %
C 21 0 0 %

 

Pinchar sobre la imagen

No hay descripción de la foto disponible.


Trinta persoas participaron o pasado sábado, 6 de abril, na viaxe a Lalín, que organizou o Concello de Barreiros

Trinta persoas participaron o pasado sábado, 6 de abril, na viaxe a Lalín, que organizou o Concello de Barreiros. Os asistentes visitaron a Casa do Patrón, a Sala de Arqueoloxía

do Castro de Doade, a Casa Castrexa, o Castro de Doade, o Pazo de Liñares e o Museo Galego da Marioneta.

Ademais degustaron o tradicional cocido de Lalín nun restaurante da localidade, onde o Concello foi obsequiado cunha figura típica desa terra e da feira do cocido, que recolleu o alcalde, Alfonso Fuente Parga.

CONVOCATORIA DO CELTA BARREIROS FC

CONVOCATORIA DO CELTA BARREIROS
No hay descripción de la foto disponible.
A directiva do C.F. Celta Barreiros invita a socios e afeccionados a asistir o vindeiro domingo, 14 de abril, ao partido que o enfrontará ao AD Matela, na fase de ascenso a segunda rexional. O equipo barreirense gañou 2-0 na casa, “entón imos con moita ilusión o domingo a ver este encontro e queremos que moitos socios, socias e afeccionados en xeral nos acompañen”, sinalan desde a propia directiva. 
Haberá autobús e entrada de balde para todas as persoas que se animen a viaxar o vindeiro domingo co Celta Barreiros. O bus sairá ás tres da tarde das inmediacións do restaurante O Asador, na Cruz do Lobo. 
TELÉFONO DE CONTACTO: Manolo – Presidente 659392666