“A XERENCIA DO HOSPITAL DANOS CITAS FALSAS PARA PECHARNOS A BOCA “- DENUNCIA UNHA PACIENTE

 “A XERENCIA DO HOSPITAL DANOS CITAS FALSAS PARA PECHARNOS A BOCA “- DENUNCIA UNHA PACIENTE.A relata que tras acudir a Atención ao Paciente e advertir que chamaría á prensa, déronlle unha cita que lle anulan pouco despois, vía telefónica.

A paciente ten problemas reumatolóxicos nas máns e nos ombreiros  desde hai tempo ,pero estes agraváronse desde setembro de 2018. Foi vista polo reumatólogo e este recomenda unha nova consulta dentro de tres meses ou catro , como moi tarde, máis pasados cinco meses segue agardando que a chamen. Por iste motivo acude a Atención ao Paciente a facer unha reclamación e ,ante a advertencia de que ía chamar á prensa  danlle ao fin unha cita para o 14 de febreiro de2019. Máis non remata aquí a súa “ aventura”, pois aos poucos días é chamada de novo desde o hospital para anularlla, decíndolle que a xa a chamarán.

A muller, indignada ante a estratexia da xerencia de “ darnos citas falsas para pecharnos a boca e que non vaiamos á prensa nin á Plataforma Sanitaria “, decide contactar co colectivo sanitario para que lle redacte unha reclamación, que se rexistra o 5 de febreiro de 2019 con número de entrada 384.   Desde a Plataforma sanitaria indícaselle que  agarde un tempo para que a xerencia poida conseguirlle unha nova cita, mais pasado mes e medio  volta de novo a Atención ao Paciente onde lle indican que non vai ser chamada de momento. Este é o detonante que leva á paciente a contactar novamente co colectivo sanitario para denunciar públicamente , nos medios de comunicación, o seu caso. “ Estou farta de que me tomen o pelo e xa non é a primeira vez que o fan. Cando me programaron para unha operación chamáronme para dicirme que o médico que me ía operar xa non estaba, e eu deseguida comprendín onde estaba a trampa, polo que respostei que se non estaba o meu xa habería outro que me operase. Se chego a caer na trampa igual ainda non estaba operada agora”-relata a paciente indignada.

 

 

Desde a Plataforma Sanitaria  esiximos á xerencia que deixe de xogar coa saúde das persoas e de burlarse delas porque xa non lle colan á xente as “ trapalladas que están a inventar para dar largas @s pacientes en espera para unha consulta , proba ou intervención”- comentan desde o colectivo. Lembrámoslle tamén que se deben ao benestar da poboación á que atenden e que están caldeando  @s pacientes até o punto de desesperalos. “ Agardamos que tomen nota e cambien de actitude e de xeito de xestión ,antepoñendo  @s pacientes aos criterios economicistas e ideolóxicos”- conclúen @s activistas sanitari@s.