Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

ROLDA DE PRENSA 7 DE MARZO DE 2019 Bo día. Grazas a todos as medios que vos achegastes até esta convocatoria que  fixemos desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Comparecemos ante vós cando se  vai cumplir un ano da aprobación da reforma da lei de saúde (20 de marzo de 2018) , reforma aprobada polo Partido Popular en solitario, desoíndo o gran movemento de contestación social que culminou cunha masiva manifestación en Compostela , desoíndo aos axentes sociais e á totalidade dos grupos políticos da oposición .

Vai case un ano desde que nos roubaron a ÁREA SANITARIA con promesas de “máis e mellores Servizos” que non só non se cumpliron, senón que agora mesmo temos peores servizos que hai un ano malia potente obra de ampliación que se acometeu.

Vai case un ano desde que anunciaron que a perda da área Sanitaria para convertila en DISTRITO do HULA ía  BLINDAR O HOSPITAL DA MARIÑA, e a triste realidade é que dependemos aínda máis da capital que  hai un ano.

Neste tempo a ATENCIÓN PRIMARIA, que xa viña acusando un deterioro progresivo e “in crescendo”, tras a perda da área acelera o seu esmorecemento :

– Hai falta de persoal de enfermería e continúan sen respectar a ratio de unha praza de medicina por outra de enfermería.

-A privatización do almacén agudiza os recortes en material.

– Non se substitúen aos profesionais  de baixa ou con vacacións,provocando sobrecarga asistencial e longas listas de espera para ser atendidas . No caso das pediatras este feito causou un grave problema sanitario e desencadenou unha resposta social contundente, o  que obrigou ao Sergas a cubrir a praza de pediatría en Mondoñedo/ Lourenzá/ Barreiros. Máis volve saltar o problema en Cervo/ Xove ao coller a pediatra vacacións e non substituir, polo que o problema non está solventado e temos que seguir a loitar para lograr que o Sergas actúe tamén nestes concellos.

– A ruptura do concerto que o Sergas mantiña cunha clínica privada para atender a demanda de logopedia en pacientes maiores de 6 anos e a fisioterapia, deixa sen atención a centos de pacientes ( en moitos casos nenas e nenos) con tratamentos pendentes de rematar, o cal significa un atraso na súa evolución, e sen que as familias fosen informadas en ningún momento polos responsables do Sergas. As e os pacientes foron abandonados [email protected] responsables  das políticas sanitarias.

Na ATENCIÓN HOSPITALARIA tamén perdemos calidade pois cunha obra de ampliación importante, que debera solventar eivas que consideramos imprencindibles, seguimos igual ou peor , porque as ilusións que crearon os responsables políticos do PP cos anuncios , campañas de publicidade e publirreportaxes a toda cor, desvanecéronse deixando a veciñas e veciños nunha situación de desesperación e desleixo:

– Ampliouse o espazo , que era a condición para que puxeran a resonancia fixa ,e seguiremos sen ela pois non hai vontade de poñela. Interesa seguir derivando cara a privada que fai caixa a costa dos fondos que desvía a sanidade pública. Tampouco teremos densitometria ósea , nen aparello para facer radiografías panorámicas dentais ou electromiografías…… seguiremos a desplazarnos a Lugo.

– O Hospital de día oncohemátolóxico trasladouse para a parte nova , pero non se contempla a creación da consulta de enfermería oncolóxica, tan necesaria. Seguimos a ser o único hospital da rede Sergas sen esta figura.

– Tampouco se contempla a dotación dunha consulta de cirurxía vascular que evite desplazamentos innecesarios a Lugo para probas,  intervencións simples que ben se poderían facer aquí ( varices, fístulas para hemodiálise, ecodoppler…).

– O servizo de rehabilitación conta cunha soa rehabilitadora e hai déficit estrutural de fisioterapeutas. A principios deste mes, e tras a intensa loita mantida pola plataforma, sindicatos, grupos políticos e veciñas, consíguese a contratación de dúas fisioterapeutas para o hospital. Dita medida malia ser insuficiente, é acollida con satisfacción porque demostra que a contestación social é a forma de conseguir avances .Este logro de [email protected] dá conta de que debemos manter a loita.

-A mobilización social conseguiu tamén, xa hai meses , que as plantas de hospitalización de Traumatoloxía e  Cirurxía, que eran atendidas en quenda de noite por unha soa enfermeira , foran dotadas coa segunda profesional nestas quendas.

Poderíamos seguir enumerando e relatando eivas, deficiencias e faltas na substitución ou dotación de persoal até cansarnos, e todas elas amosarían

a nefasta xestión na nosa comarca en materia sanitaria , a intención cada vez máis clara do goberno da Xunta de privatizar a sanidade.

Por todo isto e pola certeza de que só a contestación social masiva é capaz de mudar vontades políticas na dirección de recuperar a Área Sanitaria suprimida , de revertir as privatizacións xa efectuadas e impedir a que están na folla de ruta de Nuñez Feijoo,

FACEMOS UN CHAMAMENTO A TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS DA MARIÑA  PARA QUE ACUDAN Á MANIFESTACIÓN QUE A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE DA MARIÑA CONVOCA O  XOVES  28 DE MARZO , E QUE SAIRÁ AS 19,30 HORAS DO HOSPITAL DA MARIÑA PARA REMATAR NA PLAZA DO CONCELLO TRAS PERCORRER AS RÚAS DE BURELA.

A MOBILIZACIÓN RESPONDE AO LEMA “ A MARIÑA POLA SANIDADE PÚBLICA . AQUÍ, AGORA E SEMPRE”, en clara alusión ao lema que ilustran as camisetas  solidarias que este colectivo comercializa, e que fan referencia á sanidade de proximidade que reclamamos para a comarca.

Moitas grazas

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A LALÍN. SERÁ O 6 DE ABRIL

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A LALÍN. SERÁ O 6 DE ABRIL.

Barreiros, 7 de marzo de 2019. O Concello de Barreiros organiza unha excursión a Lalín. Será o vindeiro 6 de abril (sábado).

A viaxe inclúe visitas á Casa do Patrón, á Sala de Arqueoloxía do Castro de Doade, á Casa Castrexa, ao Castro de Doade, ao Pazo de Liñares e ao Museo Galego da Marioneta. Ademais os asistentes degustarán o tradicional cocido de Lalín nun restaurante da localidade.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición ata o día 29 deste mes de marzo na Oficina de Turismo. O prezo é 25 euros por persoa.