A PLATAFORMA SANITARIA FLETARÁ AUTUBUSES PARA ACUDIR Á MANIFESTACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA EN COMPOSTELA O 10 DE FEBREIRO

A PLATAFORMA SANITARIA FLETARÁ AUTUBUSES PARA ACUDIR Á MANIFESTACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA EN COMPOSTELA O 10 DE FEBREIRO.

A Mariña ,31 de xaneiro de 2019. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, tras unha reunión mantida onte, anuncia que fletará autobuses para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública o vindeiro 10 de febreiro en Compostela. A mobilización sairá da Alameda ás 12 horas e tras percorrer diversas rúas de Santiago, rematará na Praza da Quintana. A mobilización está convocada por SOS Galicia, colectivo no que estamos integrad@s e que aglutina a todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Galicia.

As reservas para ir en autobús pódense facer nos teléfonos 667 052 058, 982 58 18 61, 982 14 06 54 (de 10 a 14 horas) e 982 56 10 01. O último día para reservar plaza será o mércores 6 de febreiro ás 14 horas.

Desde a Plataforma Sanitaria animamos a todas as veciñas e veciños da comarca a acudir de forma multitudinaria a esta convocatoria, na que SOS Galicia esixirá ao Goberno da Xunta a eliminación dos recortes, rematar coa situación marxinal da Atención Primaria, a recuperación das Áreas roubadas, a dotación axeitada dos PAC e urxencias hospitalarias, e a recuperación de todos os servizos perdidos. “ Para esta comarca é vital a recuperación da nosa área sanitaria , espoliada polo goberno do PP de forma despótica ao non querer escoitar a profesionais, axentes sociais, veciñas e veciños nen aos grupos da oposición. Por iso temos que volver a Compostela a berrar nunha soa voz que queremos unha sanidade pública de calidade”- conclúe o Víctor Vila, portavoz do colectivo.