Aberto o prazo para solicitar axudas para asociacións culturais

Aberto o prazo para solicitar axudas para asociacións culturais

Dende hoxe e ata o 29 de abril, as asociacións lucenses poden concorrer ás subvencións que ofrece a Deputación de Lugo para a organización de actividades de carácter cultural.

Trátase de axudas que poden ir dos 300 aos 3.000 euros e que se conceden a asociacións localizadas na provincia de Lugo de cara a programacións culturais que realicen ao longo do ano 2019 e nas que teñan especial protagonismo a música, o baile, as tradicións, o fomento da lingua e a potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais.

En relación aos criterios que se fixan nas bases destas subvencións, puntuaranse favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural. O orzamento total para repartir entre as asociacións que soliciten as axudas será o mesmo que o pasado ano, 280.000 euros.

En canto aos prazos, a execución da actividade será durante o ano en curso, antes, pois, do 31 de decembro. Unha vez realizada, o prazo para presentar a conta xustificativa da subvención remata o 31 de marzo de 2020.

O prazo para formalizar as solicitudes comeza hoxe e rematará o vindeiro 29 de abril. Para acceder ao BOP no que sae publicada a convocatoria das axudas, as bases e os modelos de solicitude podedes entrar no apartado correspondente da web da Deputación.

BALANCE 2018

Na pasada edición o Goberno da Deputación achegou 309 axudas a entidades culturaispara financiar outras tantas actividades de carácter cultural en 57 municipios lucenses, cun valor total de 280.000 euros a cargo da Deputación.

barra

MINISTERIO DE FACENDA E FUNCIÓN PÚBLICA
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS (BDNS) DEPUTACIÓN LUGO
Anuncio
EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN SESIÓN
CELEBRADA O 29 DE MARZO DE 2019 POLA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE
CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS CULTURAIS
DA PROVINCIA DE LUGO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INTERESE CULTURAL NA ANUALIDADE
2019.
BDNS(Identif.):447190
De conformidade co previsto nos artigos 17.3b e 20.8ª da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de
Subvencións publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos
Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).
Primeiro.- Beneficiarios:
En xeral, poderán solicitar subvencións ao amparo desta convocatoria as entidades culturais ou asociacións (os
estatutos deberán recoller eses fins expresamente) legalmente constituídas da provincia de Lugo ( enténdase con
sede ou delegación social na provincia), adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro, que
desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da provincia, que os beneficiarios formen parte o conxunto
demográfico lucense e sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto íntegro destas bases.
Segundo.Obxecto:
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de
subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades asociativas de carácter cultural -con
Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (03/04/2019 12:25:27) Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (04/04/2019 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (04/04/2019 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (04/04/2019 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (04/04/2019 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (04/04/2019 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (04/04/2019 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (04/04/2019 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (04/04/2019 08:00:00) Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2019 (04/04/2019 08:00:00)
4 Núm. 078 – xoves, 04 de abril de 2019 BOP de Lugo
sede ou delegación social na provincia de Lugo- para a realización de actividades culturais na anualidade de
2018, cuxo obxecto social sexa a promoción cultural, e cuxos fins redunden na:
– Dinamización cultural en todas as súas vertentes.
– No beneficio das correspondentes colectividades e do interese xeral, potenciando a historia, a música, as
tradicións de Galiza, o uso do idioma galego en todas as actividades que se leven a cabo
– Actividades de potenciación do patrimonio material e inmaterial do país.
Quedan excluídas desta convocatoria as axudas para comidas, para as viaxes que non leven incorporado unha
actividade cultural complementaria (enténdase as subvencións de viaxes non poderán ser só xustificadas con
facturas de transporte, debendo presentarse- cando menos- facturas ou documentos xustificativos que acrediten
que se realizaron actividades culturais na propia viaxe (visitas a museos, conxuntos patrimoniais,), para ás festas
patronais, e eventos relixiosos.
Quedan expresamente excluídas desta convocatoria as axudas para a promoción. fomento e difusión da
artesanía, segundo as consideracións para actividades artesanais recollidas na Orde do 2 de xuño de 2014 pola
que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro,
polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (Diario Oficial de Galicia número 185, do 24 de
setembro).
Terceiro. Bases reguladoras
A Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte
dirección: http://run.gob.es/owqlth
Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a entidades asociativas
culturais da provincia de Lugo para a realización de actividades de interese cultural na anualidade 2019 en:
http://run.gob.es/owqlth
Cuarto. Contía e importe mínimo e máximo
Contía: 280.000,00 .
Importe mínimo e máximo estará comprendido no intervalo establecido na seguinte táboa para cada finalidade:
FINALIDADE IMPORTE MÍNIMO IMPORTE MÁXIMO
Actividades culturais. 300 3.000
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación no
B.O.P da provincia de Lugo do extracto da convocatoria.
Lugo, 29 de marzo de 2019.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde