A asociación de Hostelería de Barreiros fai bo balance da súa visita a Fitur 2019

A asociación de Hostelería de Barreiros fai bo balance da súa visita a
Fitur 2019, na cal se deu cita con oito axentes do sector turístico.
Xornada e media estiveron en Fitur as persoas representantes da asociación de Hostelería de Barreiros, curta pero intensa visita que o colectivo, de apenas medio ano de andadura, valora moi positivamente.
Con motivo desta visita elaboraron tarxetas e un sinxelo folleto que tiña como única finalidade
dar a coñecer a existencia da asociación e sinalar e localizar Barreiros no mapa. Este material promocional foi esencial para os encontros realizados con axentes do sector turístico, que
finalmente foron máis dos marcados inicialmente.
A asociación deuse cita con axencias minoristas que traballan como emisoras, e que fan chegar á Mariña Lucense grupos ou persoas particulares baixo a experiencia paquetizada. Tamén a
maioría das contactadas traballan co Camiño de Santiago e máis particularmente co Camiño
Norte, as cales precisan do sector hostaleiro para contratar pernoctas en aloxamentos privados debido a que non é posible a realización de reservas en albergues municipais,
segundo transmiten. A maioría das contactadas comentaron que cando se dan fins de etapa en Barreiros se contratan hospedaxes en Ribadeo, o que supón trasladar aos peregrinos a unha
localidade anterior pola cal xa pasaron, e que descoñecían a existencia de establecementos de aloxamento de semellantes características nun radio de distancia menor. A entender da
asociación, esta é unha cuestión que está claramente desaproveitada para os establecementos barreirenses e que supón unha oportunidade de negocio. Explorar a posibilidade de poñer en
alza o Camiño do Mar, Ribadeo-Ferrol pola costa, e referenciar a existencia de establecementos asociados que se atopan no trazado oficial do Camiño Norte foron outras das cuestións trasladadas.
En canto ás experiencias paquetizadas, que incluirían ademais de actividades, xantar, cea e aloxamento, as axencias contactadas dispoñen xa de algún plan tipo adaptable ou xa aplicado
á Mariña Lucense, mais non estaban a traballar con ningún establecemento de Barreiros.
Neste sentido, a asociación hostaleira considera preciso aproveitar como oportunidade o auxe que está a ter a Mariña Lucense como xeodestino, trasladando ás axencias interesadas un
dossier detallado dos recursos dispoñibles no concello barreirense que fagan máis cómoda e práctica a estadía do turista, e polo tanto, sexa esta unha alternativa máis “vendible”. Entre estes recursos deberán estar a relación de establecementos asociados e as particularidades de cada un para encaixar as diferentes demandas.
Outro dos encontros mantidos tivo lugar cunha cadea de aloxamentos independentes que operaran baixo un mesmo paraugas de venta, con axencias maioristas e minoristas, o que multiplicaría as opcións de reservas. Esta mesma idea de aumentar o número de pernoctas mediante o emprego dun sistema de distribución das habitacións nos buscadores de reservas na rede, é o ofertado por outra das empresas coas que tamén se estableceu contacto.
Finalmente tivo tamén lugar unha conversa cunha Central de Reservas de Restaurantes para grupos concertados, o que ao traballar sobre demanda facilita o beneficio e organización de
dito servizo.
Con todas as entidades contactadas se acordou, por ambas dúas partes, compromiso a manterse en contacto nos vindeiros días, coa finalidade de valorar posibles acordos nun futuro próximo. O feito de asistir e presentarse como asociación, é dicir, como unidade e cun
considerable número de establecementos asociados, foi moi ben valorado polas entidades contactadas xa que facilita a consecución de acordos e aumenta as posibilidades de oferta para as axencias, ao tempo que para os establecementos pode resultar ventaxoso debido a que as cotas ou comisións precisas para a colaboración poden ser negociables e polo tanto, inferiores.
Castilla y León, Euskadi, Cantabria e Asturias foron stands visitados polas persoas representantes da asociación en Fitur para obter información de axencias emisoras coas que poder establecer contacto; e do mesmo xeito, Galicia, por medio do Clúster de Turismo, mais neste caso para coñecer axencias receptoras. Polas proximidade destes lugares con Barreiros estímanse como posibles orixes de turistas que desexen realizar pequenas estadías de 2 ou 3
días, o que contribuiría a limar a tan complicada estacionalización do turismo da zona.
A asociación de Hostelería de Barreiros prevé manter nos vindeiros días unha xuntanza para a posta en común desta visita, valorar colaboracións e plantexar novas accións en eventos de semellantes caracter